As Preseleccións Galegas Alevíns Masculina e Feminina participarán este domingo, día 12 de outubro, no IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar.
Estas Preseleccións Galegas concentraranse en Carballo o mesmo día en Carballo no Pavillón de Bergantiños.
Neste IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar os xogadores e xogadoras preseleccionados xogarán dous partidos amigables. Os horarios destes partidos serán:
11:00 h.: Preselección Galega Masculina - Básquet Coruña
11:00 h.: Preselección Galega Feminina - C.B. Culleredo
16:30 h.: Preselección Galega Masculina - Artai
16:30 h.: Preselección Galega Feminina - Costa de Morte
Para esta nova concentración e para participar no torneo foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed.
No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próxima domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.



