Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA SUMOUSE Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

(O Sénior Feminino "A" sumouse á loita contra a violencia de xénero)

..

O combinado Sénior Feminino de Primeira Autonómica, en representación de tódolos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, sumouse á loita contra a violencia de xénero no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

(Xogadoras, técnicos e equipo arbitral xuntos contra a violencia de xénero)

 

Antes do partido de Primeira Autonómica disputado no pavillón de Sárdoma, as xogadoras e adestradores do Syngenta Seis do Nadal e do CLB (Vilagarcía de Arousa) e o equipo arbitral do encontro xuntáronse para apoiar e sumarse á loita contra a violencia de xénero.

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL CONSEGUE O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA

(O equipo Júnior Feminino clasificado para a Liga 1ª División)

..

O Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Francisco García, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga Primeira División Júnior Feminina da presente tempada 2017/2018.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia xogou a Fase Previa de Clasificación no Grupo "B" xunto a Salesianos Vigo e Pontumio Panadería Puente (Pontedeume) conseguindo o primeiro posto do grupo e a clasificación para disputar o cruce da Fase Final.

..

Na Fase Final disputada en Santiago de Compostela o noso equipo enfrontouse, no seu cruce de clasificación, ao Xuven (Cambados) impoñéndose ao final do encontro cun 44 a 41 e conseguindo así a praza na Primeira División.

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará presente nesta nova tempada 2017/2018, despois dos últimos ascensos conseguidos nas Fases Previas, nun total de dez Primeiras Divisións Autonómicas: minibásquet masculina e feminina, preinfantil masculina e feminina, infantil masculina e feminina, júnior masculina e feminina, e sénior masculina e feminina.

OS EQUIPOS JÚNIOR FEMININO E CADETE MASCULINO "A" BUSCARÁN UNHA PRAZA NA PRIMEIRA DIVISIÓN

(O Júnior Feminino nun dos seus partidos da Fase Previa)

.

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana, os días 7 e 8 de outubro do 2017, a Fase Final das Fases Previas de Clasificación á Primeira División da presente tempada nas categorías júnior, cadete e infantil. O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente nesta Fase nas categorías júnior feminina e cadete masculina.

.

O Júnior Feminino da entidade, adestrado por Francisco J. García, buscará unha praza na Primeira Divisón ante o Xuven (Cambados). O encontro disputarase o domingo 8 de outubro ás 9:30 horas no Pavillón Fontiñas (Santiago de Compostela).

.

(O Cadete Masculino "A" se disputará unha praza na 1ª División)

 

Pola súa banda, o grupo Cadete Masculino "A", dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, enfrontarase ao Básquet Coruña o sábado día 7 de outubro ás 20:00 horas no Pavillón Lorenzo de la Torre. Neste partido estará en xogo unha praza para a Liga 1ª División Cadete Masculina desta tempada 2017/2018.

 

O resto dos partidos da Fase Final das Fases Previas que se xogarán durante a fin de semana en Santiago de Compostela pódense consultar na seguinte imaxe:

 

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL CONSEGUE O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

(O equipo Infantil Masculino "A" clasificado para a Liga 1ª División)

..

O grupo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Diego Montenegro e Sandra Solano, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia xogou na Fase Previa de Clasificación ante o PBB "A" (O Porriño), CB Ría de Ribadeo e Vistaoptica Narón Básket Ferrol. Cun balance de tres vitorias nos tres partidos disputados o noso equipo conseguía finalizar na primeira praza do grupo e certificaba así a súa clasificación para a Primeira División.

O SÉNIOR FEMININO AUTONÓMICO DISPUTA UN AMISTOSO EN O PORRIÑO DURANTE AS FESTAS DO CRISTO

.

O Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, que competirá esta tempada na Primeira Autonómica, xogará o seu primeiro partido amistoso en O Porriño dentro do programa deportivo das Festas do Cristo 2017.

.

O partido disputarase o venres día 15 de setembro do 2017 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño ante o Sénior Feminino do Porriño Baloncesto Base xusto antes do partido da Copa Galicia que enfrontará ao Celta Zorka (Vigo) e ao Ensino de Lugo, ambos equipos da Liga Feminina 2.

