Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas

TODO PREPARADO PARA O COMEZO DA NOVA EDICIÓN DA LIGA INTERNA DE COLEXIOS, LIGA LINCO 2020

(Membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xunto a Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, durante a presentación da nova edición da Liga LINCO)

.

O pasado martes día 28 de xaneiro do 2020 tivo lugar no Concello de Vigo a presentación aos medios da nova edición da Liga Interna de Colexios, Liga LINCO 2020, que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa colaboración do Concello de Vigo na presente tempada 2019/2020.

.

Durante a presentación da nova edición da Liga LINCO 2020, Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, estivo acompañado polo Director Deportivo da entidade, Sergio González; e os membros da nova Xunta Directiva do club Ramón Román, María Sanjurjo e Patricia Leirós.

 

A Liga LINCO de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo oitavo aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas, sendo a xornada de presentación este venres 31 de xaneiro do 2020.

.

Preto de 150 nenos e nenas participarán nesta Liga LINCO 2020, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e Colexio Labor; e os pavillóns do Berbes e Navia.

 

Aínda que o Concello de Vigo é o patrocinador principal das Liga LINCO, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conta co apoio e coas colaboracións privadas de Larsa, Biscuits Galicia e Pintunova; tanto para as merendas como para o material necesario nestas competicións.

A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA SERÁ O PRÓXIMO DOMINGO EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2019/2020.

.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2019/2020 terá lugar o próximo domingo día 15 de decembro do 2019 a partir das 12:00 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto que seguirá o formato "express" das últimas tempadas.

.

No acto se presentarán aos 27 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2019/2020 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

.

Agardámosvos a tod@s!

O C.BC. SEIS DO NADAL VISITA NESTE INICIO DE CURSO AOS ALUMNOS/AS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria no Torneo Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a última semana do mes de setembro a sétima das edicións do Torneo Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia e cadrando co inicio da nova tempada 2018/19.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron nesta edición do tradicional Torneo Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividade do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 5º de Educación Primaria participantes no Torneo)

.

En cada clase o propio alumnado, coa axuda do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e escolleron un nome. Os oito equipos que participaron na xornada de sexto de educación primaria foron Bach, Rodrigo, Mozart, Wagner, Paco de Lucía, Beethoven, Yepes e Chopin.

 

O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron Cervantes, Rosalía de Castro, Machado, Manuel Rivas, García Lorca, Casalderrey, Martín Códax e Neira Vilas. En quinto de primaria participaron os equipos Carolina Marín, Chano, Chus Lago, Teresa Perales, De la Puente, Gasol, Mireia Belmonte e Rafael Nadal.

.

(Alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Preto de 150 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia participaron na nova edición do Torneo Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

.

(Alumnos/as de 3º de Educación Primaria fixeron baloncesto nas clases)

.

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2018/2019 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.

 

Máis fotos das xornadas de promoción no Celso Emilio

 

 

 

 

 

GRAN CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CURSO 2017/2018 E DAS LIGAS LINCO CONCELLO DE VIGO

(Tódolos nenos e nenas das Escolas Deportivas de Baloncesto co seu regalo)

.

O pasado venres 25 de maio do 2018 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2017/2018 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2018, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas.

.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e as Escolas da Etea, EDM Berbés e EDM Navia puideron despedir a tempada xogando contra os demais escolares.

.

.

.

.

Os preto de 300 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2018, cun total de 210 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para progresar e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. No acto de clausura estiveron presentes, acompañando ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes; Concepción Martins, a Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.

.

.

.

.

 

 


 

.

Pódese acceder a tódolas fotos da clausura e das Ligas LINCO 2018 pulsando AQUÍ

TODO PREPARADO PARA AS NOVAS EDICIÓNS DAS LIGAS INTERNAS DE COLEXIOS DO SEIS DO NADAL

(Membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xunto a Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, durante a presentación das novas edicións das Ligas LINCO)

.

O pasado mércores día 24 de xaneiro do 2018 tivo lugar no Concello de Vigo a presentación aos medios das dúas novas edicións das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO, que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co apoio do Concello de Vigo na presente tempada 2017/2018.

.

Durante a presentación das novas Ligas LINCO 2018, Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, estivo acompañado pola Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Concepción Martins; os membros da Xunta Directiva Ramón Román e Miguel Ángel Pena; e o Director Deportivo do club, Sergio González.

 

A Liga LINCO de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo sexto aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas. A Liga LINCO XL, na que participarán rapaces e rapazas infantís e cadetes entre 13 e 16 anos, terá lugar cada dous domingos no Colexio Celso Emilio Ferreiro de 12:00 a 13:00 horas por mor das obras no Estadio Municipal de Balaídos.

 

(De esquerda a dereita: Sergio González, Director Deportivo da entidade; Concepción Martins, Presidenta do club; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de vigo; Miguel Ángel Pena e Ramón Román, directivos)

 

Preto de 200 nenos e nenas participarán nas Ligas LINCO 2018, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat; e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Navia e Etea.

 

"O programa municipal de Escolas Deportivas do Concello de Vigo conta con varias ligas como complemento da formación deportiva semanal e as Ligas LINCO son unhas das ligas máis importantes", subliñou Manel Fernández, que tamén avanzou que a inauguración terá lugar este venres día 26 de xaneiro do 2018 ás 16:30 horas no pavillón de Navia.

 

Aínda que o Concello de Vigo é o patrocinador principal das Liga LINCO, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conta co apoio e coas colaboracións privadas de Larsa, Biscuits Galicia, Decathlon e Dispaint; tanto para as merendas como para todo o material necesario nestas competicións.

O C.BC. SEIS DO NADAL VISITA NESTE INICIO DE CURSO AOS ALUMNOS/AS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria no Torneo Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a última semana do mes de setembro a sexta das edicións do Torneo Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia e cadrando co inicio da nova tempada 2017/18.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron nesta edición do tradicional Torneo Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividade do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 6º de Educación Primaria participantes no Torneo)

.

En cada clase o propio alumnado, coa axuda do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e escolleron un nome. Os oito equipos que participaron na xornada de sexto de educación primaria foron Vento, Saraiba, Neve, Borrasca, Choiva, Ciclón, Sunami e Furacán,.

 

O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron Fresa, Mazá, Cereixa, Plátano, Pereira, Limoeiro, Pexegueiro e Kiwi. En quinto de primaria participaron os equipos Venus, Xúpiter, Mercurio, Urano, Saturno, Marte, Neptuno e Plutón.

.

(Alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Preto de 150 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia participaron na nova edición do Torneo Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

.

(Alumnos/as de 3º de Educación Primaria fixeron baloncesto nas clases)

.

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2017/2018 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.

 

Máis fotos das xornadas de promoción no Celso Emilio