Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas

TODO PREPARADO PARA OS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 35º ANIVERSARIO DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

(O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación do club para presentar os actos de celebración do 35º Aniversario)

.

O Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, encabezada por Sergio González, Director Deportivo do club; e Ramón Román, Directivo da entidade; para presentar os actos que organizará a club vigués con motivo da celebración do 35º Aniversario: a Presentación Oficial desta tempada e a Gala de Conmemoración do Aniversario.

.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2018/2019 terá lugar o próximo domingo día 16 de decembro do 2018 a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto no que se poderá colaborar co Banco de Alimentos de Vigo cunha gran Recollida de Alimentos e no que se poderá amosar o apoio á Candidatura das Illas Cíes para que sexan Patrimonio da Humanidade.

.

A Gala de Conmemoración do 35º Aniversario se celebrará o próximo luns día 17 de decembro do 2018 a partir das 20:00 horas no Hotel Coia; xuntándose o presente e o pasado da entidade nun acto que pretende lembrar a historia do club e agradecer e recoñecer o traballo e esforzo de moitas persoas e moitas entidades ao longo dos anos.

 

Desde tódalas seccións do Seis do Nadal - Coia invitan a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir á Presentación Oficial deste domingo no pavillón de Navia e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade na actualidade. Agardámosvos a todos e todas!

GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS DURANTE A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB DA TEMPADA 2018/2019

.(Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club xunto a membros da Banco de Alimentos de Vigo)

.

Durante a Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da presente tempada 2018/2019 que terá lugar o domingo día 16 de decembro do 2018 no pavillón de Navia a partir das 12:00 horas, se levará a cabo unha Recollida de Alimentos para o Banco de Alimentos de Vigo.

.

Na mañá do pasado marts día 11 de decembro, membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club visitaron as instalacións do Banco de Alimentos de Vigo e reuníronse con Norma Costas, unha das responsables locais do Banco de Alimentos, para concretar tódolos detalles da Gran Recollida de Alimentos desta nova tempada.

XA SE COÑECEN AS CATRO POSTAIS FINALISTAS DO 12º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DESTA TEMPADA

.

..

..

.(Postais finalistas do 12º Concurso de Postais de Nadal)

.

Esta tempada 18/19 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por duodécimo ano consecutivo a 12ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.

.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando un total de 105 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.

.

Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as máis de 100 postais que foron recibidas nesta nova edición; o xurado, formado pola Dirección Deportiva do noso club, membros da Xunta Directiva e Nuria Tombo, responsable de PapelYa!, decidiu a postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal que se fará público o próximo domingo 16 de decembro durante a Presentación Oficial da entidade.

A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA SERÁ ESTE DOMINGO EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2018/2019, coincidindo coa celebración do 35º Aniversario da entidade.

.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2018/2019 terá lugar o próximo domingo día 16 de decembro do 2018 a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto renovado e diferente con respecto ás pasadas campañas.

.

No acto se presentarán aos 26 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2018/2019 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

.

Agardámosvos a tod@s!

O SEIS DO NADAL - COIA SUMOUSE Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.(Campaña de sensibilización da Xunta de Galicia polo 25N)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sumouse á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia co seu motivo da conmemoración, o domingo 25 de novembro do 2018, do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

.

Tódolos equipos do club amosaron durante os seus partidos desta xornada a mensaxe da campaña de sensibilización polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero:

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

12º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO C.BC. SEIS DO NADAL DIRIXIDO ÁS CATEGORÍAS DE MINIBÁSQUET

.(Este curso 2018/19 PapelYa! colabora co Concurso de Postais de Nadal)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co obxectivo de achegar o Nadal a tódolos nosos deportistas e, en especial, aos nosos xogadores/as máis pequenos, e despois da gran aceptación e o éxito das tempadas pasadas, organizará nesta campaña 2018/2019 o 12º Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar tódolos nosos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet.

.

As bases deste 12º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se volve a convocar por duodécimo ano consecutivo son:

.

- Participantes: tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas deportivas (categorías prebenxamín, benxamín e alevín).

.

- Deseño e tamaño da postal: poderá estar realizada a man ou mesmo a través do ordenador, en branco e negro ou a cor. O tamaño da postal deberá ser de medio folio e non se poderá empregar purpurina nin algodón.

.

- Motivos da postal: a postal deberá ter ao Nadal e máis ao baloncesto como motivos principais.

