Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Equipos. Mostrar todas las entradas

A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA SERÁ O PRÓXIMO DOMINGO EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2019/2020.

.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2019/2020 terá lugar o próximo domingo día 15 de decembro do 2019 a partir das 12:00 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto que seguirá o formato "express" das últimas tempadas.

.

No acto se presentarán aos 27 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2019/2020 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

.

Agardámosvos a tod@s!

CHEGOU A SEGUNDA VITORIA DA TEMPADA DO NOSO SÉNIOR MASCULINO DE PRIMEIRA DIVISIÓN

(Xogadores do equipo Sénior Masculino "A" ao remate do seu partido)

..

CHEGOU A SEGUNDA !!!

..

Despois da vitoria na primeira xornada da liga, o noso Sénior Masculino "A" de Primeira División do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Syngenta Seis do Nadal, sumou a súa segunda vitoria en Cambados. Bo traballo de tódolos nosos rapaces nos cinco primeiros partidos, competindo en cada un dos mesmos!

 

SORTE! 1, 2, 3, SEIS!

O SÉNIOR FEMININO DE PRIMEIRA AUTONÓMICA DO CLUB SUMA A SÚA CUARTA VITORIA CONSECUTVIA

(Xogadoras do equipo Sénior Feminino "A" ao remate do cuarto partido)

..

4 DE 4 !!!

..

Nova vitoria do noso combinado Sénior Feminino de Primeira Autonómica do Club Baloncesto Seis do Nadal, Forbe Seis do Nadal, para sumar a súa cuarta vitoria consecutiva neste arranque da tempada 2019/20. Moitas Grazas a todos e todas polo voso apoio!

 

A SEGUIR ASÍ! 1, 2, 3, SEIS!

O SÉNIOR FEMININO DE PRIMEIRA AUTONÓMICA DO CLUB ANTE UN INMELLORABLE ARRANQUE DE LIGA

(Xogadoras do equipo Sénior Feminino de Primeira Autonómica Feminina)

..

3 DE 3 !!!

..

O combinado Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que milita na Primeira División Autonómica Feminina, Forbe Seis do Nadal, ante un inmellorable arranque da presente tempada: tres vitorias conseguidas nos seus tres primeiros partidos xogados da competición oficial.

 

A SEGUIR ASÍ! 1, 2, 3, SEIS!

O INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB CONSEGUE UNHA PRAZA NA PRIMEIRA DIVISIÓN DESTA TEMPADA 2019/2020

(O Infantil Feminino "A" xunto ás familias tras conseguir o ascenso)

..

O conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por Pablo Alonso e Abraham Vieira, superou ao Xuven de Cambados no seu Cruce Final da Fase Preiva disputado en A Estrada e consegue así unha praza na Primeira División Infantil Feminina da Federación Galega de Baloncesto desta tempada 2019/2020.

..

NORABOA A TODO O EQUIPO!

O CADETE FEMININO "A" DO CLUB XOGARÁ NA PRIMEIRA DIVISIÓN DA CATEGORÍA NO PRESENTE CURSO

(O Cadete Feminino "A" consegue o ascenso a Primeira División)

..

O combinado Cadete Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Pablo Alonso, consegue unha praza na Primeira División Cadete Feminina da Federación Galega de Baloncesto do presente curso 2019/2020 despois de ter superado ao Marín Peixegalego no Cruce Final da Fase Previa disputado en A Estrada.

..

FELICIDADES A TOD@S!

INICIOS PRETEMPADAS 2019/2020 EQUIPOS FEDERADOS CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

(A medida que se coñeza o corpo técnico da próxima tempada 2019/2020 se actualizarán os adestradores/as de cada equipo federado e as datas do inicio das pretempadas)

 

ACTUALIZADO A 12 DE SETEMBRO DO 2019

 

DIRECCIÓN DEPORTIVA

Director Deportivo: Sergio González

Coordinador Deportivo: Pablo Alonso

 

SÉNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Sergio Glez., Pablo Alonso e Andrés Álvarez

Inicio: luns 19 de agosto ás 21:30 h. no Pavillón de Navia

 

SÉNIOR MASCULINO "B" (Liga 3ª División)

Adestradores: Francisco Lamilla e Álvaro Rodríguez

Inicio: pendente de confirmar

 

SÉNIOR FEMININO "A" (Liga 1ª Autonómica)

Adestradores: Jorge Martínez e María Fernández

Inicio: venres 30 de agosto ás 21:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Francisco Javier García

Inicio: luns 2 de setembro ás 21:45 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "A" (Fase Previa Liga 1ª División)

Adestrador: Andrés Álvarez

Inicio: luns 29 de xullo ás 12:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Álvaro Rodríguez

Inicio: martes 3 de setembro ás 20:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO "A" (Liga 2ª División)

Adestrador: Francisco Javier García

Inicio: mércores 21 de agosto ás 20:00 h. no C. Seis do Nadal

 

JÚNIOR FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Pablo Estévez

Inicio: martes 17 de setembro ás 20:30 h. no C. Seis do Nadal

.

