Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas

O JÚNIOR MASCULINO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA DA SEGUNDA DIVISIÓN 2017/2018

..

(O Júnior Masculino "C" co trofeo de campión da Copa Primavera)

..

JÚNIOR MASCULINO "C"

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O Júnior Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Carlos Rodríguez, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Júnior Maculina da presente tempada 2017/2018.

 

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo "A" cun balance dunha vitoria e unha derrota. Na final a dobre partido ante o Salesianos GLP Abogados (Vigo), primeiros clasificados do Grupo "B", o Seis do Nadal "C" conseguía proclamarse campión da competición.

.

.

(O Júnior Masculino "C" recibindo as medallas de campións da Copa)

O INFANTIL MASCULINO DE PRIMEIRA DIVISIÓN BUSCARÁ NA FINAL A4 UNHA PRAZA PARA O CTO. DE ESPAÑA

(O equipo Infantil Masculino "A" disputará a Fase Final A4 da categoría)

..

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Diego Montenegro e Sandra Solano, participará na Fase Final A4 da Liga 1ª División Infantil do presente curso buscando unha praza para o Campionato de España da categoría

.

O Toolmaker Seis do Nadal, quinto dos clasificados da fase regular da Primeira División da presente tempada, buscará os próximos días 19 e 20 de maio do 2018 a clasificación para o Campionato de España en Santiago de Compostela xunto ao Instituto Rosalía de Castro, Peleteiro e Porriño Bto. Base.

.

.

.

Os horarios da Fase Final A4 de categoría Infantil Masculina que se disputará en Santiago de Compostela será o seguinte:

..

Sábado 19 maio do 2018 - Instituto Rosalía (Santiago)

(17:00 h.) Rosalía de Castro - Toolmaker Seis do Nadal

(19:00 h.) Peleteiro - PBB "A"

 

Domingo 20 maio do 2018 - Instituto Rosalía (Santiago)

(17:00 h.) Gañador Semi 1 - Gañador Semi 2

 

Sendo o equipo Estudiantes de Lugo o campión da Liga, e xa clasificado para o Campionato de España, serán os equipos clasificados entre a segunda e quinta posición da competición regular os que busquen impoñerse nesta fase final e facerse coas outras dúas prazas para a cita nacional.

O JÚNIOR MASCULINO DE PRIMEIRA DIVISIÓN BUSCARÁ NA FINAL A4 UNHA PRAZA PARA O CTO. DE ESPAÑA

(O equipo Júnior Masculino "A" disputará a Fase Final da caetegoría)

..

O Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido e adestrado por Fernando María Pérez, Andrés Araya e Floriano Fernández, participará na Fase Final A4 da Liga 1ª División Júnior Maculina do presente curso 2017/18 buscando unha praza para o Campionato de España.

.

O equipo Seis do Nadal - Coia, quinto dos clasificados da fase regular da Primeira División, buscará os próximos días 21 e 22 de abril do 2018 a clasificación para o Campionato de España na cidade de Lugo xunto aos equipos Estudiantes Lugo Leyma Natura, Río Ourense Termal e Instituto Rosalía de Castro.

.

.

.

O calendario da Fase Final A4 de categoría Júnior Masculina que se disputará en Lugo será o seguinte:

..

Sábado 21 abril do 2018 - Pazo Provincial Deportes (Lugo)

(20:00 h.) Estudiantes Lugo Leyma - Seis do Nadal Coia

(16:00 h.) Río Ourense Termal - Instituto Rosalía de Castro

 

Domingo 22 abril do 2018 - Pazo Provincial Deportes (Lugo)

(17:00 h.) Gañador Semi 1 - Gañador Semi 2

 

Sendo o equipo Obradoiro CAB Peleteiro o campión da Liga, e xa clasificado para o Campionato de España, serán os equipos clasificados entre a segunda e quinta posición da competición regular os que busquen impoñerse nesta fase final e facerse co subcampioanto e coa praza para a cita nacional.

FOTOS PRESENTACIÓN OFICIAL 17/18 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA: FOTOS DE EQUIPO

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

(Fotografías de Eugenio Álvarez)

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL VOLVE A ENCHER O PAVILLÓN DE NAVIA NA SÚA PRESENTACIÓN OFICIAL

.(Tódolos integrantes do Seis do Nadal durante a Presentación Oficial)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas súas escolas deportivas o pasado domingo día 17 de decembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores.

.

Nesta presentación oficial da tempada 2017/2018 a entidade presentou alí a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a preto de 700 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras formando parte dos equipos federados e outros tantos nas distintas escolas deportivas, aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.

.

.

(Autoridades que acompañaron ao Seis do Nadal na Presentación Oficial)

.

Asistiron á presentación desta tempada 2017/2018 D. Santos Héctor Rodríguez, representando ao Concello de Vigo e á Deputación de Pontevedra; D. Guillerme Reinaldo, por parte da Xunta de Galicia; D. Jose Luis Pérez, en representación da Federación Galega de Baloncesto; Dna. Concepción Martíns, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; D. Julio Rodríguez, D. Antonio Iglesas, D. Miguel Ángel Pena e D. Ramón Román, Directivos da entidade viguesa; e D. Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis Nadal; acompañados en todo momento por representantes de todos os centros educativos e dos patrocinadores e colaboradores.

