.
.
.
.
.
.
.
.
(Fotografías de Pury Lago)
CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA
Rúa Mondariz, 2 - Coia 36209 - Vigo
Telf.: 627 516 980
Fax: 986 227 275
E-mail:
directiva@ seisdonadalcoia.com
.(Tódolos integrantes do Seis do Nadal durante a Presentación Oficial)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas súas escolas deportivas o pasado domingo día 17 de decembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores.
.
Nesta presentación oficial da tempada 2017/2018 a entidade presentou alí a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a preto de 700 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras formando parte dos equipos federados e outros tantos nas distintas escolas deportivas, aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.
.
.
(Autoridades que acompañaron ao Seis do Nadal na Presentación Oficial)
.
Asistiron á presentación desta tempada 2017/2018 D. Santos Héctor Rodríguez, representando ao Concello de Vigo e á Deputación de Pontevedra; D. Guillerme Reinaldo, por parte da Xunta de Galicia; D. Jose Luis Pérez, en representación da Federación Galega de Baloncesto; Dna. Concepción Martíns, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; D. Julio Rodríguez, D. Antonio Iglesas, D. Miguel Ángel Pena e D. Ramón Román, Directivos da entidade viguesa; e D. Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis Nadal; acompañados en todo momento por representantes de todos os centros educativos e dos patrocinadores e colaboradores.
Etiquetas: Equipos, Información
.(Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club xunto a membros da Banco de Alimentos de Vigo)
.
Durante a Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da presente tempada 2017/2018 que terá lugar o domingo día 17 de decembro do 2017 no pavillón de Navia a partir das 12:30 horas, se levará a cabo unha Recollida de Alimentos para o Banco de Alimentos de Vigo.
.
Na mañá do pasado mércores 13 de decembro, membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club visitaron as instalacións do Banco de Alimentos de Vigo e reuníronse con Norma Costas e Ernesto Badía, unha das responsables e o vicepresidente do Banco de Alimentos, para concretar tódolos detalles da Recollida de Alimentos.
Etiquetas: Información
.(Postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta páxina web, entre as preto de 100 postais que foron recibidas; o xurado, formado por un grupo de deportistas dos equipos Cadete Masculino "A" e Cadete Feminino "B", xunto a membros da dirección do club, decidiu que a postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal sexa a presentada por Hugo Pérez, xogador do Benxamín Masculino "A" (2008).
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 17/18 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
Desde a Xunta Directiva da entidade, a Dirección Deportiva e desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos darlle a noraboa e felicitar a Hugo Pérez, sen esquecernos de felicitar e amosar todo o noso agradecemento a tódolos participantes nesta undécima edición do concurso por todo o seu esforzo e pola orixinalidade de cada unha das postais presentadas.
Etiquetas: Información
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2017/2018.
.
Nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade.
.
A celebración da Presentación Oficial 2017/2018 terá lugar o próximo domingo día 17 de decembro do 2017 a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto renovado e diferente con respecto ás pasadas campañas.
.
No acto se presentarán aos 26 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.
.
Ademais presentarase oficialmente a tempada 2017/2018 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.
.
Desde tódolas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal invitamos a tódolos interesados a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte do club, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion na Recollida de Alimentos entregando na entrada da instalación un quilo de alimentos. Agardámosvos a todos e todas!
Etiquetas: Información
(Xogadores/as do club no Curso de Iniciación de Adestradores/as)
.
Sete deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentes no Curso de Inicación de Adestradores Baloncesto organizado pola Federación Galega de Baloncesto en Vigo.
A fase presencial deste curso desenvolveuse en tres xornadas, os días 3, 9 e 10 de decembro do 2017 nas instalacións da Universidade de Vigo e do Colexio Salesianos. En cambio, a fase non presencial e avaliativa terá lugar desde o día 11 ata o 27 de decembro do 2017.
Etiquetas: Adestradores, Información