Mostrando entradas con la etiqueta Competicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competicións. Mostrar todas las entradas

O ALEVÍN FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL SUBCAMPIÓN GALEGO DA LIGA FGB MINIBÁSQUET 2015/2016

(O Alevín Feminino "A" co trofeo de subcampión da Liga FGB)

..

ALEVÍN FEMININO "A"

TEMPADA 2015/2016

 

SUBCAMPIÓN GALEGO

..

O equipo Alevín Feminino A", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e David Rodríguez, proclamouse conxunto subcampión galego na Fase Final 2015/2016 da Liga FGB Minibásquet Feminina disputada os pasados días 4 e 5 de xuño do 2016 en A Estrada no Manuel Coto Ferreiro.

 

Os equipos que competiron polo título de campión galego en categoría minibásquet feminina foron, xunto ao Seis do Nadal Illas Cíes, o Giraldo CB Royal (Vilagarcía de Arousa), CB Arxil (Pontevedra), Marín Peixegalego, Star Center (Ferrol), Básquet Coruña, La Academia Celta (Vigo) e Bosco Rosa (Ourense).

 

Os partidos que disputou o Seis do Nadal Illas Cíes no seu camiño ata a final galega e os seus resultados foron:

 

Sábado 4 de xuño do 2016 - A Estrada

(Cuartos Final) Seis do Nadal Illas Cíes 71 - CB Arxil 45

 

Domingo 5 de xuño do 2016 - A Estrada

(Semifinal) Seis do Nadal Illas Cíes 48 - Básquet Coruña 12

(Final) La Academia Celta 65 - Seis do Nadal Illas Cíes 62

 

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Illas Cíes, proclamouse subcampión galego despois de disputar a final da Liga FGB Minibásquet 2015/2016 ante La Academia Celta e rematar cun resultado de 65-62 nun encontro no que destacou a igualdade entre ambos conxuntos.

.

(A capitana do equipo recollendo o trofeo de Subcampióas Galegas)

O CADETE FEMININO "A" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA VIGO DA PRESENTE TEMPADA

(O Cadete Feminino "A" co trofeo de campioas da Copa Primavera)

..

CADETE FEMININO "A"

TEMPADA 2015/2016

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O equipo Cadete Feminino A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Francisco Javier García, proclamouse novo campión da Copa Primavera da presente tempada, competición organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto.

 

Os equipos que disputaron a final de dita competición foron o CB Baiona Torvigo, primeiro clasificado do Grupo "A", e o Seis do Nadal - Coia, primeiro clasificado do Grupo "B".

 

A final disputouse a partido único o pasado domingo 29 de maio do 2016 ás 12:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona, encontro que rematou cun resultado final de 43-48 a favor do equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

O COMUNYGAL SEIS DO NADAL XA COÑECE OS SEUS RIVAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

(O equipo Infantil Feminino que participará no Campionato de España)

.

(Cartel do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino 2016)

.

O Infantil Feminino "A", Comunygal Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Feminina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino que se celebrará en Tui e Porriño do 12 ao 18 de xuño do 2016 e na que participarán 32 equipos de toda España.

.

O sorteo do calendario do Campionato de España de Clubs que se celebrou o pasado mércores día 1 de xuño encadrou ao equipo dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño no Grupo "E" xunto a Básket Almeda, terceiro dos clasificados de Cataluña; Megacalzado Ardoi, segundo dos clasificados de Navarra; e La Salle Tenerife, terceiro clasificado de Canarias.

.

O equipo infantil feminino do Seis do Nadal comezará a súa participación no Campionato de España o próximo domingo 12 de xuño ás 16:00 horas ante La Salle Tenerife en O Porriño. O segundo partido será o luns 13 de xuño ás 16:00 horas ante Megacalzado Ardoi en O Porriño, rematando a fase de grupos o martes 14 ás 13:30 horas ante Basket Almeda tamén en O Porriño.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será a cuarta vez que participe nun Campionato de España de Clubs en toda a súa historia. A primeira destas catro foi na temporada 2009/2010 no Campionato de España Infantil Masculino que se celebrou en Vegadeo, a segunda vez foi no Campionato de España Cadete Femenino en Zaragoza na tempada 2011/2012 e a terceira foi no Campionato de España tamén Infantil Masculino celebrado en Cambados na tempada 2013/2014.

