Mostrando entradas con la etiqueta Patrocinadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patrocinadores. Mostrar todas las entradas

GRUPO CDEC CONTINUARÁ NA FAMILIA DO SEIS DO NADAL - COIA APOIANDO O NOSO PROXECTO DEPORTIVO

(O equipo Sénior Masculino "B" do club nas instalacións do Grupo CdeC)

..

Grupo CdeC, empresa de servizos gráficos, continuará unha tempada más na familia do Baloncesto Seis do Nadal - Coia sendo a presente tempada 2019/20 a súa segunda campaña apoiando o noso proxecto deportivo.

 

O Sénior Masculino "B" do club, equipo participante na Liga 3ª División Masculina, levará o nome do Grupo CdeC durante a presente tempada. A pasada semana un grupo de xogadores e técnicos do conxunto, xunto a membros da Xunta Directiva, visitaron as instalacións do Grupo CdeC e puideron agradecer a Carlos Calo, Director Xeral, todo o seu apoio.

PINTUNOVA CONTINUARÁ ESTA TEMPADA 2018/2019 COMO COLABORADOR DO SEIS DO NADAL

(Membros da Xunta Directiva do club xunto ao Director de Pintunova)

.

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal - Coia renovaron o acordo de colaboración para o presente curso 2018/2019, no cal a empresa galega de pinturas seguirá sendo, por segundo ano consecutivo, patrocinadora da entidade.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Travesía de Vigo 185 baixo, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "A" do club, que compite actualmente na Liga 1ª División Cadete Masculina 2018/19, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!


FORBE ÚNESE A FAMILIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NA PRESENTE TEMPADA 2018/2019

(De esquerda a dereita: Pablo Alonso, Coordindaor do club; Concepción Martíns, Presidenta da entidade; Rubén Domínguez, Director de Forbe; Sergio González, Director Deportivo do club; e Ramón Román, directivo da entidade)

.

Forbe, empresa galega especializada no sector da formación aberta, únese á familia do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia para a presente tempada 2018/2019.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións de Forbe na cidade de Vigo para pechar xunto ao Director da empresa, Rubén Domínguez, o acordo de colaboración.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Sénior Feminino "A" do club, que compite actualmente na Liga Primeira Autonómica Feminina, levará o nome de Forbe Seis do Nadal para o que resta de tempada.

 

Rubén Domínguez, Director de Forbe, destacou durante o acto de presentación que "o apoio ao club vigués enmárcase dentro da celeberación do noso xa décimo aniversario. Os obxectivos son reforzar o noso compromiso co deporte de formación, máis concretamente co deporte feminino, e este club cumpre con tódolos valores que defendemos en Forbe: constancia, esforzo e superación."

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!

O CADETE MASCULINO "A", RECENTE CAMPIÓN DA SEGUNDA DIVISIÓN, VISITOU A CLÍNICA DENTAL ROMEO

(Xogadores e adestradores do equipo Cadete Masculino "A" xunto a Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo)

.

Os xogadores e adestradores do conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron as instalacións da Clínica Dental Romeo, empresa colaboradora da entidade, despois de proclamarse campións da Segunda División e conseguir o ascenso a Primeira División.

 

Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo, recibiu a tódolos integrantes do equipo cadete e mostroulles as instalacións da clínica despois de felicitarlles pola excelente tempada realizada e polos éxitos conseguidos recentemente.

 

 

(Os membros do Cadete Masculino "A" durante a visita á Clínica Dental Romeo)

PINTUNOVA INCORPÓRASE NESTA TEMPADA 2017/2018 COMO PATROCINADOR DO SEIS DO NADAL

(Membros da Xunta Directiva do club xunto ao Director de Pintunova)

.

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal - Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018, no cal a empresa galega de pinturas convértese en patrocinador da entidade.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Avenida Fragoso 42-44, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración para o presente curso.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "C" do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina 2017/18, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!

A CLÍNCA DENTAL ROMEO REPITE CO SEIS DO NADAL - COIA E SEGUIRÁ COLABORANDO NESTE CURSO

(De esquera a dereita durante a renovación: Sergio González, Director Deportivo do club; Óscar González; Director Xerente da Clínica Dental Romeo; Ramón Román, directivo do club; e Álvaro Rodríguez, adestrador da entidade)

.

