Mostrando entradas con la etiqueta Prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prensa. Mostrar todas las entradas

"O BÁSKET MASCULINO BUSCA O SEU SITIO", REPORTAXE DO SEIS DO NADAL - COIA EN LA VOZ DE GALICIA

.

"O básket masculino busca o seu sitio. O Seis do Nadal, tras lograr o ascenso, necesitas recursos para salir en EBA."

.

O pasado mércores día 11 de xuño do 2014, La Voz de Galicia publicou nas súas páxinas unha reportaxe sobre a actualidade do Club Baloncesto Seis do Nadal centrándose no recente ascenso do Sénior Masculino á Liga EBA e na necesidade de xuntar recursos para facer realidade o ascenso.

 

Pode consultarse a reportaxe pulsando na imaxe desta noticia das páxinas de La Voz de Galicia.

REPORTAXE DA ÚLTIMA EDICIÓN DO TORNEO DE MINIBÁSQUET NO "CAMPEONES" DO FARO DE VIGO

.

"A outra festa do baloncesto. O CB Seis do Nadal organizou a 14ª Edición do Torneo de Minibásquet no que participaron vintecatro formacións."

.

Así comeza a reportaxe publicada o pasado mércores 14 de maio do 2014, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo, sobre a última edición do Torneo de Minibásquet que organizou unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia do Suplemento "Campeones" do Faro de Vigo.

ENTREVISTA A SERGIO GLEZ. DO SEIS DO NADAL NO PROGRAMA GALICIA EN GOLES DA RADIO GALEGA

.

O pasado domingo 11 de maio do 2014, Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi entrevistado na Radio Galega no programa "Galicia en Goles".

.

Ao longo da entrevista Sergio González responde a diferentes cuestións sobre o recente ascenso conseguido á Liga EBA da próxima campaña 2014/15 e sobre a experiencia da presente tempada na Liga 1ª División Sénior Masculina.

.

Para escoitar o Audio da entrevista podedes pulsar aquí ou na imaxe da noticia.

"O SEIS DO NADAL TIRA ABAIXO AS PORTAS DA LIGA EBA", REPORTAXE DO EQUIPO SÉNIOR NO FARO DE VIGO

.

"O Seis do Nadal Coia tira abaixo as portas da Liga EBA. O equipo de Coia asegura en Lugo o ascenso, a directiva deberá estudar a súa viabilidade."

.

Hoxe, luns día 28 de abril do 2014, o diario Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o último partido disputado polo equipo Sénior Masculino de Primeira División Masc. do Club Baloncesto Seis do Nadal, partido que se converteu nunha nova vitoria ante o Estudiantes de Lugo a cal lle asegura o ascenso á Liga EBA.

 

"O triunfo vigués na casa do Estudiantes de Lugo e a derrota do Noia ante A Estrada garantízalle ao Seis do Nadal Coia a segunda praza. Agora pelexará polo título. Para conquistalo debe gañar ao Noia o próximo sábado en Navia (20:00 horas) e agardar unha derrota do Básquet Coruña ante Esudiantes".

.

Estas liñas e a reportaxe completa pode consultarse pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.

"FUTURO SOSTIBLE", REPORTAXE NO FARO DE VIGO DO SÉNIOR MASCULINO DO SEIS DO NADAL - COIA

.

"Futuro sostible. O Seis do Nadal aspira ao ascenso a Liga EBA aínda que concede prioridade á canteira."

.

Hoxe, venres día 25 de abril do 2014, o diario Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que milita na Liga Primeira División Masculina na presente tempada 2013/2014.

 

"O Seis do Nadal trazouse un camiño sen atallos, paciente no seu itinerario. O equipo sénior acaricia o ascenso á Liga EBA, que podería ter que aprazar por cuestións financieiras. Pero é a canteira o que augura un futuro sostible do club. Estas liñas e a reportaxe completa pode consultarse pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.

"O SEIS DO NADAL BUSCA O APOIO DE VIGO PARA SEGUIR ASCENDENDO" REPORTAXE NO ATLÁNTICO DIARIO

.

"O Seis do Nadal Coia busca o apoio de Vigo para seguir ascendendo. Son 600 deportistas de baloncesto amateur e os sénior xóganse entrar na Liga EBA."

.

Hoxe, venres día 25 de abril do 2014, o Atlántico Dario publicou nas súas páxinas unha reportaxe sobre a actualidade do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia centrándose no final de tempada do equipo Sénior Masculino que milita na Liga Primeira División Masculina na presente tempada.

 

Pode consultarse a reportaxe pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Atlántico Diario.

OS TORNEOS DE SEMANA SANTA CADETE E INFANTIL NO SUPLEMENTO CAMPEONES DO FARO DE VIGO

.

"A festa do baloncesto. O Seis do Nadal organizou o sétimo Torneo Internacional de Semana Santa, no que participaron 27 equipos de Galicia e tamén de Portugal. Participaron equipos de infantís e cadetes."

.

Así comeza a reportaxe publicada o pasado mércores 23 de abril do 2014, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo, sobre a última edición dos dous Torneos de Semana Santa de categoría cadete e infantil que organizou un curso máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia do Suplemento "Campeones" do Faro de Vigo.

