Quique
Celeiro continuará adestrando no Club Baloncesto Seis do Nadal
- Coia nesta próxima tempada 2008/09 desenvolvendo funcións de adestrador
axudante no Infantil Masculino "C". Quique Celeiro seguirá,
deste xeito, vinculado á nosa entidade na cal leva adestrando desde a tempada
1999/2000.
Quique Celeiro é un dos adestradores que máis tempo leva no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, exactamente desde a tempada 1999/2000 na cal comezou o seu camiño como adestrador de baloncesto. Todas estas tempadas como adestrador e as campañas que militou como xogador coa camiseta do Seis do Nadal, suman máis dunha década como integrante da entidade.
O Infantil Masculino "C", adestrado por Breixo Solla, contará pois cun novo adestrador que realizará funcións de axudante neste grupo composto por xogadores nacidos nos anos 1995 e 1996. Deste xeito, reforzarase o traballo neste grupo para conseguir o obxectivo de adaptar a tódolos xogadores á categoría infantil e de ofrecer aos xogadores uns aprendizaxes e contidos acordes a súa formación.
