Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BALONCESTO DO CURSO 2017/2018

 

AS ESCOLAS DEPORTIVAS COMEZAN O

PRÓXIMO LUNS 2 DE OUTUBRO DO 2017

.

Coincidindo co inicio do novo curso 2017/2018, da comezo o programa de Escolas Deportivas Municipais da Concellería de Deportes do Concello de Vigo.

.

A actividade de baloncesto das Escolas Deportivas Municipais será organizada e impartida polo noso Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, entidade recoñecida polo Concello de Vigo co Indicativo de Calidade na promoción e formación do deporte da canastra.

.

As instalacións, días e horas nas que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desenvolverá a actividade de baloncesto neste novo curso 2017/2018 son:

.

.

Para conseguir máis información sobre as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto podedes contactar cos números de teléfono 680507750 ou 627516980.

GRAN CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CURSO 2016/2017 E DAS LIGAS LINCO CONCELLO DE VIGO

(Tódolos nenos e nenas das Escolas Deportivas de Baloncesto co seu regalo)

.

O pasado venres 26 de maio do 2017 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2016/2017 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2017, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas.

.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e as EDM Balaídos, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a tempada xogando contra os demais escolares.

.

.

.

.

.

.

Os preto de 300 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2017, cun total de 210 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero, Alcalede do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro Deportes do Concello de Vigo; Lucía Gefaell, Directora Márketing de Biscuits Galicia; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; Ramón Román, directivo do club olívico; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.

.

.

.

.

 

 

 

 

.

Pódese acceder a tódolas fotos da clausura e das Ligas LINCO 2017 pulsando AQUÍ

O C.BC. SEIS DO NADAL VISITA NESTE INICIO DE CURSO AOS ALUMNOS/AS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 6º de Educación Primaria no Torneo Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a primeira semana do mes de outubro a quinta das edicións do Torneo Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia e cadrando co inicio da nova tempada 2016/17.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron nesta edición do tradicional Torneo Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 4º de Educación Primaria participantes no Torneo)

.

En cada clase os propios alumnos e alumnas, coa axuda e apoio do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e escolleron un nome. Os oito equipos que participaron na xornada de sexto de educación primaria foron Os Bulls, Os Warrios, Os da tripla, Os Pelochos, Os Celtics, O tren da vitoria, Élite Swager e Extrem Básket.

 

O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron Granada, Kiwi, Laranxa, Mazá, Melocotón, Pera, Pomelo e Sandía. En quinto de primaria xogaron os equipos Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, Saturno, Neptuno, Urano e Plutón.

.

(Alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Preto de 150 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia participaron na nova edición do Torneo Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

 

Máis fotos do Torneo Interclases no Celso E. Ferreiro

 

 

 

 

GRAN CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CURSO 2015/2016 E DAS LIGAS LINCO CONCELLO DE VIGO

.

(Tódolos nenos e nenas das Escolas Deportivas de Baloncesto co seu regalo)

.

O pasado venres 27 de maio do 2016 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2015/2016 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2016, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal dentro do programa municipal de Escolas Deportivas.

.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, Colexio Labor e as EDM Balaídos, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a súa tempada 2015/2016 xogando contra os demais escolares que xa son "compañeiros e amigos".

.

.

.

.

Os máis de 200 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2016, cun total de 240 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero, Alcalede do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Ramón Román e Miguel Ángel Pena, directivos da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club.

.

.

.

.

 

 

.

Pódese acceder a tódolas fotos da clausura e das Ligas LINCO 2016 pulsando AQUÍ