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA SUMOUSE Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(O Sénior Feminino "A" sumouse á loita contra a violencia de xénero)

..

O combinado Sénior Feminino de Primeira Autonómica, en representación de tódolos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, sumouse á loita contra a violencia de xénero no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

(Xogadoras, técnicos e equipo arbitral xuntos contra a violencia de xénero)

 

Antes do partido de Primeira Autonómica disputado no pavillón de Sárdoma, as xogadoras e adestradores do Syngenta Seis do Nadal e do CLB (Vilagarcía de Arousa) e o equipo arbitral do encontro xuntáronse para apoiar e sumarse á loita contra a violencia de xénero.

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL CONSEGUE O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA

(O equipo Júnior Feminino clasificado para a Liga 1ª División)

..

O Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Francisco García, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga Primeira División Júnior Feminina da presente tempada 2017/2018.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia xogou a Fase Previa de Clasificación no Grupo "B" xunto a Salesianos Vigo e Pontumio Panadería Puente (Pontedeume) conseguindo o primeiro posto do grupo e a clasificación para disputar o cruce da Fase Final.

..

Na Fase Final disputada en Santiago de Compostela o noso equipo enfrontouse, no seu cruce de clasificación, ao Xuven (Cambados) impoñéndose ao final do encontro cun 44 a 41 e conseguindo así a praza na Primeira División.

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará presente nesta nova tempada 2017/2018, despois dos últimos ascensos conseguidos nas Fases Previas, nun total de dez Primeiras Divisións Autonómicas: minibásquet masculina e feminina, preinfantil masculina e feminina, infantil masculina e feminina, júnior masculina e feminina, e sénior masculina e feminina.

OS EQUIPOS JÚNIOR FEMININO E CADETE MASCULINO "A" BUSCARÁN UNHA PRAZA NA PRIMEIRA DIVISIÓN

(O Júnior Feminino nun dos seus partidos da Fase Previa)

.

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana, os días 7 e 8 de outubro do 2017, a Fase Final das Fases Previas de Clasificación á Primeira División da presente tempada nas categorías júnior, cadete e infantil. O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente nesta Fase nas categorías júnior feminina e cadete masculina.

.

O Júnior Feminino da entidade, adestrado por Francisco J. García, buscará unha praza na Primeira Divisón ante o Xuven (Cambados). O encontro disputarase o domingo 8 de outubro ás 9:30 horas no Pavillón Fontiñas (Santiago de Compostela).

.

(O Cadete Masculino "A" se disputará unha praza na 1ª División)

 

Pola súa banda, o grupo Cadete Masculino "A", dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, enfrontarase ao Básquet Coruña o sábado día 7 de outubro ás 20:00 horas no Pavillón Lorenzo de la Torre. Neste partido estará en xogo unha praza para a Liga 1ª División Cadete Masculina desta tempada 2017/2018.

 

O resto dos partidos da Fase Final das Fases Previas que se xogarán durante a fin de semana en Santiago de Compostela pódense consultar na seguinte imaxe:

 

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL CONSEGUE O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

(O equipo Infantil Masculino "A" clasificado para a Liga 1ª División)

..

O grupo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Diego Montenegro e Sandra Solano, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia xogou na Fase Previa de Clasificación ante o PBB "A" (O Porriño), CB Ría de Ribadeo e Vistaoptica Narón Básket Ferrol. Cun balance de tres vitorias nos tres partidos disputados o noso equipo conseguía finalizar na primeira praza do grupo e certificaba así a súa clasificación para a Primeira División.

O SÉNIOR FEMININO AUTONÓMICO DISPUTA UN AMISTOSO EN O PORRIÑO DURANTE AS FESTAS DO CRISTO

.

O Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, que competirá esta tempada na Primeira Autonómica, xogará o seu primeiro partido amistoso en O Porriño dentro do programa deportivo das Festas do Cristo 2017.

.

O partido disputarase o venres día 15 de setembro do 2017 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño ante o Sénior Feminino do Porriño Baloncesto Base xusto antes do partido da Copa Galicia que enfrontará ao Celta Zorka (Vigo) e ao Ensino de Lugo, ambos equipos da Liga Feminina 2.

O JÚNIOR MASCULINO "A" PRESENTE NO CLÍNIC DE ADESTRADORES/AS DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

(Na primeira foto os membros do Júnior Masculino "A" xunto a Sito Alonso no Clínic, na foto de abaixo o equipo xunto a Moncho Monsalve)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente no Clínic de Adestradores/as actividade incluída no programa do Memorial Quino Salvo. O equipo Júnior Masculino "A", dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, foi o equipo que participou no Clínic celebrado no polideportivo municipal de Navia ao longo do sábado día 2 de setembro do 2017.

.

Os xogadores do noso combinado estiveron ás ordes dos catro ponentes presentes no clínic: Moncho Monsalve, Pepe Laso, Pepe Casal e Sito Alonso, actual adestrador do FC Barcelona da Liga Endesa e cunha excelente traxectoria como técnico.

.

.

(Fotografías da charla de Sito Alonso durante o Clínic do Memorial Quino Salvo)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)