O JÚNIOR MASCULINO "A" PRESENTE NO CLÍNIC DE ADESTRADORES/AS DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

(Na primeira foto os membros do Júnior Masculino "A" xunto a Sito Alonso no Clínic, na foto de abaixo o equipo xunto a Moncho Monsalve)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente no Clínic de Adestradores/as actividade incluída no programa do Memorial Quino Salvo. O equipo Júnior Masculino "A", dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, foi o equipo que participou no Clínic celebrado no polideportivo municipal de Navia ao longo do sábado día 2 de setembro do 2017.

.

Os xogadores do noso combinado estiveron ás ordes dos catro ponentes presentes no clínic: Moncho Monsalve, Pepe Laso, Pepe Casal e Sito Alonso, actual adestrador do FC Barcelona da Liga Endesa e cunha excelente traxectoria como técnico.

.

.

(Fotografías da charla de Sito Alonso durante o Clínic do Memorial Quino Salvo)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)

INICIOS PRETEMPADAS 2017/2018 EQUIPOS FEDERADOS CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

(A medida que se coñeza o corpo técnico da próxima tempada 2017/2018 se actualizarán os adestradores/as de cada equipo federado e as datas do inicio das pretempadas)

.

SÉNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Albert Tomas e Diego Montenegro

Inicio: luns 21 de agosto ás 22:00 h. no Pavillón Navia

 

SÉNIOR MASCULINO "B" (Liga 3ª División)

Adestradores: Jose Luis Nóvoa

Inicio: luns 28 de agosto ás 22:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "A" (Liga Primeira Autonómica)

Adestradores: Andrés Álvarez

Inicio: martes 22 de agosto as 21:45 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Francisco Javier García

Inicio: luns 4 de setembro as 21:45 h. no Col. Seis do Nadal

.

JÚNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Fernando María "Mani" Pérez e Andrés Araya

Inicio: xoves 3 de agosto ás 20:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Jose Luis Nóvoa

Inicio: mércoes 6 de setembro ás 21:00 h. no Col. Seis Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestradores: Carlos Rodríguez

Inicio: martes 22 de agosto as 19:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Francisco Javier García

Inicio: mércores 2 de agosto ás 20:00 h. na Praia de Samil

.

CADETE MASCULINO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso e Álvaro Vidal

Inicio: luns 31 de xullo ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Álvaro Rodríguez

Inicio: venres 15 de setembro ás 20:30 h. no Col. Seis Nadal

 

CADETE MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestradores: Sergio González e Hugo López

Inicio: martes 29 de agosto ás 17:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso

Inicio: luns 7 de agosto ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Antía Vega

Inicio: luns 11 de setembro ás 18:45 h. no Col. Illas Cíes

.

INFANTIL MASCULINO "A" (Fase Previa 1ª División)

Adestradores: Diego Montenegro e Sandra Solano

Inicio: luns 7 de agosto ás 12:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Antía Rivela

Inicio: pendente de confirmar

 

PREINFANTIL MASCULINO (Liga 1ª División)

Adestradores: Antía Vega

Inicio: martes 5 de setembro ás 16:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Jorge Martínez e Aalí Mohamed

Inicio: luns 28 de agosto ás 10:00 h. na Praia de Samil

 

INFANTIL FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Abraham Vieira

Inicio: martes 12 de setembro ás 17:30 h. no Col. Seis Nadal

 

PREINFANTIL FEMININO (Liga 1ª División)

Adestradores: Andrés Álvarez

Inicio: luns 4 de setembro ás 12:00 h. no Col. Celso Emilio

 

ALEVÍN MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Diego Montenegro e Abraham Vieira

Inicio: xoves 31 de agosto ás 12:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "B" (Liga Minibásquet)

Adestradores: Sergio González e Brais Álvarez

Inicio: luns 11 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Sandra Solano e Uxía Martínez

Inicio: xoves 31 de agosto ás 16:00 h. no Col. Celso Emilio

 

BENXAMÍN MASCULINO "A" (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Aalí Mohamed

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

BENXAMÍN MASCULINO "B" (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Uxía Martínez

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

BENXAMÍN FEMININO (Liga Preminibásquet)

Adestradores: Sandra Solano e Marta Espantoso

Inicio: luns 18 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

SERGIO GONZÁLEZ SEGUIRÁ AO FRONTE DA DIRECCIÓN DEPORTIVA DO CLUB NA TEMPADA 2017/2018

000.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia confirma unha tempada máis a continuidade de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da entidade, desde a súa entrada no ano 2007.

