Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas

PREPARADOS LISTOS XA! PROGRAMA DE FORMACIÓN DEPORTIVA DESDE O CONCELLO DE VIGO

.

A Concellería de Deportes do Concello de Vigo está desenvolvendo un programa de Formación no ámbito deportivo orientado fundamentalmente aos e ás responsables de xestións e funcionamento das entidades deportivas da cidade, dirixido a complementar todos os coñecementos sobre cuestións fundamentais vinculada coa xestión económica, administrativa e de recursos humanos.

.

Na Concellería de Deportes, conscientes da evolución de todas as esixencias normativo-legais establecidas pola lexislación vixente e coñecedores das dificultades que estas supoñen en xeral, deseñouse un ciclo de tres xornadas de formación, no Verbum, nas que se afondará osbre cuestións fundamentais:

 

- A Fiscalidade nas entidades deportivas (02/12/2013)

 

- A xestión de RRHH nas entidades deportivas (09/12/2013)

 

- A xestión administrativa en entidades deportivas (16/12/2013)

 

Estas xornadas serán impartidas por especialistas en cada unha das materias, que poderán, ademais de expoñer os seus temas de referencia, responder as dúbidas que os asistentes poidan formular.

 

Este programa, promovido e dinamizado desde a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, vaise desenvolver no Museo Verbum os vindeiros días 2, 9 e 16 de decembro do 2013 entre as 19.30 horas e as 21:30 horas, e están invitadas todas aquelas persoas vinculadas a entidades deportivas da cidade que teñan interese en participar na iniciativa.

O CURSO DE INICIACIÓN PARA ADESTRADORES/AS CHEGA A VIGO O PRÓXIMO MES DE DECEMBRO

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto organizará un Curso de Iniciación dirixido a Adestradores e Adestradoras de Baloncesto os próximos días 1, 6, 7 e 8 de decembro, datas para impartir as clases teóricas a celebrar nas instalacións do Colexio Maristas.

.

Son un total de 35 horas lectivas de carácter presencial baixo a estrutura habitual de materias deseñada pola área deportiva da Federación Galega de Baloncesto. Tódolos detalles que determinan a programación concreta desta nova convocatoria pódense consultar pulsando aquí.

.

Os requisitos básicos que se requiren son: cumprir os 15 anos durante a tempada de realización do curso de iniciación e aboar previamente ao inicio do curso a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación diplomas, documentación do curso e material didáctico.

.

Baixo estas premisas, tódolos interesados deberán remitir a súa solicitude de inscrición ata o próximo 27 de novembro a través da propia Delegación Viguesa de Baloncesto.

A FEDERACIÓN GALEGA ORGANIZA A "I XORNADA DE HARMONIZACIÓN DO MINIBÁSQUET GALEGO"

 

A Federación Galega de Baloncesto presentou estes días a súa "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego", un novo xeito de fomentar entre todos un modelo xenuíno de traballo para a categoría minibásquet.

.

Unido aos diferentes actores que día a día traballan xunto aos xogadores e xogadoras máis novos da nosa Comunidade, a Área deportiva da Federacíon Galega de Baloncesto promove a "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego". Marcada no calendario para o próximo día 17 de marzo do 2013, esta cita especial moverá os seus focos entre as múltiples facetas nas que habita o Minibásket Autonómico.

 

A través desta iniciativa, as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, converteranse en todo un día no epicentro desta modalidade deportiva, que será revisada desde diferentes perspectivas co obxectivo de afondar na súa "harmonización".

 

O adestramento, a metodoloxía, a formación e o aspecto psicolóxico serán os vértices desde os que adentrarse na súa análise e que darán pé ao sempre enirquecedor debate.

 

Sexta convocatoria "Aula Formativa Adestrado Galego"

 

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" chega ao mes de marzo coa oferta renovada da súa sexta charla teórico práctica. Nesta ocasión, ao temón estará o técnico Darío Méndez, e a súa será unha intervención incluída no marca da
"I Xornada da Harmonización do Minibásket Galego".

 

A nova exposición teórica a cargo do adestrador galego Darío Méndez terá lugar ás 18:30 horas do próximo 17 de marzo do 2013 en Santiago de Compostela, no Colexio Manuel Peleteiro, e terá a responsabilidade de pechar o programa da xornada co "Un contra un en Minibásket".

