lunes, 26 de enero de 2015

PRESENTADAS AS NOVAS EDICIÓNS DAS LIGAS INTERNAS DE COLEXIOS, LIGAS LINCO, DO C.B. SEIS DO NADAL

(De esquerda a dereita: Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Julio Rodríguez, membro da Xunta Directivo do club; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; e Ramón Román, directivo do club vigués)

.

O xa pasado luns día 26 de xaneiro do 2015 tivo lugar na Concellería de Deportes do Concello de Vigo a presentación aos medios das dúas novas edicións das Ligas Internas de Colexios, Ligas Linco, que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2014/2015.

.

Coa presenza de Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, representado por Julio Rodríguez e Ramón Román, dous dos membros da Xunta Directiva do club; e Sergio González, Director Deportivo da entidade; presentou as novas edicións das Ligas Internas de Colexios que organiza ano tras ano.

 

A partir do venres día 30 de xaneiro do 2015 se xogarán preto de 250 partidos entre as dúas competicións escolares. A Liga Linco de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo terceiro aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas. A Liga Linco XL, na que participarán rapaces e rapazas infantís e cadetes de 13 a 16 anos, terá lugar cada dous venres nas pistas do pavillón de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.

 

Máis de 200 nenos e nenas participarán nas Ligas Linco 2015, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Labor; e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos e Navia.

.

As dúas novas Ligas Linco 2015 contarán co apoio de CLASS Escuela de Idiomas, así como coa colaboración de Larsa e Biscuits Galicia; e co apoio e co refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial das Ligas Linco - CLASS 2015 terá lugar o próximo venres día 30 de xaneiro do 2015 a partir das 16:15 horas nos Pavillón Municipal de Navia, nun acto que suporá o pistoletazo de saída das competicións interescolares organizadas polo Seis do Nadal.

 

O Concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández, reforzou o traballo realizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a prol do baloncesto de formación e destacou as dúas Ligas Linco como unha das actividades exemplares no ámbito do baloncesto escolar xa que aglutinan a un gran número de nenos e nenas practicando o deporte da canastra.