martes, 9 de diciembre de 2008

NOVA CONVOCATORIA DA SELECCIÓN ZONAL INFANTIL FEM

O próximo domingo 14 de decembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal Infantil Feminina nesta tempada 2008/09.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Sara Araújo (1996), Sara Diéguez (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996) e Andrea Muñoz (1996), xogadoras do Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a estas xogadoras e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir crecendo como xogadoras e deportistas, e o que é máis importante para acumular novas experiencias e coñecer novas amistades.