 

A inclusión desta nova "aula formativa" dentro da "I Xornada de Harmonización do Minibásket Galego" abre diferentes vías de inscirción e participación para os intersados en tomar parte. Tres son as opcións que a Federación Galega de Baloncesto facilita e que se poden consultar pulsando aquí.

A AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO RETOMA A SÚA ACTIVIDADE EN CAMBADOS COA CUARTA CHARLA

 

A Federación Galega de Baloncesto e o Obradorio CAB retoman neste novo ano 2013 o pulso do seu proxecto común: a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Ambas institucións activan a cuarta charla dentro deste marco, a celebrar o próximo domingo día 27 de xaneiro do 2013 en Cambados.

.

Nesta ocasión os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez compartirán cos asistentes as súas experiencias en torno a dúas temáticas sempre de interese: "o scouting aplicado ao adestramento" e "as claves para dirixir un gupo", respectivamente.

.

Inscrición

 

A nova sesión impartirase a partir das 17:00 horas do indicado domingo día 27 de xaneiro do 2013 no pavillón de O Pombal (Cambados). Manuel Felpeto será quen inaugure dita charla, dando paso ás 18:30 horas á quenda de Rubén Domínguez.

 

Como en todo o ciclo de charlas propostas ata o momento pola Federación Galego de Baloncesto e o Obradoiro CAB, a participación é totalmente aberta e de balde, unicamente precisando que os interesados envíen os seus datos persoais a adestradores@fegaba.com.

 

A presenza nesta activdade poderá validarse por cinco horas de formación práctica para todos aqueles alumnos e alumnas dos Cursos de Adestradores de Nivel I e Nivel II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL ORGANIZOU UNHA NOVA CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS EN COIA

 

 

 

 

O pasado venres día 26 de outubro do 2012 organizouse nas instalacións do Colexio Seis do Nadal unha nova charla de "Primeiros Auxilios" organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal en colaboración con Protección Civil, despois do éxito da primeira quenda celebrada a semana anterior.

.

Nesta quenda un grupo de adestradores/as, membros da Xunta Directiva e un grupo de pais e nais da entidade asistiron a dita charla na que se trataron os conceptos básicos dos primeiros auxilios a través dunha primeira parte teórica que deixou paso a unha segunda parte na que tódolos asistentes puideron levar á práctica ás técnicas básicas explicadas anteriormente.

A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO ACTIVA OS CURSO DE INICIACIÓN DA TEMPADA 2012/2013

 

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, activa a convocatoria dos seus Cursos de Iniciación 2012/2013, articulando unha estrutura formativa que irá crecendo ao longo da  presente tempada.

 

As delegacións zonais da Federación Galega de Baloncesto serán as encargadas de canalizar en gran parte este proceso que contará, en calquera dos casos, con 35 horas de carácter presencial e determinadas esixencias non presenciais.

 

Todos aqueles interesados en acometer este proceso formativo non deben perder de vista os seguintes resquisitos básicos:

 

Sede

 

Localidades das propias Delegacións Zonais, sempre que haxa un mínimo de 15 preinscricións en cada zona.

 

Datas

 

As datas concretas de cada curso faranse públicas, en cada caso, a través das Delegacións correspondentes e da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.

 

Requisitos

 

- Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso

- Realizar a preinscricióin previa á celebración do curso

- Pago da cota de preinscrición

 

Cota

 

Son 200 Euros a abonar por transferencia bancaria á conta 2100 1455 14 0200227406, indicando: nome persoal completo e nivel do curso.

 

Documentación

 

O formulario de inscrición permanece disponible para todos os interesados no apartado Adestradores-Formación da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.

O CORPO TÉCNICO DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA ASISTE A UNHA CHARLA SOBRE PRIMEROS AUXILIOS

 

 

 

O pasado venres día 19 de outubro do 2012 organizouse nas instalacións do Colexio Seis do Nadal (Coia) unha charla de "Primeiros Auxilios" organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en colaboración con Protección Civil.

.