000.

Sergio González afrontará por décima tempada consecutiva a Dirección Deportiva do club olívico, cos obxectivos de mellorar e consolidar cada un dos pilares da estrutura da entidade, así como perseguir ofrecer as mellores condicións de traballo e formación aos deportistas, adestradores e técnicos.

 

Sergio González compaxinará, como é habtiual cada tempada, as súas funcións de Director Deportivo coas de adestrador dos equipos da entidade. Para esta nova tempada 2017/2018, Sergio González abandoará a categoría sénior, tras cinco anos ao fronte do equipo Sénior Masculino do club e de competir a pasada tempada na Liga EBA, e dirixirá aos equipos Alevín Masculino "B" (nados no ano 2007) e Cadete Masculino "C" (nados no ano 2003).

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios das pretempadas.

O EQUIPO SUB22 FEMININO DO SEIS DO NADAL - COIA PROCLAMOUSE CAMPIÓN DO CIRCUITO GALEGO

(O equipo Sub22 Feminino co trofeo de campioas do Circuito)

..

SUB22 FEMININO

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN CIRCUITO SUB22

..

O equipo Sub22 Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Jorge Martínez, Andrés Álvarez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, proclamouse equipo campión do Circuito Sub22 Feminino organizado pola Federación Galega de Baloncesto na recta final da tempada 2016/2107.

..

Neste tempada 2016/2017 o Circuito Sub22 Feminino contou con catro equipos participantes: Seis do Nadal - Coia (Vigo), Gadasa Skoda Carmelitas (Ourense), CB Arxil (Pontevedra) e Universitario Campus Ourense.

..

Os resultados da primeira concentración na que participou o noso combinado foron os seguintes:

..

Sábado 20 de maio do 2017 (1ª xornada) - Ourense

 

(10:00 h.) Universitario Ourense 54 Vs Carmelitas 61

(12:00 h.) Seis do Nadal - Coia 66 Vs CB Arxil 41

 

Os resultados da segunda e derradeira concentración para o equipo do Seis do Nadal - Coia que se disputou no Pavillón Maxisterio da vila de Pontevedra foron os seguintes:

..

Domingo 4 de xuño do 2017 (2ª xornada) - Pontevedra

 

(10:00 h.) Seis do Nadal - Coia 83 Vs Carmelitas Ourense 66

(12:00 h.) CB Arxil 48 Vs Universitario Campus Ourense 35

(17:00 h.) Seis do Nadal Coia 58 Vs Unviersitario Campus 42

(17/06/2017) CB Arxil 56 Vs Carmelitas Ourense 74

O JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB CAMPIÓN DA LIGA 2ª DIVISIÓN E ASCENDIDO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

(O Júnior Masculino "A" co trofeo de campión da Segunda División)

..

JÚNIOR MASCULINO "A"

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN LIGA 2ª DIVISIÓN

 

ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

..

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, proclamouse campión da Liga 2ª División Júnior Maculina da presente tempada 2016/17 conseguindo o ascenso á Liga 1ª División Júnior Masculina da próxima tempada 2017/18.

 

O noso conxunto rematou na primeira posición do Grupo Sur da Fase de Ascenso á Liga Primeira División, posición que lle outorgaba unha praza na final e que lle aseguraba o ascenso á Primeira División Júnior Masculina. A final da Liga 2ª División Júnior Masculina disputouse ante o primeiro dos clasificados do Grupo Norte da Fase de Ascenso, o Compañia de María de Santiago de Compostela. O noso equipo superou ao conxunto santiagués cun 47-50.

.

(O Júnior Masculino "A" despois de conseguir o ascenso a Primeira)

O CADETE MASCULINO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA DA SEGUNDA DIVISIÓN 2016/2017

..

(O Cadete Masculino "C" co trofeo de campión da Copa Primavera)

..

CADETE MASCULINO "C"

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O Cadete Masculino "C", Divina Pastora Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Cadete Maculina da presente tempada 2016/2017.