.

(Calendario de xogo do Seis do Nadal no Campionato de España)

O ALEVÍN FEMININO "A" DO CLUB DISPUTARÁ A FASE FINAL DA LIGA FGB MINI FEMININA EN A ESTRADA

(O Alevín Feminino "A" do club da presente tempada 2015/2016

..

O equipo Alevín Feminino A", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez e David Rodríguez, disputará a Fase Final da Liga FGB Minibásquet Feminina os próximos días 4 e 5 de xuño do 2016 en A Estrada no pavillón Manuel Coto Ferreiro.

 

Os equipos que competirán polo título de campión galego en categoría minibásquet feminina serán, xunto ao Seis do Nadal Illas Cíes, o Giraldo CB Royal (Vilagarcía de Arousa), CB Arxil (Pontevedra), Marín Peixegalego, Star Center (Ferrol), Básquet Coruña, La Academia Celta (Vigo) e Bosco Salesianos Rosa (Ourense).

 

Os cuartos de final se disputarán o sábado 4 de xuño do 2016 seguindo os seguintes horarios:

 

Sábado 4 de xuño do 2016 - A Estrada

 

(15:30 h.) La Academia Celta - Marín Peixegalego (Pista 1)

(11:30 h.) Star Center 04 - Bosco Salesianos Rosa (Pista 1)

(11:30 h.) Seis do Nadal Illas Cíes - CB Arxil (Pista 3)

(13:30 h.) Giraldo CB Royal - Básquet Coruña (Pista 1)

 

O equipo do Seis do Nadal clasificouse para a Fase Final despois de rematar na primeira posición do Grupo Sur da Fase Regular da Liga FGB cun balance de oito vitorias e dúas derrotas nos dez partidos disputados.

 

(Cartel da Fase Final da Liga FGB Minibásque Feminina)

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL CAMPIÓN DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA 2015/2016

..

(O equipo Júnior Feminino co trofeo de campión da 2ª División)

..

JÚNIOR FEMININO 2ª DIVISIÓN

TEMPADA 2015/2016

 

CAMPIÓN 2ª DIVISIÓN

..

O conxunto Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión da Segunda División Júnior Feminina o pasado sábado 28 día de maio do 2016 na final da competición disputada en Santiago de Compostela.

 

O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o Ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División. A final disputouse ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o Star Center (Ferrol), e o equipo do Seis do Nadal - Coia levouse a vitoria cun marcador final de 40-59.

 

Desta forma, e tralo Ascenso a Primeira División conseguido fai dúas semanas, o Júnior Feminino do club remata da mellor maneira posible a presente tempada, proclamándose campión da Liga 2ª División da Federación Galega de Baloncesto.

.

.

(O Júnior Feminino coas rivais da final e cos seus familiares)

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPARÁ NO CIRCUITO SUB22 DE CATEGORÍA FEMININA

(Partido do Sénior Feminino Autonómico desta tempada)

..

Comeza esta fin de semana a Liga Sub22 de categoría feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto na que participará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

..

Neste tempada 2015/2016 o Circuito Sub22 Feminino contará con tres concentracións e con oito equipos participantes: Seis do Nadal - Coia, Pío XII Rosalía (Santiago Compostela), Porriño Baloncesto Base, Durán Maquinaria Ensino (Lugo), Codigalco Carmelitas (Ourense), R.C. Celta (Vigo), Arxil Mafari Café (Pontevedra) e La Cibertienda CLB (Vilagarcía de Arousa)

..

Os oito equipos anteriores darán vida a primeira das quendas de partidos repartidos en dúas sedes. O equipo do Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Carlos Rodríguez, xogará no pavillón de Navia (Vigo) o domingo 29 de maio do 2016 seguindo o seguinte horario:

..

Domingo 29 de maio do 2016 - Vigo (Pavillón Navia)

 

(10:30 h.) R.C. Celta - Seis do Nadal Coia (Semifinal 1)

(12:30 h.) Arxil Mafari Café - La Cibertienda CLB (Semifinal 2)

 

(16:30 h.) Perdedor Semifinal 1 - Perdedor Semifinal 2

(18:30 h.) Gañador Semifinal 1 - Gañador Semifinal 2

O SEIS DO NADAL - COIA ORGANIZOU A FASE FINAL A4 DA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA 2015/2016

..