Un grupo de adestradores/as do corpo técnico e membros da Xunta Directiva da entidade asistiron a dita charla na que se trataron os conceptos básicos dos primeiros auxilios a través dunha primeira parte teórica que deixou paso a unha segunda parte na que tódolos asistentes puideron levar á práctica ás técnicas básicas explicadas anteriormente.

ACTÍVASE A "AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO" DAS MANS DO TÉCNICO MONCHO FERNÁNDEZ

 

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB poñen en marcha no presente mes de outubro a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Estas dúas entidades, xa citadas, suman obxectivos e esforzos para dar saída a esta novidosa iniciativa, que abrirá o seu camiño o vindeiro domingo 28 de outubro do 2012 co técnico do propio club santiagués, Moncho Fernández, como protagonista.

.

A entidade federativa e o equipo da capital galega inauguran esta proposta formativa, de carácter práctico e orientada a tódolos adestradores galegos de calquera idade, coa intención de achegar unha plataforma de formación continua e debate para os técnicos da nosa terra.

.

Moncho Fernández, será a referencia da primeira acción que se levará a cabo neste marco. O técnico de Compostela será o conductor dunha charla titulada "Construcción da Defensa do Pinck an Roll. Metodoloxía". A súa sobrada experiencia nos banquillos e o seu amplo coñecemento do xogo configuran a base perfecta para dar forma á súa intervención.

 

A cita en cuestión esta programada para as 12:00 horas do vindeiro domingo 28 de outubro do 2012; sendo o Pavillón de Pontepedriña a localización escollida para tal fin. O proceso de inscrición está xa aberto.

 

Inscrición

 

A participación nesta primeira charla da "Aula Formativa" pode solicitarse, completamente de balde, a través da Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto. Así, os interesados en inscribirse poden enviar os seus datos persoais ao enderezo adestradores@fegaba.com.

 

A súa presenza, no caso de formar parte na actualidade dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II, poderá ser validada por 3 horas de formación práctica.

IV XORNADAS DE DIDÁCTICA E FORMACIÓN NO BALONCESTO: 25 E 26 DE MAIO DO 2012 EN VILAGARCÍA

 

O ciclo de ensinanza deportiva de baloncesto do IES Bouza Brey organiza un ano máis o seu clínic e que se celebrará os próximos días 25 e 26 de maio no Pavillón Municipal de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). A actual edición servirá como aperitivo ao XIV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino que se celebrará entre o 27 de maio e o 2 de xuño entre a propia Vilagarcía de Arousa e Marín.

.

Por cuarta ocasión consecutiva, desde o Ciclo de Baloncesto do IES Bouza Brey ofrécese a posibilidade de poder participar nas súas Xornadas Formativas, actividade co bloncesto como epicentro e que agrupará a un atractivo cartel de expertos e profesionais de permanente actualidade.

 

O cartel das xornadas formativas contará con Porfirio Fisac, actual adestrador do Fuenlabrada; Moncho Fernández, ao temón do Obradoiro; Carlos Colinas, adestrador do RC Celta de Vigo de Liga Feminina; Lluis Arbalejo, Director Técnico e adestrador do CD Alcázar de Mahón (Menorca); e Víctor Pérez, axudante de Moncho Fernández no Obradoiro.

 

A inscrición realizarase baixo pago dunha cuota de inscrición de 10 euros no número de conta 2080-1073-32-3040002470. Os documentos acreditativos deste ingreso deberán remitirse ao enderezo eletectrónico cursobaloncesto@gmail.com.

 

Os adestradores/as que esten a realizar os Cursos de Nivel I e Nivel II da Federación Galega de Baloncesto poderá validar a súa presenza nestas IV Xornadas de Formación por un total de 8 horas.

FERNANDO ROMAY E JOSÉ MANUEL BEIRÁN ACHEGAN A GALICIA O PROGRAMA SOCIAL "VÍA DEPORTIVA"

.

Os ex-xogadores internacionais Fernando Romay, a súa vez Director de Relacións institucionais da Fundación FEB 2014, e José Manuel Beirán ofrecerán o vindeiro venres día 17 de febreiro do 2012 na cidade de Santiago unha interesante charla-coloquio que canalizará as potencialidades formativas que o baloncesto ofrece aos nosos fillos/as e xogadores/as.