 

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo "B" cun balance de dúas vitorias nos dous partidos disputados. Na final ante o Defensores do Morrazo, primeiros clasificados do Grupo "A", o Divina Pastora Seis do Nadal conseguía a vitoria no IES Rodeira cun 53-65.

.

.

(O Cadete Masculino "C" recibindo as súas medallas e trofeo de campións)

ÚLTIMA CONCENTRACIÓN DA LIGA SUB22 DE CATEGORÍA FEMININA PARA O SEIS DO NADAL - COIA

(O equipo Sub22 Feminino do club da presente tempada)

..

Remata esta fin de semana o Circuito Sub22 de categoría feminina, organizada pola Federación Galega de Baloncesto, para o equipo Sub22 Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

..

Neste tempada 2016/2017 o Circuito Sub22 Feminino contou con catro equipos participantes: Seis do Nadal - Coia (Vigo), Gadasa Skoda Carmelitas (Ourense), CB Arxil (Pontevedra) e Universitario Campus Ourense.

..

Os resultados da primeira concentración nas que participou o noso combinado foron os seguintes:

..

Sábado 20 de maio do 2017 (1ª xornada) - Ourense

 

(10:00 h.) Universitario Ourense 54 Vs Carmelitas 61

(12:00 h.) Seis do Nadal - Coia 66 Vs CB Arxil 41

 

Os horarios da segunda e derradeira concentración para o equipo do Seis do Nadal - Coia que se disputará no Pavillón Maxisterio da vila de Pontevedra serán os seguintes:

..

Domingo 4 de xuño do 2017 (2ª xornada) - Pontevedra

 

(10:00 h.) Seis do Nadal - Coia Vs Carmelitas Ourense

(12:00 h.) CB Arxil Vs Universitario Campus Ourense

(17:00 h.) Seis do Nadal - Coia Vs Unviersitario Campus

O PREINFANTIL MASCULINO DO CLUB CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN PREINFANTIL MASCULINA 2016/2017

(O Preinfantil Masculino co trofeo de campión da 1ª División)

..

PREINFANTIL MASCULINO

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN COPA FEDERACIÓN

..

O equipo Preinfantil Masculino, Autocares González Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Carlos García, proclamouse equipo campión do Grupo A-2, Copa Federación, da Liga 1ª División Preinfantil Masculina da presente tempada 16/17.

 

O noso equipo rematou a competición na primeira posición do Grupo A-2, tamén chamado Copa Federación, cun balance de dez vitorias conseguidas nos dez partidos disputados neste grupo. Os equipos do Sigaltec (Vilagarcía Arousa) e Básquet Coruña ocuparon a segunda e terceira posición da táboa.

 

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, xunto á Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns, foron os encargados de entregar o trofeo e as medallas que proclamaron ao equipo campión da Copa Federación da Primeira División Preinfantil Masculina.

.

.

(Entrega de trofeo e medallas aos integrantes do Preinfantil Masculino)

O PREINFANTIL FEMININO DO CLUB SUBCAMPIÓN DA PRIMEIRA DIVISIÓN PREINFANTIL FEMININA 2016/2017

(O Preinfantil Feminino co trofeo de subcampión da 1ª División)

..

PREINFANTIL FEMININO

TEMPADA 2016/2017

 

SUBCAMPIÓN 1ª DIVISIÓN

..

O equipo Preinfantil Feminino, Clínica Dental Romeo Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Aalí Mohamed, proclamouse conxunto subcampión do Grupo A-1 da Liga 1ª División Preinfantil Feminina da presente tempada 2016/2017.

 

O noso conxunto rematou a competición na segunda posición do Grupo A-1 cun balance de once vitorias e tres derrotas nos catorce partidos disputados na segunda fase. A primeira das posicións foi conseguida polo CB Allariz e a terceira praza foi ocupada polo CB Culleredo.

 

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, xunto á Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns, foron os encargados de entregar o trofeo e as medallas que proclamaron ao equipo subcampión da Primeira División Preinfantil Feminina.

.

.

(Entrega de trofeo e medallas as xogadoras do equipo Preinfantil Feminino)

O CADETE MASCULINO "A" DO CLUB XOGARÁ A FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA DIVISIÓN CADETE

(O equipo Cadete Masculino "A" da presente tempada 2016/2017)

..