 

(O Pío XII e o Comunygal Seis do Nadal, finalistas da Final A4)

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado sábado 21 de maio do 2016 no pavillón de Navia a Fase Final A4 Pizza Móvil Infantil Feminina da presente tempada 2015/2016.

..

Os catro equipos que participaron nesta Fase Final A4 de categoría infantil feminina foron o Comunygal Seis do Nadal (Vigo), Pío XII Rosalía Fedesa (Santiago), Bosco Salesianos (Ourense) e Peleteiro (Santiago); segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificado da Primeira División respectivamente.

 

A competición disputouse no polideportivo de Navia baixo o seguinte horario:

 

Fase Final A4 Infantil Feminina: sábado 21 de maio

 

(10:30 horas) Pío XII 47 - Bosco Salesianos 42

(12:30 horas) Comunygal Seis do Nadal 60 - Peleteiro 58

(18:30 horas) Pío XII 46 - Comunygal Seis do Nadal 37

.

Nesta fase estaban en xogo dúas prazas para o Campionato de España de clubs de categoría infantil feminina, prazas que obtiveron os vencedores das dúas semifinais disputadass pola mañá, o Pío XII Rosalía e o Comunygal Seis do Nadal.

 

Equipos participantes na Fase Final A4

.

.

(Os catro equipos que disputaron a Fase Final A4 Infantil Feminina)

 

Clausura e entrega de agasallos na Fase Final A4

.

.

.

(Entrega de trofeos e agasallos na clausura da Fase Final A4 en Navia)

.

Fotografías de Jorge González Marqués

O INFANTIL FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

..

(O Infantil Feminino "A" foi o segundo clasificado da Fase Final A4)

..

INFANTIL FEMININO 1ª DIVISIÓN

TEMPADA 2015/2016

 

2º CLASIFICADO FINAL A4

..

O Infantil Feminino de Primeira División, Comunygal Seis do Nadal, foi o segundo clasificado da Fase Final A4 Pizza Móvil da Primeira División Infantil Feminina e conseguía a clasificación para o Campionato de España de Clubs que terá lugar en O Porriño e Tui do 12 ao 18 de xuño do 2016.

 

O equipo adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño venceu na súa semifinal ao Peleteiro (Santiago de Compostela) cun 60-58 nun partido muy disputado que lle deu a a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino, xa que se clasificaban os dous primeiros desta fase.

 

Na outra semifinal o Pío XII Fedesa (Santiago de Compostela) superou ao Bosco Salesianos de Ourense cun marcador final que reflexaba un 47-42 e conseguía a segunda praza para o Campionato de España que estaba en xogo.

 

Pola tarde, ás 18:30 horas, celebrouse a final do torneo na que Pío XII Fedesa superou ao Comunygal Seis do Nadal (46-37), converténdose o combinado vigués no segundo clasificado da Fase Final A4 que se disputou no pavillón de Navia.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continúa facendo historia clasificando por primeira vez a un equipo de categoría infantil feminina para o Campionato de España de Clubs.

O SEIS DO NADAL - COIA ORGANIZA A FASE FINAL A4 DA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA 2015/2016

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o próximo sábado 21 de maio do 2016 no pavillón de Navia a Fase Final A4 Pizza Móvil Infantil Feminina da presente tempada 2015/2016.

..

Os catro equipos que participarán nesta Fase Final A4 de categoría infantil feminian son o Comunygal Seis do Nadal (Vigo), Pío XII Rosalía Fedesa (Santiago), Bosco Salesianos (Ourense) e Peleteiro (Santiago); segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificado da Primeira División respectivamente.

 

A competición disputarase no pavillón de Navia baixo o seguinte horario:

 

Fase Final A4 Infantil Feminina: sábado 21 de maio

 

(10:30 horas) Pío XII Rosalía - Bosco Salesianos (Semi 1)

(12:30 horas) Comunygal Seis do Nadal - Peleteiro (Semi 2)

(18:30 horas) Gañador Semi 1 - Gañador Semi 2

.

Nesta fase estarán en xogo dúas prazas para o Campionato de España de clubs de categoría infantil feminina, permitindo así que os dous equipos vencedorse das semifinais accedan a unha praza do nacional de clubs.

.

