martes, 24 de julio de 2012

DÚAS XOGADORAS DO CLUB CONVOCADAS PARA A OPERACIÓN TALENTO U12 FEMININA DA FEB

(Nerea Arambarri e Berta Rodríguez convocadas coa U12 Feminina)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal estará presente novamente nas Seleccións de Formación da Federación Española de Baloncesto, auténticas protagonistas do verán a nivel nacional e internacional.

.

As xogadoras Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, ambas integrantes do equipo Alevín Feminino "A" do club na tempada 2011/12 e adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, foron seleccionadas polo Gabinete Técnico da Federación Española de Baloncesto para formar parte da Operación Talento FEB U12 Feminina.

.

A concentración da Operación Talento FEB U12 Feminina na que participarán as dúas xogadoras da nosa entidade terá lugar do día 3 ao día 6 de agosto do 2012 en Guadalajara.

 

Dita convocatoria reforza o bo traballo que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia realiza nos equipos da súa estrutura e desde tódalas Escolas Deportivas que dirixe, xa que Nerea Arambarri e Berta Rodríguez comezaron as súas andainas no deporte da canastra nas Escolas Deportivas impartidas pola nosa entidade.