Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas

O SEIS DO NADAL - COIA SÚMASE Á CAMPAÑA DO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO #YOAYUDOALBANCOBUENO

 

.

Desde tódalas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos colaborar co Banco de Alimentos de Vigo axudando a difundir a súa Operación Kilo Online para apoiar aos que máis o precisan nestes días. Axudémonos entre todos e todas!

 

#yoayudoalbancobueno

ÁNGEL TABOADA, XOGADOR DO ALEVÍN MASCULINO, FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

(Ángel Taboada cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Margarita Trigo e Nuria Tombo, responsables de PapelYa!)

.

Esta tempada 19/20 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo terceiro ano consecutivo a 13ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogador@s de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas.

.

A postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Ángel Taboada, xogador do equipo federado Alevín Masculino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Antía Pérez.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Ángel Taboada será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 19/20 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creador da postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premios, durante o acto da Presentación Oficial do presente curso 2019/2020 e das mans de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, mostras da súa postal e material cedido por PapelYa!.

.

(Abel Caballero anunciando a postal gañadora durante a Presentación)

GRAN PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA NESTA TEMPADA 2019/2020

..

1, 2, 3, SEIS!

..

Unha tempada máis preto de 700 deportistas saltaron á pista do Pavillón de Navia na Presentación Oficial desta tempada 2019/2020. Unha imaxe vale máis que mil palabras!

 

GRAZAS A TODOS E TODAS!

XA SE COÑECEN AS CATRO POSTAIS FINALISTAS DO 13º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DESTA TEMPADA

.

..

..

.(Postais finalistas do 13º Concurso de Postais de Nadal)

.

Esta tempada 19/20 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo terceiro ano consecutivo a 13ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.

.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 100 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.

.

Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 100 postais que foron recibidas nesta nova edición; o xurado, formado pola Dirección Deportiva do noso club, membros da Xunta Directiva e Nuria Tombo, responsable de PapelYa!, decidiu a postal gañadora do 13º Concurso de Postais de Nadal que se fará público o próximo domingo 15 de decembro durante a Presentación Oficial da entidade.

A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA SERÁ O PRÓXIMO DOMINGO EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2019/2020.

.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2019/2020 terá lugar o próximo domingo día 15 de decembro do 2019 a partir das 12:00 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto que seguirá o formato "express" das últimas tempadas.

.

No acto se presentarán aos 27 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2019/2020 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

.

Agardámosvos a tod@s!

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA: CALENDARIO ELECTORAL

.

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DO

CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

CALENDARIO ELECTORAL

.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL:

Do 11/11/2019 ata 12/12/2019. Listado de socios e socias con voz e voto na Asamblea Xeral, exposto na oficina do Club no pavillón do Colexio Seis do Nadal de 19:00 a 20:30 horas.

.

RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL:

Do 13/11/2019 ata 14/11/2019.

.

RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL:

O 14/11/2019.

.

EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL DEFINITIVO:

O 15/11/2019.

.

PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS:

Do 18/11/2019 ata 20/11/2019.

 

PROCLAMACIÓNS DAS CANDIDATURAS:

O 21/11/2019.

.

RECLAMACIÓNS ÁS CANDIDATURAS:

Do 22/11/2019 ata 25/11/2019.

 

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS DEFINITIVAS:

O 25/11/2019 ás 20 30 horas.

 

VOTACIÓNS:

Durante a Asemblea Xeral Extraordinaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que terá lugar na oficina do Club no pavillón do Colexio Seis do Nadal o venres 29 de novembro do 2019 en 1ª convocatoria ás 19:30 horas, e ás 20:00 horas, en 2ª convocatoria. A votación será en horario de 20:15 a 21:30 h.

.

A Xunta Directiva en funcións.

 

- Para poder participar no proceso electoral hai que estar ao día nas cuotas da tempada 2018/2019 e anteriores.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Estimados/as Socios e Socias:

.

A Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convoca a Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar na Sala Rosalía do Colexio Seis do Nadal (Coia) o venres día 8 de novembro do 2019 en primeira convocatoria ás 19:30 horas e ás 20:00 horas en segunda convocatoria para a seguinte orde do día:

.

1º- Lectura e aprobación da Acta anterior (22/06/2017).

.

2º- Informe da Memoria Deportiva das Tempadas 2016/2017, 2017/2018 e 2018/2019 e Proxecto Deportivo para a Tempada 2019/2020.

.

3º- Aprobación Balance Económico Tempada 2016/2017.

.