.

Este relatorio, dirixido principalmente a pais, nais e técnicos, virá seguido da proxección dun vídeo, a reflexión grupal das cuestións postas sobre a mesa e un debate sobre as posibles inquedanzas ou dúbidas de todos os alí presentes.

.

A cita compostelá suma unha parada máis á nova e positiva traxectoria que o Programa "Vía Deportiva" veu trazando ao longo de toda España en diferentes vilas e cidades, nas que a resposta de pais, nais e adestradores/as foi excelente.

.

A convocatoria galega está marcada para o venres día 17 de febreiro a partir das 20:00 horas no Hotel NH Obradoiro. A asistencia á mesma será completamente libre e de balde, poñendo ao alcance de todos e todas unha boa oportunidade de compartir opinións sobre temas sempre de referencia como son o deporte e a educación en valores.

.

O único requisito para poder achegarse a coñecer en persoa as experiencias de Romay e Beirán é a confirmación previa de assitencia, a cal deberá facerse a través do correo electrónico didacticaparapadres@feb.es.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA XXXVI EDICIÓN DO CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR

(Alumnos/as da XXXV edición do Curso de Adestrador Superior en Zaragoza)

.

A Federación Española de Baloncesto, e coa colaboración da Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca oficialmente o XXXVI Curso de Adestrador Superior. Este Curso ten carácter Federativo e a Fase Non Presencial arrincará o día 13 de abril e prolongarase ata o 9 de xullo. A Fase Presencial terá lugar en Zaragoza de 14 ao 19 de xullo do 2012.

.

A Carga Lectiva total do curso é de 750 horas nun formato Semipresencial onde haberá un Bloque de Carácter Científico Técnico Xeral, un Bloque Específico de Baloncesto, un Período de Prácticas e o Proxecto Final.

.

Coñecido o calendario e o volume de traballo, todo aquel que desexe ser Adestrador Superior de xa ten o prazo de inscrición aberto para apuntare na nova edición.

.

Tódalas presinscricións deberán ter entrada na Federación Española a través das Federacións Autonómicas, tendo como último día, o día 4 de abril do 2012. No caso galego deberán enviarse vía mail á dirección adestradores@fegaba.com. Os requisitos mínimos para realizar a preinscrición de xeito óptimo son os seguintes: ser maio de 18 anos e estar en posesión do título de Segundo Nivel coas prácticas finalizadas.

.

A matrícula do curso é de 925 euros onde están incluídas as taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, a docencia, a atención titorial, a certificación de diplomas, a documentación do curso e material didáctico.

.

Unha vez cumprimentado todo dito proceso de inscrición, a Escola Nacional de Adestradores notificará a lista de alumnos admitidos para esta XXXVI edición do Curso. A data concreta da publicación, a publicar nas Federacións Autonómicas e na web da propia Federación Española, é a do día 10 de abril.

 

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA PRESENTE NO CURSO DE INICIACIÓN DA DELEGACIÓN EN VIGO DA FGB

.

Os días 3, 4, 6 e 8 de decembro do 2011 organizouse un Curso de Iniciación de adestradores/as no Colexio Maristas da Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto.

 

Coa participación dun total de 34 alumnos e alumnas e un completo grupo de profesores, a formación estendeuse durante as catro xornadas do curso que se organizou nos primeiros días do mes de decembro.

 

Dúas monitoras e unha xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recibiron as formacións impartida no primeiro Curso de Iniciación desta tempada 2011/12. Sandra Solano e Sabela Solla, monitoras actuais da nosa entidade, e Sandra Cacheda, xogadora de categoría júnior, entran deste xeito no grupo de técnicos titulados da entidade deportiva de Coia.

.

O III CONGRESO DO BALONCESTO GALEGO POSTO EN MARCHA POLA FEDERACIÓN GALEGA BALONCESTO

.

Unha tempada máis, e xa van tres, a Federación Galega de Baloncesto ofrece unha nova posibilidade de debater sobre a realidade actual do Baloncesto. Así, e en colaboración coa Universidade de A Coruña, convoca para o vindeiro día luns 28 de marzo do 2011 o III Congreso Galego de Baloncesto.

