Mostrando entradas con la etiqueta Colexios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colexios. Mostrar todas las entradas

O C.BC. SEIS DO NADAL COIA VISITA AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria no Torneo 3x3 Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a primeira semana do mes de outubro a segunda edición do Torneo 3x3 Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron na segunda edición do Torneo 3x3 Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 5º de Educación Primaria participantes no Torneo 3x3)

.

En cada clase os propios alumnos e alumnas, coa axuda e apoio do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e se asignaron un nome. O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron: Patacas, Cebolas, Leitugas, Pou, Reforzo, España, Raios e Allos, sendo este último grupo o campión da xornada.

.

Os oito equipos que participaron na xornada de quinto de educación primaria foron Buldogs, Cobra, Mirla, Selección Española, Celta, Scarymovie, Galeones e Leóns, sendo o equipo de Scarymovie o equipo campión da xornada. En sexto de educación primaria participaron o Blandiblues, Raioslove, Tocacanastras, Demos, Startball, Cucaburras, Superdonut e Play-basket, vencendo o equipo Tocacanastras.

.

(Alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Máis de 100 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro participaron na segunda edición do Torneo 3x3 Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

 

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2013/2014 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.

O BALONCESTO ESCOLAR DO CURSO 2012/2013 BOTOU A ANDAR NO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(Comeza o baloncesto escolar no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia iniciou o pasado luns día 1 de outubro do 2012 o curso 2012/2013 nas Escolas Deportivas de Baloncesto. Un total de 11 escolas deportivas iniciarán esta semana os seus adestramentos de baloncesto das mans de técnicos e monitores da entidade de Coia.

.

Ás escolas de baloncesto dos centros educativos CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, CEIP Doutor Fléming e Colexio Don Bosco; e ás escolas deportivas municipais de Balaídos, Berbés e Navia; se lle sumará a escola deportiva do CEIP Sárdoma-Moledo, nova escola do club para o presente curso 2012/2013.

.

Con máis de 300 escolares inscritos nas Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia botou a andar o novo curso 2012/2013. Con oito meses aínda por diante, de outubro a maio, tódolos nenos/as inscritos adestrarán, progresarán e disfrutarán co deporte da canastra.

.

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Para iniciar este novo curso escolar os alumnos e alumnas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia recibiron a visita do Club Baloncesto Seis do Nadal. A través dun torneo interclases, membros da entidade achegaron o baloncesto e presentaron a escola deportiva do centro a tódolos alumnos e alumnas dos cursos: terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria.

.

(Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria na promoción da Escola)

.

Preto de 200 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro participaron nos torneos interclases de promoción organizados polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, iniciativa que achegou o baloncesto aos alumnos do centro vigués e deu a coñecer a escola deportiva do centro que se desenvolve os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

 

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia informa que en tódalas Escolas Deportivas de Baloncesto do presente curso escolar 2012/2013 existe unha inscrición permanente, polo que calquera neno e nena que o desexe aínda pode apuntarse.

.

Máis fotos da visita ao CEP Celso Emilio Ferreiro

.

 

 

 

 

 

O C.BC. SEIS DO NADAL COIA ACHEGA O BALONCESTO AO ALUMNADO DO CPI CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 6º de Educación Primaria no Torneo 3x3 Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante o pasado mes de novembro a primeira edición do Torneo 3x3 Interclases no CPI Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro educativo do barrio de Coia.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CPI Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron na primeira edición do Torneo 3x3 Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 5º de Educación Primaria participantes no Torneo 3x3)

.

En cada clase os propios alumnos e alumnas, coa axuda e apoio do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e se asignaron un nome. O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron: Outono, Yansan, Vigo, Raios, Aguijones e MVP, sendo este último o campión da xornada.

.

Os cinco equipos que participaron na xornada de quinto de educación primaria foron Nenos guapos, Dragóns vermellos, Os zombis, Relámpagos negros e Os emperadores, sendo o equipo de Os emperadores o equipo campión da xornada. En sexto de educación primaria participaron o Equipo A, Os aguias, Os anxos, Calipo Star, Celta Basket e Os baskets, vencendo o equipo Celta Basket.