O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Andrés Álvarez, clasificouse para competir na Fase de Ascenso á 1ª División Cadete Masculina, despois de rematar na segunda posición do grupo Vigo "A" da Segunda División cun gran balance de quince vitorias e unha soa derrota.

.

Nesta Fase de Ascenso o Cadete Masculino "A" competirá no grupo Sur xunto ao Bon Pollo Estudiantes de Pontevedra, Salesianos GLP Abogados (Vigo) e CB Allariz.

 

O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo sábado 13 de maio ás 18:00 horas en A Xunqueira fronte ao Bon Pollo Estudiantes de Pontevedra, primeiro clasificado do grupo de Arousa da Segunda División.

O JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB XOGARÁ A FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA DIVISIÓN JÚNIOR

(O equipo Júnior Masculino "A" da presente tempada 2016/2017)

..

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Fernando María Pérez e Andrés Araya, clasificouse para competir na Fase de Ascenso á Liga 1ª División Júnior Masculina, despois de rematar na primeira posición do grupo "E" Vigo da Segunda División cun gran balance de dezanove vitorias e unha soa derrota.

.

Nesta Fase de Ascenso o Júnior Masculino "A" competirá no grupo Sur xunto ao Xuven (Cambados), Instituto Rosalía Fedesa (Santiago Compostela) e Bosco Salesianos (Ourense).

 

O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo domingo día 23 de abril ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal fronte ao Instituto Rosalía Fedesa, segundo clasificado do grupo de Santiago da Segunda División.

O SÉNIOR FEMININO DA LIGA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMINIMA XOGARÁ A FASE CLASIFICATORIA

(O equipo Sénior Feminino Autonómico da presente tempada 2016/17)

..

O equipo Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, clasificouse para competir na Fase Clasificatoria da Liga 1ª División Autonómica Feminina da presente tempada 2016/17, despois de rematar na primeira posición do grupo Sur da Fase Previa da competición.

.

O conxunto do Seis do Nadal rematou na primeira posición do grupo Sur da Fase Previa cun balance de oito vitorias e dúas derrotas. Nesta nova Fase Clasificatoria competiran os tres primeiros clasificados en cada un dos grupos da Fase Previa, polo que o noso equipo competirá xunto a Neumáticos Sarria, Gad. Skoda Carmelitas (Ourense), Arxil Mafari (Pontevedra), Star Center Galicia (Ferrol) e La Salle (Santiago Compostela).

 

O primeiro clasificado desta Fase Clasificatoria participará na Fase Interautonómica de Ascenso á Primeira División Feminina. O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo sábado 11 de marzo ás 18:00 horas no Pavillón de Balaídos fronte ao Neumáticos Sarria, primeiro clasificado do grupo Norte.

O EQUIPO DE LIGA EBA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA REGRESA AO PAVILLÓN DE NAVIA

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará esta fin de semana no pavillón de Navia a terceira xornada da Liga EBA da presente tempada 16/17, segunda xornada da competición que xogará como conxunto local. O encontro será o domingo día 23 de outubro do 2016 ás 18:30 horas no pavillón de Navia ante o Santo Domingo Betanzos.

..

O equipo Sénior Masculino de Liga EBA volverá ao pavillón de Navia para disputar a terceira xornada da competición nunha tempada que está sendo histórica, por ser a primeira campaña da historia do club que se participa en dita competición.

..

Desde tódolos estamentos da entidade convidamos a toda a familia que forma parte do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia a asistir a este segundo partido da Liga EBA e a apoiar ao noso combinado nesta nova xornada. Agardámosvos a todos e todas (xogadores e xogadoras, adestradores e adestradoras, familiares e amigos) o próximo domingo día 23 ás 18:30 horas no polideportivo de Navia.

..

XOGA CON NÓS NA LIGA EBA!

INICIOS PRETEMPADAS 2016/2017 EQUIPOS FEDERADOS CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

SÉNIOR MASCULINO "A"

Adestradores: Sergio González e Francisco Javier García

Inicio: mércores 17 de agosto ás 21:30 h. no Pavillón Navia

 

SÉNIOR MASCULINO "B"

Adestrador: José Luis Nóvoa

Inicio: mércores 17 de agosto ás 21:30 h. no C. Seis Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "A"

Adestrador: Jorge Martínez

Inicio: mércores 31 de agosto ás 21:30 h. no C. Seis Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "B"

Adestrador: Franisco Javier García

Inicio: luns 5 de setembro ás 21:00 h. no C. Seis do Nadal

.

