viernes, 12 de septiembre de 2008

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA NO PROGRAMA DE ESCOLAS MUNICIPAIS

 

Co motivo do inicio do novo curso escolar 2008/09, comeza o Programa Municipal de Escolas Deportivas.

 

Novamente no Programa de Escolas Deportivas o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é a entidade deportiva encargada de impartir a actividade de baloncesto escolar (masculino e feminino) entre os cativos e cativas da cidade de Vigo.

 

Deste xeito, o Instituto Municipal de Deportes promove, potencia e recoñece a actividade desempeñada pola nosa Entidade Deportiva, recoñecida polo Concello co Indicativo de Calidade na promoción da nosa modalidade deportiva, o baloncesto.

 

Este ano os Colexio, ANPAS e AA.VV. que terán Escolas Deportivas coordinadas e organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia serán o CEIP Seis do Nadal, CPI Celso Emilio Ferreiro, Colexio Rodríguez Castelao, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Doutor Fléming, E.D.M. de Balaídos, E.D.M. de Berbés e o Colexio Amor de Dios que este ano se incorpora como un dos novos colexios que terá Escola Deportiva da nosa entidade.

 

Os obxectivos fundamentais cos que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia impartirá esta actividade de réxime escolar son:

 

- Fomentar a actividade deportiva entre os alumnos e alumnas que se axusten ás idades requeridas como complemento á súa actividade física.

 

- Educar nos valores de cooperación e solidariedade no desenvolvemento da práctica deportiva.

 

- Recoñecer as súas capacidades no desenvolvemento da actividade deportiva.

 

- Potenciar as súas capacidades físico-deportivas.

 

O novo curso das Escolas Deportivas comezará a partir do próximo 6 de outubro. Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia animamos a tódolos nenos e nenas a iniciarse na modalidade deportiva do baloncesto escolar e anotarse na Escola Deportiva correspondete.