O MUNDIAL DE BALONCESTO 2014 SE CELEBRARÁ EN ESPAÑA

España organizará e vivirá o Campionato do Mundo 2014 de seleccións absolutas, vinte e oito anos despois de que o celebrara a última vez, en 1986. Os ex-xogadores Arvydas Sabonis e Sasha Djordjevic, foron os encargados de abrir o sobre co resultado das votaciones que alzaron a España e desataron a alegría da expedición hispana en Ginebra.

A proposta española convenceu á maioría dos dezaoito membros da Federación Internacional de Baloncesto, con dereito a voto. Jose Luis Saez, Presidente da Federación Española de Baloncesto, e o representante chino, Yu Zaiqing, quedaron fora da votación ao non estar Italia representada no Comité Central.

Nunha igualada votación España impúsose a Italia en segunda ronda, despois de que na primeira ronda ningunha candidatura alcanzara os dez votos definitivos necesarios, polo que China, a candidatura menos votada, quedou eliminada e se procedeu a unha segunda votación na que España impoñíase a Italia.

O Campionato do Mundo FIBA do ano 2014 se disputará en España. Vinte e oito anos despois do Mundobasket 86, o noso país volverá a acoller o evento máis importante do mundo do baloncesto.