CADETE MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestrador: Sergio González e Javier Román

Inicio: luns 26 de agosto ás 16:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

CADETE MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Jorge Juan

Inicio: martes 10 de setembro ás 19:00 h. no C. Seis do Nadal

 

CADETE MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestrador: Álvaro Rodríguez

Inicio: venres 6 de setembro ás 10:00 h. no C. Seis do Nadal

.

CADETE FEMININO "A" (Fase Previa Liga 1ª División)

Adestrador: Pablo Alonso

Inicio: luns 5 de agosto ás 16:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradora: Uxía Martínez e Lucía González

Inicio: luns 9 de setembro ás 19:00 h. no Colexio Illas Cíes

.

INFANTIL MASCULINO "A" (Fase Previa Liga 1ª División)

Adestradores: Antía Rivela e Marina Feijoo

Inicio: luns 5 de agosto ás 18:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

INFANTIL MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Javier Román

Inicio: luns 16 de setembro ás 19:00 h. no Col. Illas Cíes

 

PREINFANTIL MASCULINO (Liga 1ª División)

Adestradores: Diego Montenegro e Pablo Estévez

Inicio: luns 2 de setembro ás 17:30 h. no Col. Seis do Nadal

..

INFANTIL FEMININO "A" (Fase Previa Liga 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso e Jesús Abraham Vieira

Inicio: luns 5 de agosto ás 16:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

INFANTIL FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Jesús Abraham Vieira

Inicio: martes 17 de setembro ás 19:00 h. no Col. Illas Cíes

 

PREINFANTIL FEMININO (Liga 1ª División)

Adestrador: Andrés Álvarez

Inicio: luns 9 de setembro ás 19.00 h. no Col. Celso Emilio

 

ALEVÍN MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestrador: Aalí Mohamed

Inicio: venres 6 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Brais Álvarez

Inicio: martes 17 de setembro ás 17:30 h. no C. Seis do Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradora: Sandra Solano e Marta Espantoso

Inicio: xoves 5 de setembro ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradora: Marta Espantoso e Rebeca Figueirido

Inicio: martes 17 de setembro ás 17:30 h. no C. Seis do Nadal

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB PARTICIPARÁ NA COPA DE ESPAÑA ALEVÍN EN L´ALQUERÍA DEL BÁSKET

..

(O Alevín Masculino "A" do club participará na Copa de España de MINI)

..

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, PapelYa! Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Sergio González e Brais Álvarez, participará na Copa de España Alevín, campionato con carácter oficioso organizado por MHL Sports e que se pode considerar como o Campionato de España Alevín polo número de equipos e polo seu nivel.

..

O noso equipo participará os próximos días 21, 22 e 23 de xuño do 2019 na Copa de España Alevín que se disputará nas instalacións de L´Alquería del Básket en Valencia, unha das mellores instalacións deportivas a nivel europeo.

..

O PapelYa! Seis do Nadal competirá na primeira das fases no Grupo 6 da competición xunto ao Movistar Estudiantes de Madrid e CBZ La Salle de Zaragoza. De seguro vai ser unha experiencia inesquecible e un inmellorable xeito de rematar a tempada para tódolos nosos xogadores.

..

MOITA SORTE A TODOS!

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB DISPUTARÁ A FASE FINAL A6 DA LIGA PRIMEIRA DIVISIÓN MINI MASCULINA

..

(O Alevín Masculino "A" do club disputará a Fase Final FGB A6)

..

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, PapelYa! Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Brais Álvarez, participará esta fin de semana na Fase Final A6 da Liga 1ª División Minibásquet Masculina da presente tempada 2018/2019.

..

O noso combinado continúa na loita polo título de campións galegos xunto ao Estudiantes de Pontevedra, Básket Ferrol, Baloncesto Narón, CB Tui Mascato e Pío XII Rosalía (Santiago de Compostela). A Fase Final A6 desta liga disputarase esta fin de semana, sábado 1 e domingo 2 de xuño do 2019, no Pavillón Municipal Coto Ferreiro de A Estrada.