.

Na data sinalada, en Santiago de Compostela e co Hotel Eurostar San Lázaro como sede, reunirá a un importante carte de relatores, que encabezados polo actual Seleccionador Nacional Absoluto, Sergio Scariolo, e polo adestrador con máis encontros ACB nos seu haber, Aíto García Reneses, parlamentarán sobre a formación do xogador profesional.

.

Precisamente, será o adestrador italiano quen inicie (ás 09:45 horas) coa súa intervención este novo III Congreso Galego de Baloncesto. Scariolo abrirá a xornada de traballo cunha distendida charla debate sobre "o que un xogador precisa para converterse en profesional".

.

Acto seguido, e coa mesma liña temática, tomarán a palabra Carlos Colinas, director deportivo do C.D. Bosco e actual seleccionador Español feminino U19; e un represetante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O adestrador céltico falará sobre a súa dilatada experiencia no traballo coas xogadoras de base e coas xogadoras sénior, mentres que o representante da Secretaría Xeral exporá a situación do Baloncesto no ámbito do Deporte Escolar.

.

Finalmente, para pechar a quenda da mañá poderase desfrutar da intervención teórica de Aíto García Reneses. O madrileño, medalla de prata coa Selección Española en Pekín 2008, compartirá cos asistentes a súa ampla visión do proceso de crecemento dun xogador ata a súa chegada a profesional de elite. A charla de Aíto García levará por título "Como se sacan xogadores? Desde Andrés Jiménez a Ricky Rubio".

.

.

Tempo para o debate

.

O III Congreso Galego de Baloncesto traerá consigo tamén un oco para o debate e a posta en conxunto de impresións e ideas.

.

Este virá dado, xa en horario de tarde, e cunha mesa redonda da que formarán parte os propios Aíto e Colinas, xunto a destacados profesionais do baloncesto galego como o son Susana García Senra, adestradora axudante no Real Club Celta Indepo de Liga Feminina; Antonio Montero, profesor de Baloncesto na Facultade de Ciencias do Deporto da UDC; e Yago Casal, Director Deportivo da Federación Galega de Baloncesto. Todos eles tomarán a palabra nun foro de carácter aberto no que tamén poderá tomar parte o público asistente a este III Congreso.

.

Inscrición e participación

.

Coñecido o atractivo programa do III Congreso de Baloncesto, tódolos interesados en formalizar a súa inscrición no mesmo poderán facelo ata o vindeiro 25 de marzo achegando o preciso formulario de inscrición e o xustificante de ingreso da cota por mail (eventos@fegaba.com), ou por fax (981566066) á propia Federación Galega de Baloncesto.

.

A participación no congrseo terá un custo de 15 € para todos os que desexen asistir só a súa parte teórica, ou de 25 € para aquelas persoas (con límite de 50 prazas) que desexen formar parte, a maiores, dun xantar a compartir cos relatores.

.

Así mesmo, a asistencia completa a este III Congreso poderá validarse por 6 horas de formación continua para os alumnos da Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Balonceseto que se atopen realizando os cursos de nivel 1 e nivel 2.

A ESCOLA GALEGA ADESTRADORES DA FGB CONVOCA CURSOS DE FORMACIÓN DE NIVEL 1 E NIVEL 2

.

A Federación Galega de Baloncesto, a través do que é a súa Escola Galega de Adestradores, convoca os seus Cursos de formación para Adestradores de Nivel 1 e de Nivel 2, correspondentes á tempada 2011/2012.

.

Ambos os cursos programados presentan, como é habitual, unha serie de características, requisitos e datos particulares para tramitar a inscrición que, para un mellor coñecemento dos mesmos, poden ser consultados nos documentos oficiais de convocatoria na web da Federación Galega de Baloncesto ou pulsando aquí.

.

Así mesmo, pulsando aquí se pode descargar o modelo de inscrición propio para cada un destes Cursos, os cales se celebrarán, por cuarto ano consecutivo, en concentración na súa fase presencial e nunha única sede que será Santiago de Compostela.

ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR A CURSAR EN ZARAGOZA

.