A Clínica Dental Romeo colaborará unha tempada máis co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, repetindo desta forma a súa colaboración do pasado curso e cumplindo así a súa segunda campaña apoiando ao club vigués.

 

A xa pasada semana membros da Xunta Directiva e da Área Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as novas instalacións da Clínica Dental Romeo, situada na Carretera de Camposancos nº152, para renovar xunto a Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo, o novo acordo de colaboración para a presente tempada 2017/2018. 

 

(Membros do club coñecendo as instalacións xunto a Óscar González)

.

Durante a renovación do acordo de colaboración, os membros do Club Baloncesto Seis do Nadal coñeceron as instalacións da Clínica Dental Romeo das máns do seu xerente, Óscar González. Centráronse na zona de odontopediatría, unha das especialidades da odontoloxía cunha importante atención a pacientes desde os tres meses ata os 13 anos, e que ten gran importancia para a Clínica Dental Romeo.

 

(Visita a un dos gabinetes de odontopediatría da Clínica Dental Romeo)

 

Un dos puntos da renovación da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "A" do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina, levará o nome de Clínica Dental Romeo Seis do Nadal para o que resta de tempada.

SYNGENTA CONTINUARÁ UNHA TEMPADA MÁIS APOIANDO AO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(De esquera a dereita durante a renovación da colaboración: Ramón Román, directivo do club; Ana Frade, responsable de Syngenta; Inmaculada Mosquera, directora de Syngenta; Grial Santolaya, asistente da dirección de Syngenta; e Sergio González, Director Deportivo do club)

.

Syngenta volverá a ser unha campaña máis Patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia mantendo nesta nova tempada 2017/2018 o seu apoio e colaboración co club vigués, colaboración que se mantén desde a tempada 2009/2010.

 

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia renovaron durante a pasada semana o acordo de colaboración coa máxima responsable de Syngenta, Inmaculada Mosquera.

.

Coa firma deste novo acordo, Syngenta seguirá sendo un dos colaboradores máis importantes do club vigués, e nesta nova tempada 2017/2018 os dous primeiros equipos sénior da entidade, tanto o conxunto masculino coma o feminino, levarán o nome de Syngenta Seis do Nadal.

 

A pasada tempada Syngenta acompañou ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na primeira campaña na historia do club na que se competía co equipo Sénior Masculino na Liga EBA. A empresa dirixida por Inmaculado Mosquera estivo presente durante toda a tempada no nome do equipo e nas equipacións do noso combinado.

 

(O equipo Sénior Masculino do club nun dos partidos da Liga EBA que disputou a pasada tempada no pavillón de Navia)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

DEPORTISTAS DO CLUB VISITARON "LA GALLETERÍA" DE BISCUITS GALICIA, COLABORADOR DA ENTIDADE

(Xogadores do club visitaron "La Galletería" de Biscuits Galicia en Vigo)

..

Un grupo de xogadores de categoría infantil e cadete do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou o pasado sábado "La Galletería" de Biscuits Galicia na cidade de Vigo (Rúa Doutor Cadaval, nº 4). Biscuits Galicia, colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, colabora co club desde fai xa algunhas tempadas e continuará co seu apoio neste curso.

..

.

(Os xogadores do club coa merenda que disfrutaron en Biscuits Galicia)

..

Os xogadores do club, ademais de disfrutar da súa merenda, puideron participar no concurso proposto por Biscuits Galicia "Encesta la sonrisa" e no que se podían conseguir grandes premios demostrando unha boa puntería.

 

(Máis fotografías da visita á "La Galletería" de Biscuits Galicia)

DIVINA PASTORA SEGUROS INCORPÓRASE COMO PATROCINADOR DO SEIS DO NADAL - COIA

(O Cadete Masculino "C" xunto ao responsable de Divina Pastora Seguros)

.

Divina Pastora Seguros e o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2016/2017, no cal a empresa de seguros convértese en novo patrocinador da entidade.

