Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas

PABLO SÁNCHEZ NO III CONGRESO INTERNACIONAL DAS CIENCIAS DO DEPORTE E DA EDUCACIÓN FÍSICA

.

Os días 6, 7 e 8 de maio do 2010 celebrouse na cidade de Pontevedra o III Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Educación Física, sendo a Sexta Edición do Seminario Nacional de Nutrición, Medicina e Rendemento Deportivo.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente neste congreso representado por Pablo Sánchez, adestrador e Preparador Físico da nosa entidade, asistente ao mesmo e poñente dunha comunicación.

.

Na comunicación presentada baixo o nome de "Calentamiento dinámico en categorías formativas. Protocolo de actuación do Club Baloncesto Seis do Nadal", Pablo Sánchez, Preparador Físico da entidade, explicou o traballo físico que, nesta nova tempada 09/10, desenvolven os nosos xogadores e xogadoras.

.

Podedes acceder á comunicación pulsando na imaxe anterior da comunicación ou pulsando aquí.

SERGIO GONZÁLEZ, PONENTE DO SEGUNDO CONGRESO GALEGO DE BALONCESTO 2010 DA FGB

.

.

.

Os pasados días 15 e 16 de marzo tivo lugar o II Congreso Galego de Baloncesto en Oleiros (nas dependencias do INEF) organizado pola Federación Galega de Baloncesto.

.

Sergio González, Director Deportivo e adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi un dos ponentes deste II Congreso Galego de Baloncesto. O protagonista da ponencia de Sergio González foi o Deporte en Idade Escolar, e a "Optimización dos recursos no Seis do Nadal".

.

O luns 14 de marzo en horario de tarde o protagonismo foi para a Promoción do Deporte en idade Escolar. Nesta sección, os representates do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e Universitario de Ferrol foron os encargados de afondar no seu programa e ideario para traballar na promoción desta área do baloncesto.

.

Leopoldo Ibáñez, directivo do Universitario de Ferrol, remarcou a necesidade de que "o Deporte Escolar se fomente desde o propio centro escolar. Que se dinamice desde dentro".

.

Pola súa parte, Sergio González, Director Deportivo do Seis do Nadal, explicou con claridade todas as áreas de traballo que o club vigués desemprega para o fomento do Deporte Escolar, algo que implica "moito máis que baloncesto".

.

Grazas á colaboración da Universidade de A Coruña e da man de diferentes profesionais do Baloncesto e da vida deportiva de Galicia, a Federación Galega de Baloncesto reuniu no Salón de Actos do INEF a un total de 100 participantes.

.

Tódolos inscritos tiveron a oportunidade de escoitar e debater cun conxuto de relatores moi implicados co Baloncesto e as suás diferentes áreas. Colaboraron nesta actividade formativa destacados profesionais como son o ferrolán Antonio Pérez, adestrador do Leyma Básquet Coruña, ou o prestixioso Catedrático de Psicoloxía Deportiva da Universidade Autónoma de Barcelona, Jaume Cruz Feliu. Eles estiveron acompañados por unha completa lista de destacados traballadores a prol do basket da nosa Comunidade como é o caso do Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal, Sergio González.

.

O programa deste II Congreso do Baloncesto Galego outorgou unha nova oportunidade de reflexionar sobre o Baloncesto de hoxe en día, tanto en apartados xerais coma en puntos concretos do traballo dos adestradores.

A FGB PON EN MARCHA A SEGUNDA EDICIÓN DO CONGRESO GALEGO DE BALONCESTO NO MES DE MARZO

.

Co obxectivo de ofrecer unha nova situación na que debater sobre a realidade actual do baloncesto, a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Universidade de A Coruña, organiza o II Congreso Galego de Baloncesto.

.

Os vindeiros días 15 e 16 de marzo, nas dependencias do INEF de A Coruña, xuntaranse diferentes profesionais do mundo do Baloncesto e do Deporte en xeral que repasarán varias áreas temáticas de actualidade.

.

