martes, 16 de octubre de 2012

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR MASCULINA DA TEMPADA 2012/2013

.

Os dous combinados de categoría júnior masculina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa coñecen o calendario de xogo da Liga 2ª División Júnior Masculina 2012/2013 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos sete grupos desta Liga 2ª División Júnior Masculina que comezou a pasada fin de semana dos días 6 e 7 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

O conxunto Seis do Nadal "A", adestrado e dirixido por Albert Tomas e Carlos Guada; e o combinado Seis do Nadal "B", dirixido por Sergio Costela e Álvaro Alonso; están encadrados no Grupo E da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL "A"

SEIS DO NADAL "B"

AIREXA NIGRÁN

APÓSTOL

RÍAS BAIXAS

DEFENSORES DO MORRAZO

MARISTAS "B"

C.B. BAIONA - TORVIGO

SALESIANOS

COLEXIO MARIANO

LOS SAUCES SAN JOSÉ

PBB CANTEIRAS "B".

.

A terceira xornada do Grupo "E" da Liga 2ª División Júnior Masculina terá lugar a fin de semana do 20 e 21 de outubro. O Seis do Nadal "A" xogará como visitante ante Los Sauces San José, mentres que o Seis do Nadal "B" recibirá ao Defensores do Morrazo no Colexio Seis do Nadal en Coia. Pódese acceder ao calendario do Grupo E da Liga 2ª División Júnior Masculina pulsando na seguinte imaxe.

.