4º- Aprobación do Orzamento para a Tempada 2017/2018.

.

5º- Aprobación Cuota Anual e Forma Pago Tempada 2017/18.

 

6º- Aprobación Balance Económico Tempada 2017/2018.

.

7º- Aprobación do Orzamento para a Tempada 2018/2019.

 

8º- Aprobación Cuota Anual e Forma Pago Tempada 2018/19.

 

9º- Aprobación Balance Económico Tempada 2018/2019.

 

10º- Aprobación do Orzamento para a Tempada 2019/2020.

 

11º- Aprobación Cuota Anual e Forma Pago Tempada 2019/20.

 

12º- Cese da Xunta Directiva.

 

13º- Convocatoria de Eleccións.

 

14º- Calendario Electoral.

 

15º- Suxestións e Preguntas.

.

A Xunta Directiva.

UNHA AMPLIA REPRESENTACIÓN DO CLUB NA PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA SIAREIROS DO CONCELLO DE VIGO

(Deportistas do club xunto a Abel Caballero, Alcalde de VIgo, no acto de onte)

..

Unha tempada máis, e como xa é habitual, un gran número de xogodor@as, adestrador@s, directiv@s e familiares do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estiveron presentes no acto de Presentación da Campaña Siareiros da presente tempada 2019/2020 dirixido polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero.

O NOSO CLUB ESTIVO PRESENTE NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOS DO MEMORIAL QUINO SALVO

(Deportistas do club xunto a Abel Caballero durante a inauguración)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado o pasado luns día 26 de agosto na inauguración da tradicional exposición fotográfica situada na Rúa Príncipe dentro do programa de actividades do Memorial Quino Salvo. Estiveron tamén presentes no acto Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes.

 

Os conxuntos Alevín Masculino e Alevín Feminino de Primeira División do club participarán, como xa é tradición, no Torneo de Minibásquet do Memorial Quino Salvo que esta tempada se organizará na Praza do Rei ao longo da mañá do próximo sábado día 7 de setembro do 2019.

 

O acto central desta edición volverá a ser o partido que se disputará o martes 10 de setembro do 2019 ás 20:30 horas no pavillón de As Travesas que enfrontará ao Monbus Obradoiro CAB (Santiago de Compostela) e ao Alba Berlín (Alemania).

.

XA ESTÁN DISPOÑIBLES TÓDALAS POSTAIS QUE PARTICIPARON NO 12º CONCUROS DE POSTAIS DE NADAL

(Pulsa na imaxe para acceder á Galería de Fotos con tódalas postais)

.

Xa se pode acceder ás máis de 100 postais recibidas para o 12º Concurso de Postais de Nadal organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pulsando na imaxe desta noticia ou pulsando aquí.

.

Desde a Xunta Directiva da entidade, a Dirección Deportiva e desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos darlle a noraboa e felicitar ao noso Gael Salas, gañador do concurso, sen esquecernos de felicitar e amosar todo o noso máis sincero agradecemento a tódolos e tódalas participantes nesta nova edición do concurso polo seu esforzo e pola orixinalidade na realización de cada unha das postais presentadas.

GAEL SALAS, XOGADOR DE ESCOLAS DEPORTIVAS, FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

(Gael Salas cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia)

.

Esta tempada 18/19 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por duodécimo ano consecutivo a 12ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

A postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Gael Salas, xogador da Escola Deportiva do CEIP Doutor Fléming e adestrador por Álvaro Rodríguez, Javier Román e Sandra Cacheda.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Gael Salas será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 2018/19 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creador da postal gañadora do 12º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premios, durante o acto da Presentación Oficial do presente curso 2018/2019 e das mans de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, mostras da súa postal, unha camiseta do 35º Aniversario e material deportivo.

.

(Abel Caballero, Alcalde de Vigo, saudando a Gael Salas durante a Presentación Oficial da presente tempada 2018/2019)

 

Pulsa AQUÍ para acceder

a tódalas postais participantes

FOTOS PRESENTACIÓN OFICIAL 18/19 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA: FOTOS DE EQUIPO

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

Pulsa AQUÍ para acceder

a tódalas fotografías do álbum

 

(Fotografías de Alfonso Pimentel)

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA DESÉXALLES FELICES FESTAS!

FOTOS GALA DE CONMEMORACIÓN DO 35º ANIVERSARIO DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

Pulsa AQUÍ para acceder

a tódalas fotografías do álbum

 

(Fotografías de Jorge G. Marqués)