JÚNIOR MASCULINO "A"

Adestrador: Fernando Pérez

Inicio: mércores 3 de agosto ás 9:30 h. no C. Seis do Nadal

.

JÚNIOR MASCULINO "B"

Adestrador: José Luis Nóvoa

Inicio: martes 6 de setembro ás 20:15 h. no C. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO "A"

Adestrador: Andrés Álvarez

Inicio: martes 2 de agosto ás 18:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO "B"

Adestrador: Francisco Javier García

Inicio: xoves 8 de setembro ás 19:00 h. no C. Seis do Nadal

.

CADETE MASCULINO "A"

Adestrador: Sergio González

Inicio: luns 1 de agosto ás 16:00 horas no Col. Seis do Nadal

 

CADETE MASCULINO "B"

Adestrador: Carlos Rodríguez e Álvaro Rodríguez

Inicio: martes 6 de setembro ás 17:30 h. no C. Seis do Nadal

.

CADETE MASCULINO "C"

Adestrador: Pablo Alonso

Inicio: luns 29 de agosto ás 10:00 horas no Parque Castrelos

 

CADETE FEMININO "A"

Adestradores: Pablo Alonso e Aldara Martínez

Inicio: luns 1 de agosto ás 10:00 horas no Col. Seis do Nadal

.

INFANTIL MASCULINO "A"

Adestradores: Silvia Caíño e Óscar Álvarez

Inicio: martes 2 de agosto ás 20:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL MASCULINO "B"

Adestrador: Álvaro Rodríguez

Inicio: martes 20 de setembro ás 19:00 h. no Seis do Nadal

 

INFANTIL MASCULINO "C"

Adestradores: Diego Montenegro e Carlos García

Inicio: xoves 18 de agosto ás 18:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "A"

Adestradores: Diego Montenegro e Sandra Solano

Inicio: luns 1 de agosto ás 20:00 horas no Col. Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "B"

Adestradora: Sandra Solano

Inicio: xoves 8 de setembro ás 19:00 h. no C. Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "C"

Adestrador: Jorge Martínez e David Rodríguez

Inicio: mércores 17 de agosto ás 10:00 horas no Seis Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "A"

Adestradores: Silvia Caíño e Adrián Ferré

Inicio: mércores 24 de agosto ás 12:00 horas no Seis Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "B"

Adestrador: Abraham Vieira

Inicio: martes 20 de setembro ás 17:30 horas no Seis Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "A"

Adestradoras: Sandra Solano e Laura Abraira

Inicio: luns 22 de agosto ás 12:00 horas no Col. Celso Emilio

 

BENXAMÍN MASCULINO

Adestradora: Aldara Martínez

Inicio: luns 19 de setembro ás 16:00 horas no Seis do Nadal

 

BENXAMÍN FEMININO

Adestrador: Adrián Ferré

Inicio: luns 19 de setembro ás 16:00 horas no Seis do Nadal

 

BENXAMÍN MIXTO

Adestradora: Laura Abraira

Inicio: luns 19 de setembro ás 16:00 horas no Seis do Nadal

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

.

(O equipo Infantil Masculino "A" clasificado para a Liga 1ª División)

..

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Silvia Caíño e Óscar Álvarez, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada.

.

O conxunto do Seis do Nadal Coia xogou na Fase Previa de Clasificación ante o C. Salesianos GLP Abogados (Vigo). No partido de ida disputado no pavillón de Navia o Seis do Nadal Coia conseguía unha ampla vantaxe rematando o partido cun marcador de 68-45. O encontro de volta, tamén disputado no polideportivo de Navia, rematou con vitoria para o noso equipo certificando así a súa clasificación para a Primeira División.

 

O Infantil Masculino "A" da entidade súmase desta forma ao Infantil Feminino "A" e ao Júnior Feminino "A", equipos que xa tiñan garantizada unha praza nas Ligas de 1ª División desde a pasada tempada 2015/2016.