..

O PapelYa! Seis do Nadal, segundo clasificado do grupo Sur da competición, buscará o pase ás semifinais ante o equipo Baloncesto Narón, terceiro dos clasificados do grupo Norte, nun partido de clasificación que se disputará este sábado día 1 de xuño do 2019 ás 9:30 horas. As semifinais e a final da competición se disputarán o domingo día 2 de xuño do 2019.

..

MOITA SORTE A TODOS

E NORABOA, XA ESTADES ENTRE OS

SEIS MELLORES EQUIPOS DE GALICIA!

O SEIS DO NADAL - COIA SUMOUSE Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.(Campaña de sensibilización da Xunta de Galicia polo 25N)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sumouse á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia co seu motivo da conmemoración, o domingo 25 de novembro do 2018, do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

.

Tódolos equipos do club amosaron durante os seus partidos desta xornada a mensaxe da campaña de sensibilización polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero:

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

INICIOS PRETEMPADAS 2018/2019 EQUIPOS FEDERADOS CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

(A medida que se coñeza o corpo técnico da próxima tempada 2018/2019 se actualizarán os adestradores/as de cada equipo federado e as datas do inicio das pretempadas)

.

SÉNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Albert Tomas e Sergio González

Inicio: luns 20 de agosto ás 21:30 h. no Pavillón Navia

.

SÉNIOR MASCULINO "B" (Liga 3ª División)

Adestradores: Francisco Lamilla e Álvaro Rodríguez

Inicio: xoves 27 de setembro ás 21:30 h. no Col. Seis Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "A" (Liga 1ª Autonómica)

Adestradores: Jorge Martínez e Ana Martín

Inicio: xoves 30 de agosto ás 10:00 h. no Col. Seis do Nadal

 

SÉNIOR FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Francisco Javier García

Inicio: luns 3 de setembro ás 21:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestrador: Diego Montenegro

Inicio: luns 30 de xullo ás 10:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: José Luis Nóvoa

Inicio: luns 10 de setembro ás 20:30 h. no Col. Seis do Nadal

 

JÚNIOR MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestrador: Andrés Álvarez

Inicio: mércores 29 de agosto ás 20:00 h. no Col. Seis Nadal

 

JÚNIOR FEMININO (Fase Previa 1ª División)

Adestrador: Francisco Javier García

Inicio: luns 30 de xullo ás 10:00 h. no Parque de Castrelos

.

CADETE MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestrador: Sergio González

Inicio: luns 30 de xullo ás 12:00 h. no Colexio Seis do Nadal

.

CADETE MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Álvaro Rodríguez e Laura Vilanova

Inicio: martes 18 de setembro ás 20:30 h. no Col. Seis Nadal

 

CADETE MASCULINO "C" (Liga 2ª División)

Adestrador: Carlos Rodríguez

Inicio: xoves 6 de setembro ás 18:00 h. no Col. Seis Nadal

 

CADETE FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Pablo Alonso e Uxía Martínez

Inicio: xoves 2 de agosto ás 12:00 h. no Colexio Seis do Nadal

 

CADETE FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestradores: Sandra Solano e Rebeca Figueirido

Inicio: martes 11 de setembro ás 17:30 h. no Col. Celso Emilio

.

INFANTIL MASCULINO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Antía Vega e Jorge Juan

Inicio: luns 28 de agosto ás 18:00 h. no Colexio Seis do Nadal

.

INFANTIL MASCULINO "B" (Liga 2ª División)

Adestradora: Jorge Juan e Antía Vega

Inicio: martes 18 de setembro ás 19:00 h. no Col. Seis Nadal

.

PREINFANTIL MASCULINO (Liga 1ª División)

Adestradora: Antía García e Marina Feijoo

Inicio: mércores 29 de agosto ás 18:00 h. no Col. Seis Nadal

.

INFANTIL FEMININO "A" (Liga 1ª División)

Adestradores: Andrés Álvarez e Pablo Estévez

Inicio: luns 20 de agosto ás 16:00 h. no Colexio Seis do Nadal

.