A actividade iniciarase o luns día 15 cunha mesa redonda sobre o baloncesto feminino en Galicia. Nesta estarán implicados os directivos de diferentes entidades adicados en exclusiva a esta categoría. Así, daranse cita o directivo e fundador do C.D. Ensino, Fernando Fernández Allende, os directivos do C. B. Pontumio, Armando e Luis Otero Roberes, e por parte do C.B. Femenino Sil, José Luis Gómez Álvarez.

.

Posteriormente, o II Congreso de Baloncesto Galego contará tamén coa presenza do destacado Catedrático de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona e Director do Máster en Psicoloxía desta institución, Jaume Cruz Feliu. Os "Estilos de Comunicación dos Adestradores" protagonizarán a súa comunicación, tras a cal realizarase un xantar de traballo.

.

A quenda vespertina virá determinada pola Promoción do Deporte en Idade Escolar. Neste caso, a FGB conta coa colaboración do Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete, quen encabezará as ponencias sobre esta temática.

.

Tras a súa intervención terán oco os relatos do directivo do CB Universitario de Ferrol, Leopoldo Ibáñez, así como do Director Deportivo do C.B. Seis do Nadal - Coia, Sergio González.

.

Sergio González, Director Deportivo e adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, será un dos ponentes deste novo Congreso do Baloncesto Galego na área temática da Promoción do Deporte en Idade Escolar. A súa ponencia versará sobres a "Optimización dos recursos no deporte escolar".

.

O II Congreso de Baloncesto celebrará o día 16 de marzo a súa segunda xornada que contará coa participación do adestrador do Básquet Coruña, Antonio Pérez, e do profesor de Baloncesto da Facultade de Ciencias do Deporte da UDC, Antonio Montero.

.

As intervencións, que xirarán en torno ao adestramento por obxectivos e o adestramento do lanzamento, respectivamente, virán precedidas pola exposición dunha serie de traballos realizados con respecto ao Congreso e cuxa presentación a concurso está aberta a todo aquel que o desexe.

.

Os interesados en formalizar a súa inscrición neste Congreso Galego de Baloncesto poderán facelo, antes das 12:00 horas do día 8 de marzo, achegando o formulario de inscrición por mail (eventos@fegaba.com), fax (981566066) ou en persoa á Federación Galega de Baloncesto.

.

A participación neste II Congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto.

.

A asistencia á primeira xornada completa deste II Congreso poderá validarse como 8 horas de formación continua para os alumnos da Escola Galega de Adestradores que se atopen realizando os cursos de Nivel 1 e Nivel 2.

A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO CONVOCA O XXXIV CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR

A Federación Española de Baloncesto, coa colaboración da Federación Autonómica Vasca convoca o XXXIV Curso de Adestrador Superior que se celebrará, ao igual que na última edición, en San Sebastián.

Trátase dun curso con carácter federativo pero, igualmente, levaranse a cabo os trámites pertinentes para tentar obter a súa aprobación administrativa e neste suposto poder optar as convalidacións e homologacións das Titulacións Académicas de Técnico Deportivo Superior en Baloncesto estipuladas no Real Decreto 1363/2007 do 24 de outubro ( BOE 08.11.07) e no Real Decreto 234/2005 de 4 de marzo (BOE 26.03.05).

A XXXIV Edición do Curso de Adestrador Superior comprende o ámbito nacional e estipula unha carga lectiva total de 755 horas. Establece un formato semipresencial ao que é preciso engadir o periodo de Prácticas e o Proxecto Final. Esta carga lectiva axústase ao Decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

O currículo correspondente a este Curso Superior (Nivel 3) estará conformado por bloques de traballo: un Bloque de Carácter Científico e Técnico Xeral, un Bloque Especifico de Baloncesto, un Bloque Complementario (tecnoloxía e idioma), un de Formación Práctica e o Proxecto Final.

Tódolos interesados e interesadas en realizar a preinscrición neste curso de adestrador de Nivel 3 deberán cumplimentar o modelo de inscrición pulsando aquí e entregalo cuberto na súa Federación Autonómica antes do 1 de marzo do 2010.

Os requisitos de Preinscripción do Curso obrigan a ser maior de 18 anos e estar en posesión da titulación de Nivel 2, coas prácticas rematadas. Así mesmo, coa preinscrición deberase remitir o currículo académico e deportivo, co que se tomará a decisión de matriculación.

