.
.
(Imaxes da xornada de presentación das Ligas LINCO CLASS 2015)
.
O pasado venres día 30 de xaneiro do 2015 tivo lugar no pavillón de Navia a presentación dos equipos e participantes das Ligas LINCO CLASS 2015 organizadas unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Máis de 200 nenos e nenas xunto aos preto de 20 monitores saltaron á pista coa nova camiseta que vestiran ao longo das competicións interesoclares desta tempada. Un total de 24 equipos formados por nenos e nenas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Labor, e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos e Navia; competirán a partir do próximo venres día 6 de febreiro nas novas Ligas LINCO CLASS.
.
Tamén estivo presente o grupo de árbitros destas dúas novas edicións, formado por 17 xogadores dos equipos federados da entidade viguesa das categorías cadete, júnior e sénior que aproveitarán as Ligas LINCO para formarse como árbitros de baloncesto.
(Antes do primeiro partido e de esquerda a dereita: David Lemos, Xefe de Estudos de CLASS; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; e Concepción Martins, Presidenta do club)
.
Para iniciar os primeiros dos partidos amigables deste curso estiveron presentes na xornada Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; David Lemos, Xefe de Estudos de CLASS Escolas de Idiomas; José Luis Pérez, en representación da Federación Galega de Baloncesto; Ánxeles Rivela, Directora do Colexio Seis do Nadal; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Julio Rodríguez, Antonio Iglesias e Ramón Román, tres directivos do club; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.
(Manel Fernández deu o salto inicial ao primeiro partido de categoría alevín)
(José Luis tirou o balón ao aire no primeiro partido benxamín)
A partir do próximo venres día 6 de febreiro dará comezo a competición oficial das Ligas Internas de Colexios. A primeira xornada da 13ª Liga LINCO 2015 terá lugar no pavillón de Navia desde as 16:15 ata as 18:00 horas, sendo a celebración dos primeiros partidos da 6ª Liga LINCO XL no polideportivo de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.