 

(Xogadores do equipo xunto a publicidade do novo patrocinador)

.

O equipo Cadete Masculino "C", en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal, recibiu a visita dos responsables de Divina Pastora Seguros, quenes presentaron, como unha das primeiras iniciativas a desenvolver no club, o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Nueva York con dúas entradas para ver o partido da NBA dos New York Knicks contra Philadelphia o próximo 12 de abril no Madison Square Garden.

 

(Para participar no sorteo da viaxe a Nueva York pulsa na imaxe)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

TOOLMAKER CONVÉRTESE EN NOVO SOCIO PROTECTOR DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(Xogadores e adestradores do Infantil Masculino "A" e directivos da entidade xunto á Directora de Toolmaker durante a presentación)

.

Toolmaker, revista técnica de moldes, troqueles e empresas afíns da Península Ibérica, será un novo socio protector do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para o presente curso 2016/2017. Toolmaker pretende axudar as industrias do seu sector a fortalecer o canle de comuniación, creando sinerxias entre as empresas e profesionais.

 

(Patricia Suárez, Directora de Toolmaker presentando a súa revista)

.

O equipo Infantil Masculino "A", en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, recibiu a visita de Patricia Suárez, Directora da revista Toolmaker, quen lle explicou aos xogadores e adestradores do equipo os contidos e as funcións da súa revista, primeira que se publica de xeito trimestral, impresa en español e portugués e que se distribúe en España, Portugal, Europa, México e Brasil.

 

(O equipo Infantil Masculino "A" coñecende ao novo socio protector do club)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta revista no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

 

(O Infantil Masculino "A" escoitando ás explicacións dos especialistas)

A PELUQUERÍA ETNA VOLVE A COLABORAR ESTA TEMPADA CO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

(Xogadores do Cadete Masculino "C" na Peluqueíra Etna situada en Navia)

.

Etna Peluqería, situada en Navia na Rúa Teixugueiras nº 30, volverá a colaborar na presente tempada 2015/2016 co Club Baloncesto Seis do Nadal Coia despois de xa ter colaborado coa nosa entidade na pasada campaña 2008/2009.

 

Os xogadores do equipo Cadete Masculino "C", representando ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as súas instalacións da Peluquería Etna que desde o día de onte volve a colaborar co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia apoiando o seu proxecto deportivo.

 

(Os xogadores do club coñeceron os servizos e vantaxes do centro)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte deste establecemento no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA VISITOU AS NOVAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE TERAPIA OS BAMBÁNS

(Concepción Martíns, Presidenta do club; Mª Pilar Blázquez, Fundadora e Directora do Centro de Terapia Os Bambáns; e Sergio González, Director Deportivo da entidade; nas novas instalacións)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou as novas instalacións do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica Os Bambáns, centro que colabora coa nosa entidade desde a tempada 2014/2015, situadas na Travesía de Vigo 12 - 1º.

.

Representando ao Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns e Sergio González, Presidenta e Director Deportivo do club, visitaron as novas instalacións do Centro Terapia Ocupacional Pediátrica Os Bambáns, centro que traballa con rapaces e rapazas con problemas de aprendizaxe e alteracións no seu desarrollo.

.

(Membros do Seis do Nadal xunto á Directora do Centro Os Bambáns)

CENTRO DE TERAPIA OCUPACIONAL OS BAMBÁNS NOVO PATROCINADOR DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Centro de Terapia Ocupacional Os Bambáns, situado na Travesía de Vigo 12 - 1º, convertese en novo patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada 2014/2015.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e todo o apoio depositado por parte do Centro de Terapia Ocupacional Os Bambáns no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre ambas as dúas partes para o presente curso 2014/15. Moitas grazas pola súa colaboración.

CLASS ESCOLA DE IDIOMAS, NOVO PATROCINADOR DAS LIGAS INTERNAS DE COLEXIOS, LIGAS LINCO 2015

(De esquerda a dereita: Sergio González, Director Deportivo do Seis do Nadal; Concepción Martins, Presidenta do club; Josephine Vázquez, Xerente de CLASS Escola de Idiomas; e Antonio Iglesias, directivo do club vigués)

.