SERGIO GLEZ. E PABLO SÁNCHEZ NO V CONGRESO DO DEPORTE E EDUACIÓN FÍSICA DE PONTEVEDRA

Os días 7, 8 e 9 de maio do 2009 celebrouse na cidade de Pontevedra o V Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e da Educación Física "A importancia da Educación Física no sistema educativo español".

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente neste congreso representado por Sergio González e Pablo Sánchez, Director Deportivo e Preparador Físico da entidade, asistentes ao mesmo e poñentes de dúas comunicacións.

Sergio González expuso unha comunicación titulada "Linco, unha nova perspectiva da competición escolar" na cal presentou aos asistentes á mesma a Liga Interna de Colexios que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia leva organizando desde a tempada 2002/03.

A comunicación exposta por Pablo Sánchez, Preparador Físico da entidade, titulábase "O desenvolvemento físico en minibásquet. Proposta metodolóxica do Club Baloncesto Seis do Nadal", comunicación na que se explicou o traballo físico que, nesta tempada 2008/09, desenvolveron cos xogadores e xogadoras da entidade.

Podedes consultar ás comunicacións nos seguintes enlaces:

- "LINCO, unha nova perspectiva da competición escolar"

- "O desenvolvemento físico en minibásquet. Proposta metodolóxica do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia"

V CONGRESO NACIONAL DE CIENCIAS DO DEPORTE E EDUCACIÓN FÍSICA

Tralo continuo crecemento, tanto en calidade como en cantidade, deste evento xa instaurado en Pontevedra e coa demanda percibida entre os que asisten ano tras ano ao mesmo, o comité organizador do congreso organizará unha nova edición baixo o título V Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e da Educación Física "A importancia da Educación Física no sistema educativo español".

O evento pretende ser o centro de reunión dos distintos profesionales do ámbito deportivo e educativo que diariamente traballan por todo o territorio peninsular e Europeo. O pasado ano alcanzouse a cifra de 400 participantes, batendo novamente o récord de participación.

No congreso estiveron representadas 45 provincias españolas e as súas respectivas universidades, así como diversos países, como Venezuela, Italia, Brasil, ademais do nutrido grupo de portugueses que cada ano asisten a este congreso. Asemesmo presentáronse aproximadamente 150 traballos de investigación a través de pósters e comunicacións orais.

A V Edición do Congreso Nacional de Ciencias do Deporte y Educación Física presenta novamente 6 áreas temáticas: Saúde, Educación Física, Ocio e tempo libre, Rendemento, Xestión e Ciencias Sociais.

O congreso está principalmente destinado a persoas que traballan a diario dentro de calquera das diferentes vertientes do ámbito deportivo xa sexan docentes en Educación Física, adestradores, monitores, xestores, animadores, estudantes, ou pertenzan a outros ámbitos como son o campo da medicina deportiva, fisioterapeutas, médicos, nutricionistas, farmacéuticos, enfermeiros, psicoloxía, socioloxía, pedagoxía, etc.

Continuando co éxito logrado o pasado ano, ofertaranse 12 cursos de especialización para profundizar en materias específicas que gozan de certo interese e actualidade.

Unha vez máis Pontevedra convertirase nun dos referentes de distintos profesionais das Ciencias da Actividade Física e do Deporte, dando lugar a un sinfín de coñecementos técnicos e científicos sobre o deporte e un gran número de experiencias vivenciadas por profesionais de diversos ámbitos procedentes de numerosas universidades e centros de traballo de todo o mundo.

O Congreso terá lugar os días 7, 8 e 9 de maio do 2009 en horario de mañá e tarde (09:00 - 14:30 h. e 16:00 - 21:30 h.), cunha carga lectiva de 33 horas.

Para inscribirse a este congreso ou para obter máis información sobre o mesmo pulsar aquí.

I CONGRESO GALEGO DE BALONCESTO EN IDADE ESCOLAR

A Federación Galega de Baloncesto presentou na mañá do pasado luns 9 de marzo o "I Congreso Galego de Baloncesto en Idade Escolar" actividade que se celebrará o vindeiro 23 de marzo no salón de actos do Hotel Torres de Compostela (Santiago de Compostela).

