(Nerea Arambarri e Gaila Comesaña formarán parte da Selección Galega)
.
A Federación Galega de Baloncesto comunicou de xeito oficial esta pasada semana as listas defintivas de 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán, en categoría infantil e categoría minibásquet, a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións 2013.
.
O noso club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado nestes Campionatos de España de Seleccións 2013 por Nerea Arambarri e Gaila Comesaña, xogadoras do combinado Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez, que participarán coa Selección Galega Infantil Feminina.
.
Os compoñentes das Seleccións terán que viaxar a Andalucía para afrontar o seu destino deportivo no panorama nacional. Esta tempada repetirá como sede a localidade gaditana de San Fernando para a categoría minibásquet, e renovarán como anfitrioas para a categoría infantil as vilas de Puerto Real e Chiclana de la Frontera.
Coñecidas as sedes, os catro combinados galegos teñen agora por diante as súas últimas e decisivas xornadas de traballo, vitais para chegar ás citas andaluzas coas mellores sensacións, xornadas nas que participarán Nerea Arambarri e Gaila Comesaña como xogadoras da Selección Galega Infantil Feminina.