(O Comunygal Seis do Nadal disputará a Fase Final A4 en Navia)

O JÚNIOR FEMININO DO CLUB CONSEGUE O ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN A FALTA DUNHA XORNADA

..

(O Júnior Feminino do club tras conseguir o Ascenso a 1ª División)

..

JÚNIOR FEMININO 2ª DIVISIÓN

TEMPADA 2015/2016

 

ASCENSO A 1ª DIVISIÓN

..

O conxunto Júnior Feminino de Segunda División do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu o Ascenso a Primeira División a falta dunha xornada do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga 2ª División Júnior Feminina.

 

O equipo adestrado por Andrés Álvarez rematou na segunda posición do Grupo "C" Vigo-Ourense da Liga 2ª División Júnior Feminina cun balance de once vitorias e catro derrotas, posición que lle garantizaba unha praza na Fase de Ascenso a Primeira División.

 

No Grupo Sur da Fase de Ascenso compiten con Airexa Baiona (Nigrán), Arxil (Pontevedra) e Xuven (Cambados), e a falta dunha xornada o Seis do Nadal - Coia xa ten conseguido o ascenso á Primeira División para a próxima tempada.

.

(O equipo Júnior Feminino xunto ás familias que acompañan ao grupo)

O SÉNIOR MASCULINO DE 1ª DIVISIÓN CONSEGUE O ASCENSO A LIGA EBA NA FINAL A4 DE CULLEREDO

..

(O Sénior Masculino do club tras conseguir o Ascenso a Liga EBA)

..

SÉNIOR MASCULINO 1ª DIVISIÓN

TEMPADA 2015/2016

 

ASCENSO A LIGA EBA

..

O Sénior Masculino de Primeira División, Syngenta Seis do Nadal, conseguiu o Ascenso a Liga EBA tras lograr a vitoria o pasado sábado día 7 de maio do 2016 na Final A4 celebrada no pavillón O Burgo de Culleredo.

 

A competición comezou pola mañá coas dúas semifinais. Na primeira, o equipo anfitrión, o Culleredo, derrotou facilmente ao Baloncesto Cambre por 92-69. Despois chegou o turno dos dous equipos da zona sur. O Bosco Salesianos partía como favorito, pero o Syngenta Seis do Nadal fixo un gran partido levándose a vitoria por unha ampla diferenza (70-94).

 

O equipo do Seis do Nadal - Coia derrotou na final ao equipo anfitrión, o CB Culleredo, por 78-88. A igualdade foi unha das notas dominantes ao longo de todo o encontro. O parcial do cuarto período de 18-33 foi acompañado da mellor imaxe do equipo vigués, conscientes de que non se lles podía escapar o ascenso que estiveron acariciando durante todo o encontro.

 

Ao final alegría desbordante do equipo do CB Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Francisco Javier García, que conseguía volver a facer historia co segundo ascenso a Liga EBA nas últimas tres tempadas.

.

(Os xogadores do equipo xunto ás moitas persoas que lles animaron)

OS XOGADORES DO SÉNIOR MASCULINO DE 1ª DIVISIÓN VISITARON AOS NENOS/AS DAS LIGAS LINCO

..

(Os xogadores do equipo sénior cos benxamíns e alevíns das Ligas LINCO)

..

Os xogadores do Sénior Masculino de Primeira División do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron a tódolos participantes das Ligas Linco 2016 antes de disputar a Final 4 de Ascenso a Liga EBA en Culleredo.

.

O sábado día 7 de maio do 2016 no pavillón de O Burgo disputarase a Final 4 de Ascenso a Liga EBA na que se descubrirá ao novo equipo de Liga EBA para a tempada que ven. Os equipos que particparán xunto ao Syngenta Seis do Nadal son Baloncesto Cambre, Bosco Salesianos (Ourense) e CB Culleredo.

 

Os horarios de xogo que terá o noso conxunto son:

 

Semifinal 1 ás 10:30 horas

CB Cullerdo - Baloncesto Cambre

 

Semifinal 2 ás 12:30 horas

Bosco Salesianos - Syngenta Seis do Nadal

 

Final ás 18:30 horas

Gañador Semifinal 1 - Gañador Semifinal 2

 

Antes desta nova parada os xogadores do Syngenta Seis do Nadal estiveron no pavillón de Navia xunto aos nenos e nenas que xogan nas Ligas Linco 2016. Tódolos participantes nestas ligas escolares puideron coñecer aos xogadores do equipo sénior e darlles moito ánimo para a Final 4.