O TORNEO CADETE E INFANTIL 2014 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA NA PÁXINA DE VIDE DO FARO DE VIGO

.

"Vigo, berce do baloncesto" é o título que encabezou a nova Páxina de Vide do Faro de Vigo o pasado venres día 18 de abril do 2014.

.

VIDE publicou na súa páxina semanal no Faro de Vigo unha ampla reportaxe do Torneo Cadete e Infantil que o Club Baloncesto Seis do Nadal organizou durante as vacacións de Semana Santa nos pavillóns municipais de Navia e Bouzas.

.

Pódese acceder á páxina pulsando na imaxe desta noticia.

Á PAXINA VIDE DO FARO DE VIGO DESTACA A LIGA LINCO COMO ACTIVIDADE ESTRELA DAS ESCOLAS

.

"A Liga Linco de Baloncesto, a de fútbol 7, o Día do Patín e o Día da Rítmica, actividades estrela das Escolas Deportivas Municipais."

.

O pasado sábado 22 de febreiro do 2014, VIDE publicou no Faro de Vigo a súa páxina semanal e nesta páxina resaltaba á Liga Linco do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como unha actividade estrela das Escolas Deportivas Municipais.

.

Pódese acceder á páxina pulsando na imaxe desta noticia.

ENTREVISTA A SERGIO GONZÁLEZ, DIRECTOR DEPORTIVO DO CLUB, NO SUPLEMENTO DE FARO DE VIGO

.

"O Seis do Nadal ten a virtude de que é un club moi vivo. Sergio González leva once tempadas na entidade viguesa, sete delas como director deportivo. Coñece aos 25 conxuntos que forman parte dunha das estruturas máis importantes de Galicia."

.

Así comeza a reportaxe publicada o pasado mércores día 29 de xaneiro do 2014, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia desde a perspectiva de Sergio González, Director Deportivo e técnico da entidade.

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia do Suplemento "Campeones" do Faro de Vigo.

Á PAXINA VIDE DO FARO DE VIGO FELICITA A AD SEIS DO NADAL - COIA POLO SEU TRINTA ANIVERSARIO

.

"O Concello felicita á Agrupación Deportiva Seis do Nadal Coia, do programa Siareiros, polo seu trinta aniversario."

.

O pasado sábado 7 de decembro do 2013, VIDE publicou no Faro de Vigo a súa páxina semanal e nesta páxina felicitaba á Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia polo seu trinta aniversario despois de celebrar no pasado domingo día 1 de decembro a súa Presentación Oficial.

.

Pódese acceder á páxina pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.

 

"TREINTA AÑOS DE DEPORTE", REPORTAXE NO ATLANTICO DIARIO SOBRE A PRESENTACIÓN DO CURSO

.

"Trinta anos de deporte. O Seis do Nadal celebreou o seu trixésimo aniversario da súa agrupación deportiva."

.

O pasado luns día 2 de decembro do 2013, o Atlántico Diario publicou unha reportaxe sobre o acto de Presentación Oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no seu 30º Anivesario "que contou coa participación dos máis de 1.200 deportistas que integran actualmente a entidade de Coia nas modalidades de baloncesto, balonmán e rítmica."

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Atlántico Diario.

REPORTAXES NA TELEVIÓN DE GALICIA DA PRESENTACIÓN DO SEIS DO NADAL "30 ANOS DE HISTORIA"

.

"EL SEIS DO NADAL EXHIBE SU FUERZA", REPORTAXE NO FARO DE VIGO DA PRESENTACIÓN DO CURSO

.

"O Seis do Nadal exhibe toda a súa forza. Máis de 1.200 técnicos e xogadores participaron na presentación dos seus equipos."

.

Hoxe, luns día 2 de decembro do 2013, o Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o acto de Presentación Oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no seu 30º Anivesario. "Ao acto que comezou ás 18:00 horas, asistiron máis de 1.200 deportistas entre xogadores, técnicos e tamén responsables das diferentes formacións e numerosos equipos de balonmán, baloncesto e ximnasia rítmica."

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia das páxinas do Faro de Vigo.

"A A.D. SEIS DO NADAL - COIA REUNIRÁ AO PASADO, PRESENTE E FUTURO DOS SEUS 30 ANOS"

(Membros da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia na rolda de prensa)

.

O próximo domingo día 1 de decembro do 2013 terá lugar a Presentación Oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no pavillón Central de As Travesas a partir das 18:00 horas. A Presentación Oficial de tódolos integrantes da Agrupación coincide coa celebración dos seus "30 Anos de Historia".

.

Durante a mañá do xoves día 28 presentouse o acto ante os medios de comunicación nunha rolda de prensa na que estiveron presentes Ánxeles Rivela, Directora do CEIP Seis do Nadal; Ana Lampón, Presidenta do ANPA Valentín Paz Andrade; Antón Piñeiro, Presidente do Club Balonmán Seis do Nadal; Julio Rodríguez e Miguel Ángel Pena, membros da Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e Sergio González e Jorge Fernández, Directores Deportivos dos clubs de Baloncesto e Balonmán respectivamente.