INFANTIL FEMININO "B" (Liga 2ª División)

Adestrador: Abraham Vieira

Inicio: martes 11 de setembro ás 17:30 h. no Col. Seis Nadal

 

PREINFANTIL FEMININO (Liga 1ª División)

Adestrador: Pablo Alonso

Inicio: xoves 30 de agosto ás 12:00 h. no Col. Celso Emilio

 

ALEVÍN MASCULINO "A"  (Liga 1ª División)

Adestrador: Sergio González e Brais Álvarez

Inicio: mércores 12 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis Nadal

 

ALEVÍN MASCULINO "B"  (Liga 2ª División)

Adestrador: Aalí Mohamed e Lucía González

Inicio: xoves 20 de setembro ás 19:00 h. no Col. Seis Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "A"  (Liga 1ª División)

Adestradores: Abraham Vieira e Sandra Solano

Inicio: martes 11 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis Nadal

 

ALEVÍN FEMININO "B"  (Liga 2ª División)

Adestradores: Sandra Solano e Marta Espantoso

Inicio: xoves 20 de setembro ás 19:00 h. no Col. Seis Nadal

 

CATEGORÍA BENXAMÍN (Ligas Preminibásquet)

Responsable: Pablo Alonso

Adestradores: Hugo López, Marta Espantoso e Laura Vilanova

Inicio: luns 24 de setembro ás 16:00 h. no Col. Seis Nadal

O CADETE MASCULINO "A", RECENTE CAMPIÓN DA SEGUNDA DIVISIÓN, VISITOU A CLÍNICA DENTAL ROMEO

(Xogadores e adestradores do equipo Cadete Masculino "A" xunto a Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo)

.

Os xogadores e adestradores do conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron as instalacións da Clínica Dental Romeo, empresa colaboradora da entidade, despois de proclamarse campións da Segunda División e conseguir o ascenso a Primeira División.

 

Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo, recibiu a tódolos integrantes do equipo cadete e mostroulles as instalacións da clínica despois de felicitarlles pola excelente tempada realizada e polos éxitos conseguidos recentemente.

 

 

(Os membros do Cadete Masculino "A" durante a visita á Clínica Dental Romeo)

O CADETE MASCULINO "A" DO CLUB, CAMPIÓN DA FASE, CONSEGUIU O ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN

(O Cadete Masculino "A" co trofeo de Campións da Fase de Ascenso)

..

CADETE MASCULINO "A"

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN FASE DE ASCENSO

..

O conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Clínca Dental Romeo Seis do Nadal, dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, proclamouse campión da Fase de Ascenso da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada, conseguindo con este título o ascenso a Primeira División para a próxima tempada 2018/2019.

..

(Xogadores e técnicos do Cadete Masculino "A" trala entrega de trofeos)

..

O noso conxunto, clasificado en primeira posición do Grupo Sur e cun balance de seis vitorias nos seis partidos que foron disputados, disputou a final da Fase de Ascenso ante o Club Baloncesto Artai (Carballo), primeiro clasificado do Grupo Norte co mesmo balance que os nosos.

..

O partido tivo lugar o pasado sábado 9 de xuño do 2018 ás 18:00 horas no Pavillón Fontiñas (Santiago de Compostela) e os nosos fixéronse coa vitoria cun resultado final de 59-65.

O CADETE MASCULINO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA DA SEGUNDA DIVISIÓN 2017/2018

..

(O Cadete Masculino "C" co trofeo de campión da Copa Primavera)

..

CADETE MASCULINO "C"

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Pintunova Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Hugo López, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada.

.

(O Cadete Masculino "C" do club xunto ao CB Baiona ao remate da final)

 

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo "A" cun balance de catro vitorias nos catro partidos disputados. Na final ante o Baiona Torvigo, primeiros clasificados do Grupo "B", o Pintunova Seis do Nadal conseguía proclamarse campión da competición vencende cun resultado final de 68-34 no pavillón de Navia.

.

(Xogador do equipo recollendo o trofeo de Campións da Copa Primavera)

O EQUIPO DE ADULTOS DO SEIS DO NADAL DESPEDIU A TEMPADA 2017/2018 CUN PARTIDO AMIGABLE

.

.

(O equipo de Adultos do club e o CB Vicus despois do partido)

.

Nesta recta final da tempada 2017/2018 o equipo de adultos do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despediu a presente campaña disputando un partido amigable na pista do Colexio Seis do Nadal ante o CB Vicus.

.

Na entrega de premios posterior á disputa do partido amigable de final de tempada estiveron presentes Concepción Martins e Francisca García, presidenta e secretaria do Seis do Nadal Coia, quenes entregaron as medallas aos integrantes dos dous equipos participantes.

.

 

 

(Tódolos xogadores recibindo as súas medallas ao remato do partido)