A Federación Galega de Baloncesto organizará esta actividade o vindeiro 23 de marzo co obxectivo primordial de potenciar o baloncesto en idade escolar como "escenario natural da aprendizaxe social dos nenos e nenas".

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, acompañado polo Profesor de Baloncesto da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña, Antonio Montero; polo Director das Escolas Básket Xiria, Víctor Melini, e por Pepe Casal, introduciron os pormenores desta actividade, que achegará a Compostela a diferentes profesionais de ampla experiencia no campo do Baloncesto e, en especial, do traballo no ámbito Escolar.

Antonio Montero remarcou o valor do "I Congreso Galego de Baloncesto en Idade Escolar" xa que "permite o intercambio de experiencias positivas desenroladas en Galicia en diversos ámbitos do Baloncesto: clubs, adestradores, árbitros e directivos".

Montero salientou tamén a importancia dos relatores que participarán no Congreso, encabezados por Joan Montes Pérez, responsable do Baloncesto de Base do F.C. Barcelona. Así, o conxunto dos convidados ofrecerán unha completa visión sobre catro áreas Fundamentais: a iniciación deportiva en Baloncesto, as actuacións nos clubs de éxito, a formación dos directivos e a captación e formación de árbitros.

Todos os interesados en formalizar a súa inscrición neste "I Congreso Galego de Baloncesto en Idade Escolar" poderán facelo, antes do día 16 de marzo, achegando o formulario de inscrición por mail, fax (981566066) ou en persoa á Federación Galega de Baloncesto. A participación no congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto.

A asistencia completa a este congreso poderá convalidarse como 7 horas de formación práctica presencial para os alumnos da Escola Galega de Adestradores que se atopen realizando os cursos de nivel 1 e nivel 2.

Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto anunciou tamén a posibilidade, aínda sen confirmar, da obtención dun crédito de libre configuración na Universidade da Coruña pola presenza completa no Congreso.

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE ADESTRADOR DE PRIMEIRO E SEGUNDO NIVEL

A Escola Galega de Adestradores amplía ata o vindeiro venres 27 de marzo o prazo de inscrición correspondente aos seus Cursos de Formación de Primeiro e Segundo Nivel.

Deste xeito, todos os interesados en formar parte destas iniciativas de formación poderán realizar a súa inscrición, ata o día 27, conforme aos requisitos xa establecidos nas convocatorias iniciais de ambos os cursos.

Así mesmo, a Escola Galega de Adestradores comunica que poderán formalizar a súa preinscrición no Curso de Segundo nivel todos aqueles alumnos e alumnas que teñan realizado o curso de primeiro nivel a pesares de que non teñan rematadas as prácticas do mesmo.

Podedes acceder ás convocatorias iniciais e aos formularios de inscrición dos Cursos de Formación de Primeiro e Segundo Nivel pulsando aquí.

CURSO DE ADESTRADOR DE INICIACIÓN DA DELGACIÓN VIGUESA

A Delegación Viguesa de Baloncesto xa coñece as datas para o seu Curso de Iniciación da Escola Galega de Adestradores.

 

Estas datas sinaladas son o 22 de febreiro, e os días 1, 8 e 15 de marzo. Así mesmo, a sede do curso será o Pavillón Municipal de Porriño que acollerá as clases en horario de 9:30 a 20:00 horas.

 

Este curso ten carácter federativo, se ben se levarán a cabo os trámites pertinentes para obter a súa aprobación administrativa e que sexa revalidad como parte do Curso Inicial de Grado Medio.

 

Para a superación deste curso é imprescindible a presenza física do alumno, superar as diferentes probas de cualificación que se realicen en cada materia, así como presentar satisfactoriamente os traballos que se soliciten por parte do profesorado.

SAN SEBASTIÁN, SEDE DO XXXIII CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR

A Federación Vasca de Baloncesto organizará o XXXIII Curso Presencial de Adestrador Superior 2009.