 

 

 

(Os xogadores sénior compartindo momentos cos nen@s das Ligas LINCO)

..

(Cartel da Fase Final a 4 que disputará o noso equipo en Culleredo)

O CADETE MASCULINO "A" E O INFANTIL MASCULINO "A" XOGARÁN AS FASES DE ASCENSO A 1ª DIVISIÓN

(O equipo Cadete Masculino "A" unha vez conseguida a clasificación)

..

Os equipos Cadete Masculino "A" e Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputarán, a partir desta fin de semana, as Fases de Ascenso á Liga Primeira División despois de ter conseguido a clasificación nas súas competicións zonais correspondentes.

.

O equipo Cadete Masculino "A", adestrado por Óscar Álvarez e Alicia Álvarez, disputará a Fase de Ascenso no Grupo Sur cos grupos de Xuven (Cambados), Maristas Aguas de Sousas (Ourense) e Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), despois de rematar na primeira posición no Grupo E Vigo.

 

O Infantil Masculino "A", Decomas Seis do Nadal, dirixido por Diego Montenegro e Pablo Alonso, participará na Fase de Ascenso Grupo Sur fronte a CB Allariz, Bon Pollo Estudiantes (Pontevedra) e Novobásket Amarillo (Vigo), tras finalizar no segundo posto do Grupo E Vigo.

 

(O Infantil Masculino "A" do club da presente tempada 2015/2016)

O JÚNIOR MASCULINO "A" E O JÚNIOR FEMININO XOGARÁN AS FASES DE ASCENSO ÁS LIGAS DE 1ª DIVISIÓN

(O equipo Júnior Masculino do club da presente tempada 2015/2016)

..

Os equipos Júnior Masculino "A" e Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputarán, a partir desta fin de semana, as Fases de Ascenso á Liga Primeira División despois de ter conseguido a clasificación nas súas competicións zonais correspondentes.

.

O equipo Júnior Masculino "A", adestrado por Albert Tomas, disputará a Fase de Ascenso no Grupo Sur xunto a Xuven (Cambados), Obradoiro Peleteiro (Santiago de Compostela) e Bosco Salesianos (Ourense), despois de rematar na primeira posición no Grupo E Vigo.

 

O Júnior Feminino, dirixido por Andrés Álvarez, xogará a Fase de Ascenso Grupo Sur fronte a Xuventude (Cambados), Arxil "B" (Pontevedra) e Airexa Baiona Venus (Nigrán), tras finalizar no segundo posto do Grupo C Vigo-Ourense.

 

(O conxunto Júnior Feminino do club da presente tempada 2015/2016)

OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO SEIS DO NADAL DISPUTARÁN ÁS LIGAS FGB DE MINIBÁSQUET 2015/2016

(O Alevín Feminino "A" do club da presente tempada 2015/2016)

..

Os equipos Alevíns "A", tanto feminino coma masculino, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia competirán a partir desta fin de semana na Liga FGB de Minibásquet da presente tempada 2015/2016. Un total de 36 combinados clasificados desde as competicións zonais, 18 masculinos e 18 femininos, loitarán por conquistar os títulos de campións autonómicos.

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrado por Jorge Martínez e David Rodríguez, competirá no Grupo Sur desta competición xunto a Compañía de María (Vigo), Carmelitas Vedruna (Ourense), CB Allariz Verde, La Academia Celta (Vigo) e Bosco Salesianos "Rosa" (Ourense).

.

(Xogadores e adestradoras do Alevín Masculino "A" da entidade)

 

O Alevín Masculino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Silvia Caíño e Aldara Martínez, participará no Grupo Sur da competición xunto a Maristas Aguas de Sousas (Ourense), PBB "A" (O Porriño), Blanco Amor EDO Practicas (Ourense), CB Tui e Bosco Salesianos "Azul" (Ourense).

 

Esta fin de semana os dous combinados do Seis do Nadal disputan a primeira xornada desta nova competición como locatarios. O Alevín Feminino "A" recibe ao Bosco Salesianos "Rosa" o sábado 12 de marzo ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal mentres que o Alevín Masculino "A" xogará ante Bosco Salesianos "Azul" ás 12:30 horas no Colexio Celso E. Ferreiro.