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca o XXXV Curso de Adestrador Superior. Este curso ten un carácter federativo. Non entanto, levarán a cabo os trámites pertinentes tanto no CSD, coma co seu Goberno Autonómico correspondente para intentar obter a aprobación administrativa, e neste suposto, poder optar ás validacións, ás equivalencias profesionais e á homologación das Titualacións Académicas que correspondan.

.

O ámbito do Curso é nacional cunha carga lectiva total de 750 horas. A carga lectiva axústase ao que é establecido no Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral dos ensinos deportivos de réxime especial, e concretado no Real Decreto 234/2005, do 4 de marzo, polo que se establecen os títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Baloncesto. Desde a FEB, a Escola Nacional de Adestradores agrupou todas as áreas, definidas no currículo específico de baloncesto establecido no Real Decreto 234/2005, en catro grandes bloques: Formación do xogador, Adestramento en baloncesto, Táctica en baloncesto e Dirección de equipos de baloncesto; que cumpren con todos os contidos indicados na lexislación vixente.

.

O formato do curso é Semipresencial no que se desenvolve o currículo correspondente ao Nivel 3 en baloncesto, e estará conformado por un Bloque de Carácter Científico-Técnico-Xeral (común para todas as especialidades deportivas) e un Bloque Específico de Baloncesto, aos que hai que incluírlles o Período de Prácticas e o Proxecto Final.

.

O curso estará conformado por catro fases ou períodos que transcorren entre o 9 de abril de 2011 e o 31 de maio do 2012. Haberá unha fase a distancia, que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica, outra fase presencial, que se realiza na cidade de Zaragoza entre os días 16 e 31 de xullo de 2011, unha fase de proxecto final e outra fase de prácticas.

.

Todas as preinscricións deberán ter entrada na FEB a través das Federacións Autonómicas, como último día, o 4 de abril do 2011, utilizándose para o rexistro de datos o modelo que se achega coa convoatoria oficial do curso. O día 6 de abril a Escola Nacional de Adestradores notificará aslistaxes dos alumnos admitidos para este curso, mediante as Federacións Autonómicas, o correo electrónico e a páxina web da FEB.

NOVO CURSO ONLINE DE INICIACIÓN PARA ÁRBITROS E OFICIAIS PROMOVIDO POLO COMITÉ GALEGO

.

O Comité Galego de Árbitros pon en marcha neste mes de marzo un novo curso de iniciación online para colexiados e oficiais de mesa que se desenvolverá a través da rede, aproveitando as opcións que as novas tecnoloxías aportan a este tipo de procesos formativos.

.

A actividade en cuestión, segunda actividade online no que vai de tempada, estenderase entre os días 10 e 31 de marzo, e a inscrición no mesmo será completamente de balde, para aumentar así as posibilidades de participar dos interesados.

.

Aulas teóricas e prácticas.

.

Este Curso On Line está orientado tanto a colexiados como a oficiais de mesa, establecendo as horas lectivas precisas para cada un deles en 20 e 6 horas, respectivamente. Así mesmo, estipúlanse tres requisitos para a obtención final do título: a realización total destas horas, a validación das clases a través da rede e a materializacíon, como mínimo, de 30 partidos para superar a parte práctica do curso.

.

Todas estas cuestións, así como unha explicación máis polo miúdo do desenvolvemento do Curso (material teórico, probas de seguimento, horarios concretos) poden ser conusltadas no dossier explicativo do Curso ou pulsando aquí.

.

De igual xeito, a disposición de todos os interesados atópase o formulario de inscrición preciso para matricularse neste Curso, documento que é necesario enviar cuberto antes da data de inicio do mesmo (10 de marzo) ao seguinte enderezo electrónico tecnicoarbitros@fegaba.com.

CONGRESO DO COLEF GALICIA SOBRE A "RESPONSABILIDADE PROFESIONAL NO DEPORTE"

.

COLEF Galicia (Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física) presenta un congreso sobre a "Responsabilidade Profesional dos Docentes de Educación Física e dos Técnicos Deportivos" que organizará os vindeiros 25 e 26 de novembro do 2010, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

.