O mércores día 28 de xaneiro do 2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentaba ao novo patrocinador das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO. CLASS Escola de Idiomas será na presente tempada 2014/2015 o patrocinador das ligas interescolares organizadas pola entidade viguesa que pasan a chamarse Ligas LINCO CLASS 2015.

.

No local de CLASS Escola de Idiomas e coa presenza de Josephine Vázquez, Xerente da Escola, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado por Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Antonio Iglesias, membro da Xunta Directiva da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club vigués; presentou as dúas novas edicións das Ligas LINCO CLASS 2015.

.

En dito acto presentáronse as novas camisetas coas que participarán os máis de 200 nenos e nenas integrantes das Escolas Deportivas dirixidas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Labor; e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos e Navia.

.

Tamén foron presentados os nomes dos vintecatro equipos que participarán nas competicións escolares que neste curso o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia adicou ao xa novo patrocinador. Deste xeito os nomes dos equipos participantes serán nomes en inglés como por exemplo: As Legends Doutor Fléming, Os Dolphins Balaídos, Os Lakes Navia, Os Tigers Navia, As Diamonds Labor e As Dragonflies Celso Emilio Ferreiro entre outros.

 

CLASS Escola de Idiomas, pertencente a Synergy Didactic, é unha Consultoría Lingüística e Intercultural que desenvolve unha metodoloxía baseada nun modelo exclusivamente comunicativo, ofrecendo a rapaces e xóvenes a oportunidade de aprender inglés, francés, alemán e chino da man de profesores titulados, nativos e bilingües, dun xeito divertido mediante talleres e actividades lúdicas relacionadas co seu día a día. O seu local atópase na Rúa María Auxiliadora 5 facendo esquina coa Ronda Don Bosco.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte de CLASS Escola de Idiomas desde o primeiro momento no proxecto deportivo e escolar do noso club, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para o presente curso.

SYNGENTA PATROCINARÁ UN CURSO MÁIS AO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

Syngenta volverá a ser unha campaña máis Patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2014/2015.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

DECOMAR RENOVA O PATROCINIO CO C.B. SEIS DO NADAL - COIA NA PRESENTE TEMPADA 2012/2013

.

A empresa Decomar, especializada na reforma de viviendas e situada na rúa Fragoso 87 Baixo, renova o seu patrocinio de colaboración co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2012/2013.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte de Decomar SL no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre ambas as dúas partes para o presente curso 2012/2013. Moitas grazas pola súa colaboración.

A AUTOESCUELA COYA RENOVA O SEU PATROCINIO CO SEIS DO NADAL PARA A PRESENTE TEMPADA 2012/13

.

A Autoescuela Coya, cunha ampla experiencia na ensinanza para a obtención de permisos de conducir e situada na Avda. Castelao 55 - 1ºF, renova na presente tempada 2012/2013 o seu patrocinio co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte da Autoescuela Coya no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para o presente curso 2012/2013. Moitas grazas pola súa colaboración.

O CAFÉ BAR COIA RENOVA O SEU ACORDO DE PATROCINIO PARA A PRESENTE TEMPADA 2012/2013

.

O Café Bar Coia renovou o seu acordo de patrocinio co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada deportiva 2012/2013.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos un curso máis a confianza e o apoio depositado por parte do Café Bar Coia no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración de fai xa moitos anos.

GOLOSINAS MELOSO CONTINUARÁ APOIANDO E PATROCINANDO AO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

Golosinas Meloso continuará apoiando co seu patrocinio ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada deportiva 2012/2013.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos un curso máis a confianza e o apoio depositado por parte de Golosinas Meloso no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

ANIMACIÓNS E ACTIVIDADES FÍSICAS DIRIXIDAS NOVO PATROCINADOR DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

A empresa de Animacións e Actividades Físicas Dirixidas converteuse nun novo patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada deportiva 2011/12.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte de Animacións e Actividades Físicas Dirixidas no noso proxecto deportivo, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para a presente tempada deportiva. Moitas grazas pola súa colaboración.