.

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria do CPI Celso E. Ferreiro)

.

Preto de 100 nenos e nenas do CPI Celso Emilio Ferreiro participaron na primeira edición do Torneo 3x3 Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

.

Máis fotos do I Torneo 3x3 Interclases

.

.

.

.

A DIRECTORA DO CPI CELSO EMILIO FERREIRO FELICITA AS XOGADORAS DO ALEVÍN FEMININO "A" DO CLUB

(O Alevín Feminino "A", campión de Liga, xunto a Margarita Niño)

.

A Directora do CPI Celso Emilio Ferreiro, Margarita Niño, acompañou ao equipo Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, durante o partido de volta da final da Liga Zonal DVB Alevín Feminina 2010/2011, no que se proclamaron campioas de Vigo.

.

Margarita Niño compartiu o trofeo de campioas zonais con todas as xogadoras do equipo que o conseguiron despois de superar ao Maristas Celta nos dos partidos do cruce polo título. A Directora do CPI Celso Emilio Ferreiro resaltou o esforzo de todo o combinado e felicitiou as xogadoras e ao corpo técnico polo éxito alcanzado.

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, disputará a Liga FGB Alevín Feminina, competición de ámbito autonómico que se estrea na presente tempada 10/11 nas categorías alevíns feminina e masculina. Este novo reto no que participarán as nosas xogadoras foi admirado por Margarita Niño, quen desexou moita sorte ao equipo na súa nova andaina.

..

(Margarita Niño, Directora do Celso E., xunto a Aída Glez., alumna do centro)

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PROMOCIONA O BALONCESTO NO COLEXIO CELSO EMILIO FERREIRO

.

.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia achegou e promocionou a actividade de baloncesto entre os alumnos e alumnas do CPI Celso Emilio Ferreiro de Coia.

.

Os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria do CPI Celso Emilio Ferreiro, preto de 100 escolares en total, disfrutaron dunha sesión de baloncesto nas clases de Educación Física durante a terceira e cuarta semana do mes de outubro do 2010 dentro da primeira avaliación.

.

Os obxectivos destas sesións de baloncesto desenvoltas nas clases de Educación Física eran achegar e iniciar no deporte da canastra aos alumnos e alumnas de Educación Primaria así como promocionar a Escola Deportiva de Baloncesto do CPI Celso Emilio Ferreiro que se desenvolve os martes e mércores de 16:00 a 17:00 horas no pavillón do centro.

.

.

.

.

O CEIP SEIS DO NADAL APOIA UN ANO MÁIS AO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

O CEIP Seis do Nadal colaborará un ano máis co histórico Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2009/10 que está a comezar cedendo as súas instalacións para a práctica do baloncesto desde a entidade.

Corría o mes de setembro de 1982 cando, nun barrio de Coia en pleno crecemento e expansión, entraba en funcionamento un novo centro escolar, o Colexio Público Seis do Nadal, que deu novos bríos á actividade educativa, social e deportiva do seu entorno.

Tras organizar diversas actividades de promoción deportiva ao longo do primeiro ano de existencia do CP Seis do Nadal, no mes de abril de 1983 creouse unha sección deportiva dentro do ANPA Valentín Paz Andrade, onde tiñan cabida tódalas actividades deportivas organizadas por esta asociación: era o xerme inicial do noso club, os nosos orixes.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer o apoio que o CEIP Seis do Nadal tivo cara a nosa sección desde os inicios do que hoxe é o club, e tamén quere afianzar a relación recíproca co colexio e coa súa labor de formación integral dos cativos e cativas.

O CPI CELSO EMILIO FERREIRO RENOVA A SÚA COLABORACIÓN CO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

O CPI Celso Emilio Ferreiro continuará novamente co seu apoio e coa súa colaboración co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2009/2010.

 

Este Colexio Público Integrado de Coia cederá novamente as súas instalacións ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere mostrar o seu agradecemento a este centro e a súa Dirección que, co seu constante e continuo compromiso e fidelidade ao longo do tempo e tempada tras tempada, son culpables directos da sólida estrutura que o club está adquirindo e de tódolos seus logros e éxitos a nivel deportivo e social.