domingo, 24 de julio de 2011

A DELEGACIÓN EN VIGO DA FGB INICIA UNHA NOVA ANDAINA CON JOSÉ LUIS PÉREZ COMO RESPONSABLE

(O Presidente da FGB, Francisco Martín, participou do simbólico traspaso de responsabilidade na Delegación de Vigo)

.

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto materializou o pasado venres 1 de xullo un cambio persoal na súa dirección, tras vinte anos con Alberte Zato ao fronte.

.

O vicepresidente primeiro da Federacíon Galega de Baloncesto deixou a súa labor como Delegado en Vigo, tras dúas décadas de constante traballo conducindo os designios do Baloncesto Galego nesta zona.

.

Zato, quen se despediu deste cargo agradecendo de xeito "total e inequívoco" toda a colaboración e o esforzo, e toda a preocupación de todos aqueles que o tiveron acompañado nesta etapa, cedeu a súa vez o papel de principal dirixente da Delegación a José Luis Pérez Pérez, novo responsable da Delegacíon Viguesa de Baloncesto.

.

José Luis Pérez Pérez recibiu das mans de Alberte Zato unha responsabilidade e tamén un reto, feito para o que este último agarda que se atope co "mesmo respecto, consideración e axuda" que el mesmo recibiu durante todos estes anos e que, por suposto, agradece enerxicamente.

.

Zato despediuse de todo o baloncesto vigués desexando a mellor das sortes a todos os que collerán este o seu relevo, mantendo o seu compromiso actual como Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto e agradecendo de xeito moi especial a toda a súa familia; ao presidente de honra da FGB, Francisco García; ao actual presidente, Francisco Martín; aos seus dous estreitos colaboradores, Jorge G. Marqués e Óscar Márquez; e ao total do engranaxe do Baloncesto na cidade de Vigo (directivos, xogadores, colexiados e adestradores).