A Federación Española de Baloncesto designa San Sebastián como sede para a fase presencial do XXXIII Curso de Adestrador Superior 2009, actividade que se desenrolará entre o 17 e o 31 de xullo.

O Pavillón Bentaberri e o Campus Universitario "Universidad do País Vasco" acollerán o desenrolo desta parte presencial do curso, cuxo prazo de inscrición remata o vindeiro día 20 de febreiro. Pola súa banda, o aloxamento dos alumnos terá lugar na Residencia Universitaria Olarain.

O XXXIII Curso de Adestrador Superior 2009 celebrará a súa fase non presencial entre o 1 de marzo e o 30 de xuño. Posteriormente, entre o 17 e o 31 de xullo, tocará a quenda da Fase presencial coa estancia, xa indicada, na cidade de San Sebastián.

Finalmente, a fase do proxecto comprenderá entre o 1 de agosto e o 20 de decembro e a definitiva fase de prácticas estenderase entre o 1 de outubro e o 31 de maio do ano 2010.

Podedes acceder ao boletín de preinscrición do XXXIII Curso de Adestrador Superior 2009 pulsando aquí.

DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE CONVOCA UNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA MONITORES/AS

A Dirección Xeral para o Deporte convoca unhas xornadas de formación en ensinanzas deportivas baixo o título "O adestramento en equipos de Formación".

O obxectivo destas xornadas é coñecer os métodos de adestramento en iniciación e perfeccionamento deportivo nos de portes de equipo (fúbtol, balonmán, baloncesto, ...) da man de técnicos de recoñecida experiencia e, sobre todo, coñecer o funcionamento e organización de equipos de base.

Os cursos celebraranse os próximos días 29 e 30 de xaneiro no salón de actos do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

 

Nestes cursos intervirán Moncho López (Seleccionador de baloncesto de Portugal), Vicente Rodríguez "Cholas" (Ex-seleccionador español feminino de baloncesto), Modesto Augusto (Ex-adestrador do Teucro e do BM Cangas na Liga Asobal e actual responsábel do BM Porriño) e Julio Garganta (profesor de fútbol da Universidade de Porto) entre outros.

A data límite de inscrición, que é gratuita, é o 22 de xaneiro e o número de prazas que se convocan son 70 para adestradores e cúbrense por orden de inscrición.

Na web da Dirección Xeral para o Deporte podedes consultar a totalidade da información e a Ficha de inscrición.

A FGB PUBLICA AS BOLSAS 08/09 DOS CURSOS DE ADESTRADORES

A Federación Galega de Baloncesto en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte outorgará unha achega de 5.000 € para Bolsas nos diferentes Cursos de Adestradores organizados pola Escola Galega de Adestradores e realizados durante a tempada 2008/09.

 

Estas axudas dirixiranse aos adestradores das zonas rurais e ás mulleres.

 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA MULLERES:

Axudarase con:

 

1. Desconto do 50% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación ou similar que se realicen.

2. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 1 ou similares que se realicen.

3. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 2 ou similares que se realicen.

 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA ADESTRADORES DE ZONAS RURAIS:

 

Co fin de facilitar o acceso a adestradores de zonas rurais aos Cursos de Iniciación, no caso de que estes se impartan a máis de 20 km. da localidade onde está inscrito o Club no que colabora nesta tempada:

 

Outorgaráselles bolsa con:

 

1. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación ou similar que se realicen.

 

Esta axuda é independente da anterior, podéndose, no caso das mulleres, beneficiarse das dúas axudas, co que obterían o 80% de desconto.

NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA ADESTRADORES E MONITORES

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, convoca para esta nova tempada 2008/09 novos cursos de formación para adestradores e adestradoras: Iniciación, Nivel I e Nivel II.

Pódense consultar as diferentes Convocatorias para cada un dos cursos, os cales presentan características, información e requisitos particulares pulsando aquí. Así mesmo, no enlace podedes descargar os modelos de inscrición precisos para cada un deles.

Para inscribirse nalgún dos cursos ou para obter máis información debedes poñeros en contacto con Sergio González, Director Deportivo del Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ou enviar un correo electrónico ao e-mail da entidade baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.