Trátase dun completo curso programado para trasladar aos asistentes unha ampla perspectiva nesta área específica da responsabilidade profesional. Baixo este obxectivo reuniranse en Pontevedra numerosos profesionais e colexiados de longa traxectoria e experiencia entre os que destacan, entre outros, o Presidente do COLEF Galicia, Vicente Gambau i Pinasa, ou a Xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz Chesa.

.

A tarde do luns 25 e a xornada do martes 25 de novembro repartiranse con charlas e algúns coloquios que se recollen no programa seguinte, e cuxa data límite de inscrición é este mércores 24 de novembro.

.

O COMITÉ GALEGO DE ÁRBITROS CONVOCA NOVOS CURSOS DE INICIACIÓN A TRAVÉS DA REDE

.

O Comité Galego de Árbitros pon en marcha neste mes de outubro unha nova iniciativa para axudar á formación de todos os interesados en facer os cursos de iniciación á arbitraxe ou de oficial de mesa que non poden acudir en persoa ás diferentes Delegacións da Federación Galega de Baloncesto nas que se levan a cabo as aulas.

.

Trátase da activación dos Cursos de Iniciación On Line, que serán completamente de balde e cunha duración de 20 horas para os colexiados e de 5 horas para os oficiais de mesa. Son aulas de forte apoio para acometer con garantías a iniciación nesta área do Baloncesto e cuxa inscrición ten como prazo límite o vindeiro día 18 de outubro.

.

Para aproveitalo é preciso que tódolos interesados, que teñen que contar cun ordenador con altofalantes e cunha conexión a Internet, envíen os seus datos ao e-mail arbitros@fegaba.com.

.

Programación e materias

.

O Comité Galego de Árbitros dá a coñecer a programación correspondente á primeira quenda destes cursos, a cal conta con catro xornadas en datas diferentes e que xirarán en torno ás seguintes materias:

.

21 de outubro do 2010 - FUNCIÓNS DOS OFICIAIS DE MESA

.

25 de outubro do 2010 - SITUACIÓNS DE MECÁNICA 1

.

26 de outubro do 2010 - SITUACIÓNS DE MECÁNICA 2

.

27 de outubro do 2010 - PSICOLOXÍA DA ARBITRAXE

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPOU NA I XORNADA SIAREIRA CELEBRADA NO HOTEL COIA (VIGO)

.

.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente na I Xornada Siareira celebrada o pasado sábado día 25 de setembro do 2010 no Hotel Coia e na que a primeira e principal conclusión foi que o programa Siareiros debe ter longa vida.

.

Entre as personalidades que participaron nos dous debates da Xornada Siareira, xuntando a un cento de participantes, estivo Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, quen estivo ben de acordo en que a idea do programa Siareiros que une ao deporte vigués, segue sendo unha idea diferenciadora e pioneira en todo o país e pensa tamén que é un acerto.

.

Non entanto, tamén se instou a todas as partes presentes na xornada a dar a máxima difusión posible ao carné para que o coñeza toda a cidade. Nos debates quedou claro ademais que o momento económico non permite aos clubs pensar en grandes metas, senón en subsistir a nivel deportivo, e que o público concibe actualmente o deporte como unha actividade no seu tempo de lecer polo que esixe espectáculo, o cal precisa de calidade.

.

Considerouse que hoxe a identificación do afeccionado cos clubs é unha pequena porcentaxe e que para obter mellores entradas é obrigado ofrecer unha gran calidade.

.

Nesta I Xornada Siareira acompañaron á presidenta do club, Francisca García, secretaria da entidade, e Concepción Martins, membro da xunta directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ademais de diferentes siareiros e siareiras do noso club.

.

A I Xornada Siareiros, dous debates sobre o deporte vigués e o programa Siareiros, pola que pasou o pasado sábado no Hotel Coia unha ducia de invitados e preto dun cento de asistentes, pechouse coa entrega de dous premios á fidelidade de dous Siareir@s e cos premios Siareir@s 2009/2010 polos méritos da tempada anterior.

A I XORNADA SIAREIRA E OS PREMIOS SIAREIROS 2009/2010 DA FUNDACIÓN VIDE O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 25

.

(Imaxe dos Premios Siareiros 08/09 da Fundación Vide na que o C.B. Seis do Nadal - Coia foi o Mellor Club Siareiro Base)

.