.

- Data límite de entrega: venres día 7 de decembro do 2018.

.

- Forma de entrega: as postais deberán ser entregadas aos adestradores/as ou monitores correspondentes antes da data límite, ou enviadas coa maior calidade posible ao mail do club: areadeportiva@seisdonadalcoia.com. Como novidade neste curso, tamén se poderán entregar na tenda de PapelYa! (rúa López Mora 43) onde recibirán un regalo pola súa participación no concurso.

.

- Premio do concurso: a postal gañadora do concurso será a postal de Nadal coa que a entidade felicitará as festas esta tempada a tódolos seus deportistas, adestradores, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc. Ademais o autor da postal gañadora do concurso recibirá un pack de regalos cedido por PapelYa!, empresa colaboradora do concurso.

.

A comunicación da postal gañadora farase público o luns día 12 de decembro do 2018 a través da páxina web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e das redes sociais.

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA SUMOUSE AO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

..

(Os equipos do club sumáronse ao Día Mundial Contra o Cancro de Mama)

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sumouse ao Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Os equipos federados do club levaron ata os seus adestramenos pequenos lazos rosas, símbolo do apoio á loita contra este mal que afecta a tantas mulleres no mundo.

 

Os equipos federados que adestaron durante o venres día 19 de outubro do 2018, representaron a tódolos integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e amosaron todo o seu apoio á loita contra o Cancro de Mama.

..

(Os equipos infantís do club cos lazos rosas durante os seus partidos)

UNHA GRAN REPRESENTACIÓN DOS DEPORTISTAS DO CLUB ASISITU A PRESENTACIÓN DO CARNÉ SIAREIRO

(Xogadores e xogadoras do club xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo)

..

Unha gran representación dos xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiu á Presentación da Campaña Siareiros da presente tempada 2018/2019 que se celebrou na Rúa Príncipe, diante do Museo Marco, o pasado luns 8 de outubro do 2018 a partir das 19:00 horas da tarde.

 

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Concelleiro Deportes, Manel Fernández, presentaron o carné Siareiro nun acto dun cuarto de hora pero moi intenso no que, unha tempada máis, destacou a nivel numérico o Baloncesto Seis do Nadal.

..

.

(Imaxe do multitudinario acto de Presentación da Campaña Siareir@s)

 

"VIGO MÓVESE POLA IGUALDADE", CARREIRA POPULAR POLA IGUALDADE O DOMINGO 11 DE MARZO

.

"Vigo móvese pola igualdade", será unha cita que buscará usar a forza do deporte para crear unha movilización na cidade viguesa coa finalidade de que as mulleres teñas as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos que os homes.

 

A carreira terá lugar o próximo domingo día 11 de marzo do 2018, tres días despois do Día Internacional da Muller. O encontro será ás 11:30 horas na Porta do Sol. Aínda que a proba é unha carreira popular, a súa intención é crear unha multitudinaria marcha na que cada un dos participantes pode completar o recorrido correndo, camiñando ou bailando.

 

Os interesados e interesadas en participar nesta gran marcha que se organizará na cidade de Vigo pola igualdade poden facelo a través da páxina web de Championchipnorte antes do xoves día 8 de marzo. Ao ser unha proba de carácter non competitivo, a inscrición será gratuita.

 

Desde a Xunta Directiva e a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia animamos a tódolos nosos xogadores e xogadoras, membros do corpo técnico, familiares e amigos, a participar nesta carreira pola igualdade o próximo domingo día 11 de marzo do 2018. Apúntate!

HUGO PÉREZ, XOGADOR BENXAMÍN GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, RECIBIU OS SEUS PREMIOS

(Hugo Pérez cos seus premios xunto a Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia durante a Presentación Oficial da presente tempada 2017/2018)

.

Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

A postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Hugo Pérez, xogadora do combinado Benxamín Masculino "A" do club dirixido por Aalí Mohamed e Lucía González.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Hugo Pérez foi a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitou as festas a presente tempada 2017/18 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creadora da postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premio durante a Presentación Oficial do presente curso 2017/18 e das mans de Concepción Martins, Presidenta do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia, mostras da súa postal e unha camiseta conmemorativa do 35º Aniversario que celebramos este ano 2018.

FOTOS PRESENTACIÓN OFICIAL 17/18 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA: FOTOS DE EQUIPO

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

(Fotografías de Eugenio Álvarez)