 

Os responsables da organización da Presentación Oficial do 30º Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia explicaron que a partir das 18:00 horas do próximo domingo se poderá asistir a un acto no que máis de 1.200 deportistas (xogadores, xogadoras, técnicos, directivos e responsables) serán os protagonistas da tarde sendo os actuais integrantes da Agrupación Deportiva desde o seu nacemento no ano 1983.

 

A Comunidade Educativa do CEIP Seis do Nadal informou tamén da presenza do Grupo Musical Weli Kings e o grupo de Gaiteiros e Danza O Fiadeiro que amenizarán un acto de celebración que agarda chear as bancadas do pavillón central de As Travesas. Os responsables do acto informaron tamén que de xeito paralelo á presentación se levará a cabo unha "Operación Quilo" na que tódolos participantes poderán colaborar como mínimo cun quilo de alimentos.

 

A rolda de prensa rematou cunha invitación dos alí presentes a todos aqueles que dalgún xeito formaron parte da Agrupación Deportiva Seis do Nadal (ex-xogadores/as, ex-adestradores/as, antigos alumnos/as, membros da Comunidade Educativa do centro, etc.), coa idea de poder reunir nunha tarde ao pasado, o presente e o futuro do Seis do Nadal - Coia.

"EL SEIS DO NADAL ALCANZA LA PLENITUD", O CLUB NO SUPLEMENTO CAMPEONES DO FARO DE VIGO

.

"O Seis do Nadal alcanza a plenitude. A entidade viguesa cumpre trinta anos de historia e consolídase como un dos clubs máis importantes de Galicia con 25 equipos federados e máis de 300 xogadores."

.

Así comeza a reportaxe publicada o pasado mércores día 16 de outubro do 2013, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e o seu inicio d tempada 2013/2014.

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia do Suplemento "Campeones" do Faro de Vigo.

"UNHA CANTEIRA ENVEXABLE", REPORTAXE DO C.BC. SEIS DO NADAL COIA NA REVISTA TERCEIRO TEMPO

.

A revista mensual "Tercer Tiempo" publicou no presente mes de decembro (nº 306) unha reportaxe do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sobre a Presentación Oficial 12/13 da entidade que tivo lugar o pasado domingo 18 de novembro do 2012 baixo o titular "Unha canteira envexable".

.

Agradecemos a "Tercer Tiempo" as publicacións de sendas reportaxes no diario dixital e na revista mensual sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e a Presentación Oficial no pavillón do barrio vigués de Navia que luciu as súas melloras galas, cun cheo nas súas gradas, con familiares e amigos dos máis de seiscentos deportistas.

A CLAUSURA DAS LIGAS LINCO 2012 E DAS ESCOLAS DEPORTIVAS NA REVISTA DIXITAL TERCEIRO TEMPO

.

A revista mensual "Tercer Tiempo" publicou no presente mes de xuño (nº 301) unha reportaxe do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sobre as Ligas Internas de Colexios Linco Linorsa 2012 da entidade que celebraron a súa clausura o pasado venres día 25 de maio do 2012 no pavillón de Navia.

.

Agradecemos á revista "Terceiro Tempo" a publicación desta reportaxe no diario dixital e na revista mensual sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e as Ligas Linco 2012.

ENTREVISTA AO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NO PROGRAMA "SOMOS QUEN" DA RADIO GALEGA

(Francisca García, Miguel Ángel Pena e Sergio González, do C.B. Seis do Nadal - Coia, nos locais de Radio Galega en Vigo)

.

Francisca García "Chuca", Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Miguel Ángel Pena, membro da Xunta Directiva da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club vigués; foron entrevistados o pasado domingo 27 de novembro do 2011 na Radio Galega no programa da mañá "Somos quen".

.

A entrevista realizada aos tres membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia centrouse na súa maior parte no acto da Presentación Oficial da tempada 2011/2012 que se celebrou nesa mesma tarde no Pavillón Municipal de Navia, xuntando a máis de 600 deportistas entre tódolos equipos federados e as escolas deportivas.

.

Ao longo da entrevista explicouse o traballo de formación do Seis do Nadal nas distintas Escolas Deportivas da cidade de Vigo e na Liga Interna de Colexios organizada polo propio club, que esta tempada 2011/2012 cumprirá a súa décima edición, a súa primeira década.

.

Xa está dispoñible a entrevista na Radio Galega no enlace:

.

O ATLÁNTICO DIARIO PUBLICA UN PÓSTER COS EQUIPOS FEDERADOS DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

(Póster dos equipos federados publicado no Atlántico Diario)

.

O Atlántico Diario publicou hoxe, lunes día 5 de decembro do 2011, un póster cos vintecatro equipos federados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que xa foron presentados o pasado domingo 27 de novembro do 2011 no Pavillón Municipal de Navia.

.

Nas páxinas centrais do Atlántico Diario publicouse un póster coas imaxes de tódolos nosos equipos federados da presente tempada 2011/2012 desde categoría benxamín ata categoría sénior, tanto masculinos como femininos, incluído o conxunto de baloncesto para adultos. Para acceder ao póster podedes pulsar na imaxe desta noticia.