O próximo sábado 25 de setembro do 2010 celebrarase no Hotel Coia a "I Xornada Siareira", foro no que participarán presidentes/as dos clubs da cidade, deportistas, medios de comunicación, siareiros e siareiras.

.

O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vide, Xabier Alonso, considera que este é un primeiro paso a unha boa idea para intensificar as relacións dos clubs cos siareiros e para unir o tecido deportivo vigués, aínda máis, en tempos especialmente complicados. Ademais, será un acto social moi importante para reforzar a marca Siareiros na cidade.

.

No programa está previsto que haxa dous debates, un matinal (ás 12:00 horas) e outro polo serán (ás 16:00 horas) con temas de actualidade e participacións dos asistentes. Tres serán os temas a tratar nos debates: a relación entre siareiros e clubs, o deporte feminino e o discapacitado. O fundamental será o acercamento de todos os estamentos deportivos, e de forma fundamental dos siareiros e siareiras dos clubs..

.

Na clausura do "I Xornada Siareira" haberá un premio para o siareiro e a siareira máis fieis co deporte. Despois chegarán os premios Siareiros 2009/2010, da Fundación VIDE, que na súa segunda edición (a primeira tivo lugar no Verbum) premiarán de novo ao mellor club Siareiro Élite e ao mellor Siareiro Base da tempada, ao acompañante máis destacado do programa de Voluntariado e, como en 2009, haberá un cuarto premio, que será especial.

.

O custo da xornada para quen queira participar (inclúe comida de confraternidade no Hotel Coia) será de 10 euros por persoas e ademais da documentación do foro farase entrega dunha camiseta conmemorativa. A inscrición poderá facerse efectiva na Fundación VIDE ata o próximo xoves día 23 de setembro.

.

PROGRAMA

.

10:45 horas. Recepción no Hotel Coia.

.

11:00 horas. Presentación.

- Intervención de dous presidentes de clubs.

- Intervención da directora xerente de VIDE.

- Intervención do concelleiro de Deportes.

.

11:30 - 12:00 horas. Café.

.

12:00 - 13:15 horas. Primeiro debate.

.

Intervirán:

- Representantes d@s Siareir@s.

- Patrocinadores.

- Laura Magdalena, directora xerente de VIDE.

- Montse González, Faro de Vigo.

- José Luis Pérez Ouro, Federación Galega de Balonmán.

- Begoña Vázquez, Federación de Peñas do Real Club Celta.

.

Temario:

- @s Siareir@s e o calendario de competición.

- A relación das peñas cos distintos organismos.

- Como crear unha peña.

.

Moderador: Antonio Estévez (Cadena Cope).

.

13:15 - 14:00 horas. Rolda intervecións d@s Siareir@s.

.

14:20 horas. Comida no Hotel Coia.

.

16:00 - 17:15 horas. Segundo debate.

.

Intervirán:

- Xabier Alonso, concelleiro de Deportes.

- Presidentes dos clubs representativos.

- Xaime Escudeiro (Radio Galega).

- Serafín Domínguez, xerente de Indepo Construccións.

- Pilar Valero, xogadora internacional de baloncesto.

- Vicky Alonso, xogadora de baloncesto en cadeira de rodas.

.

Temario:

- O deporte feminino e a suá loita pola igualdade.

- Facilidades para compaxinar o deporte coa vida laboral.

- Integración das persoas con discapacidades co deporte.

- O risco de xuntar apostas e deporte.

.

Moderador: Mila Alonso, xornalista.

.

17:15 - 17:45 horas. Rolda intervecións d@s Siareir@s.

.

17:50 horas. Clausura.

- Intervención patrocinadores.

- Intervención representante d@s Siareir@s.

- Intervención da directora xerente de VIDE.

- Intervención do concelleiro de Deportes.

- Intervención do tenente de alcalde, Santi Domínguez.

- Homenaxe a un Siareiro e unha Siareira.

.

18:15 horas. Entrega dos premios Siareiros 2009/2010.

- Mellor club Siareiro Base.

- Mellor club Siareiro Élite.

- Mellor voluntario.

- Premio especial.

.

18:30 horas. Foto de familia.